Sonche ben fachendosos os carallos deles. A nova clase política galega ven das cidades, juapos, limpos e con estudos. Os fillos dos birretes racharon coas boinas, que aguantan os malos tempos amurallados en Ourense, á espera de que o xuiz se decida dunha vez por todas a inhabilitar ó probe Baltar por ter a lingua máis larga que o outro que ten tan curto.
– E ti estás seguro de que esto é o que se leva en Madrid, Alfonso?
– Que sí, Alberto, moita clase e moito estilo berlusconi. Vamos rachar
Eles sábenche de administracións e de cómo se tramita unha subvención, con notario e todo, aínda que chegado o caso ben che poden ser tan rurais como o que máis. Se os hai que nun par de tardes aprenden economía, eles nunha mañá entéranse de porqué as vacas teñen nomes de femia. Valen para todo.
– E non me di o cabrón do pailán aquel que as vacas sonche todas femias?
– Ostiás
E a cousa da construcción, o eterno modus vivendi galego, o dominan que tira para atrás. Que falta un millonciño de euros? Pois cousas dos funcionarios, que como total cobran igual, pois nin miran. Privatizalos servizos para melloralos rendimentos é o que lle falta a este país para progresar.– Que sí, Alfonso, que o rollo xuvenil está moi ben, pero non tires tanto, carallo
– Cala e sorrí, Alberto, que o voto urbán xe é noso.
Dentro da habitual e coñecida concordia ente forzas políticas que tanto gusta en Galiza, estamos a piques de ver entrar en San Caetano a unha morea de directores xerais, subdirectores, xefes de negociado, asesores e demáis esforzados traballadores de ben da nosa Administración. Cerca de 350 nada máis, que sosteñen algúns cálculos e que, a estas horas, non deixan de chamar ó probe Feijoó ó móbil día e noite, aproveitando que o ten aceso as vintecatro horas.
– Que sí, que sí, que agora chamo a Touriño pra pedirlle que non leve os post-it de cores, que polo menos deixe os morados para cousas importantes … os “apoiapés” son da Xunta sí, non de cada un, … bo, se pagouno non sei, preguntarei a Rueda, a ver qué pensa el … os cassetes dos coches oficiais, pois non sei … penso que o tío cabrón mandou tirar con todo o de Ana Kiro … o Quintana chamou para dicir que o das “Cantureiras do Berbés” quedábaseo el, o cabrón … sí, igual que a neveira … voulle meter o plan eólico ben metido como non a atope … e a Caride que leve dunha puta vez os de Chayanne … Torero-ponerelalmaenelruedo-noimportaloquesevenga-paquesepasquetequiero-comounbuen-toreeeero-mejuegolavidapor tíííí¡¡¡ … jo, jo, la tía golfa…
E como mostra deste bo facer, adícanse agarimosos saúdos os presidente entrante e saínte (un saca e o outro mete, non podía evitalo chiste, non esquezan que son de Vigo) con morriñentas lembranzas, como eses vellos que, á hora de pagala conta no restaurante, poden chegar ata as mans con tal de amosar cal dos dous é máis xeneroso.
Do informe feito polo comité de expertos, adicados a proposta de reforma da CRTVG, podemos concluir entre outras cousas , que a TVG é a peor televisión pública estatal, xa que é a que ten menos porcentaxe de recursos propios no seu presuposto. Debido a crise a Xunta estaba desesperada, e non vía o xeito de mellorar o rumbo da nosa amada Telegaita, co que dirixiuse os membros do Galpón de Breogán, procurando de nós un informe pra manter a viabilidade do enxebre-catódico ente, estas son as nosas conclusións:
-Xa que os reporteiros do Telexornal son os mesmos que os de “A revista”, os informativos, sucesos…e demáis, que fusionense nun programa continuo de 4 ou 5 horas ata a chegada de Piñeiro (Se non vos derades de conta, que son diferentes programas !), que fará o seu programa matinal dende a súa propia casa, que está decorada con moi bo gusto.
-As series de producción propia deben de prescindir de plató e decorados, en troques teríamos unha serie de exercicios de improvisación con presonaxes fixos, que realizaránse nos diferentes teatros dos institutos das vilas galegas; total non hai apenas rapaces sensibles: Morris no de anano cabrón, Ana Fernández de guapa e tonta, Miguel de Lira home bruto con bo corazón, Manquiña de vello cachondo e verde…O espectadores non notarán a diferenza.
-Os partidos de “Segunda” en xeral, xa non retransmisiranse visto o conflicto cos clubes polas falsas promesas e incumprimentos da nosa cadea, pra solucionalo se fará un “En xogo” con entrevistas os nosos maiores onde contarán como foron os encontros, e de paso lembren tempos pasados sobre a represión da nosa cultura e traidicións.
-O programa Criaturas debido os recortes de presuposto, non gravará en exteriores, terá que conformarse con facer toda a tempada, dentro do zoolóxico de Vigo (Agora non só terá humor tamén teremos…Terror !).
-A oferta cinéfila terá que deixar de emitir esas películas comerciais, das últimas décadas que tamén botan na Primeira ou Tele 5. A TVG ten que voltar o cine de autor en en concreto, a facer ciclos coma os de antes: Propomos o ciclo “Cantinflas” eo “Clint Eastwood”, que tanta gloria trouxeran no pasado.
-Luar o noso programa estrela, terá que prescindir de Gayoso, posto que el deberá ser o próximo director da TVG (É o que sabe !). Os Tonechos farán de presentadores, e así aproveitamos polo mesmo prezo o seu humor, e os artistas serán poucos, fixos, pero concentrando a esencia do programa: Xil Ríos actuará permanentemente con Luar na lubre o acompañamento, Bustamante será sempre o solista de Cómplices; eo membro masculino de Bonney M, bailará sempre nas actuacións de Mónica Naranjo.
-O Xabarín Club fai tempo que foi relegado das tardes a primeira hora da mañá, por telenovelas de dudoso gusto, seguindo así a evolución demográfica natural do noso país; pero coidamos que debemos usar a súa popularidade, para darlle a volta a situación, e debería substituir os debuxos animados, por ciclos eróticos o xeito da televisión local, para así sacar adiante o ansiado crecemento demográfico positivo galego.
O xefe dos populares galegos foi a Madrid, chamado por o seu único e verdadeiro líder: Mariano Rajoy. Subiu o pulpito reclamado pola súa voz clara e forte, e alí veu o puro que ardía e non se consumía, e amosoulle as 3 ideas polas que haberá que votar o PP, para salvar a Galicia/za do Bipartito, que deseguido mostrou a un auditorio composto de periodistas, empresarios e políticos.
A emoción enchía o bipartito, tras coñecer a nova.
Todos coñecíamos xa, que o diccionario da Real Academia Española da lingua, recollía na definición de “gallego” a acepción de “tonto”, para algúns estados de hispanoamérica. A polémica circulara pola rede, e incluso se fixeran eco tódolos sectores políticos, eo BNG a levara o debate do Congreso…Con nulos resultados polo momento.
Agora Gadis revive a polémica, cunha campaña publicitaria e reivindicativa, onde pide firmas para que ese dano sea reparado, pero ademáis reflexiona sobre o papel dos galegos da emigración. A nós fíxonos reflexionar:
Este é o anuncio pagado por Gadisa, cuxo dono é o Tojeiro rico (Que debe sentirse culpable nos últimostempos, de ser promotor de Reganosa). Trátase dun “spot” directo, práctico, familiar, orgulloso, nostálxico … Uns cartos ben aproveitados, con Bin Laden subliminal e todo. A máis reivindica o papel da emigración, que sempre foi a xente peor tratada do páis, pero en troques demostrou o seu amor o páis non deixando nunca de ser galegos, e traendo para aquí toda a súa vida cando puideron.
A volta a polémica lembrounos este anuncio, que circulaba pola televisión polas datas da anterior polémica. Este é dinámico, ambiguo, gris, artístico, acuático, máis caro ?..Home ten moito de galego ou de homenaxe a Iván Raña, pero pouco de facerte sentir potenza e polo menos orgulloso, non vemos de que ? (A non ser que emocióneste vendo “Braveheart”). Está feito con cartos de tódolos galegos, pero os políticos de aquí, (galegos dos que non emigran) está claro que non saben aproveitalos como aqueles emigrantes.
O vicio ea corrupción apoderáronse do goberno de Galicia en plena crise, é un segredo que escoitase a berros polas rúas galegas. Emilio Pérez Touriño non é outro, que o “mesías” desta orxía continua de queima de cartos, o puro estilo das grandes estrelas de rock: Coches caros, mesas de billar e outros caprichos no despacho, centos de becarias polas consellerías de dudoso “curriculum”…O tema dos “mojitos” non achégaselle nin de lonxe, porque todos sabemos que detrás de todo socialista, agochase ese catedrático morto de fame, que busca poder acadar os praceres, que só as clases altas de toda a vida mercemos, e podemos controlar sen levar a ruina a nosas vidas.
Un membro do Galpón de Breogán, através dunha das súas moitas admiradoras, atopou a proba definitiva, que amósanos o nível de corrupción do noso presidente. No documento que podedes ver de seguido, que pasou os máis duros filtros antimontaxe, aparece o Señor Touriño en compaña dun icono “progre” do mundo da cultura, (que todos sabemos que teñen dúas caras) coa compaña adicional dunhas señoritas de dudosa ocupación: Seguir lendo →
Botémoslle unha ollada a algúns dos símbolos máis sonados de Galicia, das últimas décadas:
Primeiro temos o logo do Partido Popular, partido que gobernou a Xunta ata o ano 2005, antes da chegada de Fraga en 1989 como Alianza Popular xunto con UCD, pero estos dous partidos darían orixe ó PP. Trátase dunha gaivota azul (os peperos máis ilustrados din que é un albatros) sobor dunhas letras que son as inciciais do partido.
Agora vexamos o primeiro logo da Televisión de Galicia, “TVG”…a telegaita ! Pois este é o símbolo orixinal, que coido lembrar que había un video promocional, cando era novo, que consistia nunha gaivota que ía polo mar e transformábase na “V” esa, que se superpon as iniciais da cadea: Televisión de Galicia. Coincidencias ?
Pero os populares non só levaron a súa obsesión por esa gaivota, albatros…Ou o que sexa, que non sabemos que quere representar, o catódico ente autonómico; tamén o símbolo da administración galega formaba esas uves pondo de calquera xeito, que lembran a a misteriosa ave que presidía os símbolos máis senlleiros , da nosa estreada autonomía.
A Xunta trocou máis o menos o producirse, a chegada do novo goberno, o símbolo institucional da súa administración:
A xustiza paroulle desta vez os pés a Sánchez Bugallo, pero… Modernas compostelanas e mafia do garrafón en xeral, non pensedes que isto rematou. Porque o gran irmán, pensa voltar a vixiar os vosos movementos !
O malo de todo isto, e que a TVG xa tiña previsto un novo programa de telerealidade, encargado os autores da “Casa de 1906“, onde Galicia enteira podería ver durante todo o día o que sucedía nas rúas de Santiago: Que fan Fernán Vello e Antón Reixa cando van os servicios do CEGAC ? Que piden pra cear hoxe en Toñi Vicente, Anxo e Emilio ? Quen ten esta noite o flequillo máis “cool” do Ruta 66 ?
Os pais poderían ver as esmorgas universitarias dos seus fillos, con quen anda ese parente teu funcionario…Todo un mundo de novas posibilidades pra achegar a nosa capital a todo o país, e un éxito de formato televisivo internacional exportable o carallo ! Quen quere dereitos humáns, podendo ter cartos e diversión a esgalla ?
O BNG a través do seu deputado Bieito Lobeira, ven de denunciar a existencia de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento “sospeitoso” a controlar e perseguir. A máis do símbolo “GZ”, que tamén leva a súa parentela ( segundo os beneméritos galegos ), as “peghatas” de asociacións culturais, ecoloxistas e políticas, coido que debemos ser bos cidadáns e axudar a atopar esos potenciais terroristas con novas ideas:
–Uns alcoholímetros capaces de distinguir entre os vapores etílicos, os provintes do licor café dos do resto de bebidas. Un indicativo claro de consumo de sustancias clandestinas sen rexistro, propias dos bagos e malfeitores.
–Que os radares saiban distinguir diferentes tipos de ritmos de música. Todo aquelo que non soe a rumba, flamenco, reggaeton ( tranquilos o pinchar aquí non sae reggaeton ! ), pop ou derivados sería sospeitoso ( atentos sobor de todo o punk e folk en cedés piratas ! ). Os radicais non son de colaborar coa tradicional industria cultural española. Seguir lendo →
Di o consellerísimo de Traballo, Richi Varela, que non pasa nada porque os mozos emigren desta Galicia, cada día máis linda e máis linda, cada día mellor e mellor. Total o 57% dos que marchan son tipos sen capacitación, nin elegancia, nin glamour, e aquí non os queremos para nada. Tal que así:
Funcionario: ¡Bua! O nivel experto en 205 segundos… Son o puto amo. Cidadán A: ¿Buscaminas? Eu na casa téñoo en 183… Funcionario:*en ton agre* ¿Pódese saber que se lle ofrece? Cidadán A: Pois quería anotarme no paro… Funcionario: Si, claro. E escarallarnos as estatísticas. Moita faciana, lle botan vostedes. Cidadán A: Home, se non é por gusto. Eu é que veño de rematar a FP de Acabados de Construción, pero non dou atopado choio. Funcionario: Non me estraña. Xa temos portus e romaneses de abondo como para levantar as pirámides de Exipto, e cobran a metade que calquera obreiro do país. Así que vaia estudar para aparellador e volva daquela. Cidadán A: Pero é que verá, o outro día tiven un erro de nada cun condón deses que regala a Vicepresidencia e agardo un fillo en seis meses. ¿Non me podería anotar para camareiro, ou dependente? Non é por vicio, é para darlle de comer á criatura. Funcionario: Mire, sudacas temos aínda máis que portus. Marche, por favor, aquí non hai nada para vostede. Pregunte en Canarias. Cidadán A: Pero… Funcionario: Nin pero nin pera. *saca un pao de debaixo do escritorio e comeza a darlle empurronciños con el ao Cidadán A* ¡Veña! ¡Lisca! ¡Fus! ¡Fus! ¡Fora de aquí!
Por outra banda, todos aqueles capaces de entender as matemáticas terán notado que das verbas de Richi I se deduce que o 43% dos que marchan si teñen capacitación, elegancia e glamour, mais iso non lles libra de emigrar. Ao señor conselleiro, non obstante, dalle igual. E razón non lle falta, ¿para que queremos aquí a estes sabichóns que fan que os demais nos sintamos máis parvos? Fóra con eles, tamén:
Funcionario: ¡Xa está! 182 segundos… Supera isto, paleto do carallo… Cidadán B: ¿Buscaminas? Eu en casa téñoo en 14 segundos. Funcionario: Veña xa, falabarato. Iso é imposible. Cidadán B: Non se entras a hackear o código. Hai un programiña en internet que… Funcionario:*en ton agre* ¿Que se lle ofrece? Cidadán B: Viña anotarme no paro. Funcionario: Outro máis. Se pensarán que non teño eu outra cousa que facer. Cidadán B: ¿E logo tena? Funcionario: Pois si. Aquí onde me ve, estou escribir a gran novela galega. Xa está medio rematada. Trata dun ourensán que domina o mundo nun futuro próximo, cando os presidentes se elixen por concurso-oposición… Cidadán B: Apaixoante… Funcionario: Pero non temos que falar de min, senón de vostede ¿Que sabe facer? Cidadán B: Son físico, coa dobre especialidade de nuclear e partículas. Tiña unha FPU, pero o decano cabreouse comigo porque un dia lle gañei ao tute cabrón e botoume fora. Ten moi mal perder ese home… Funcionario: ¡Físico! Pero home, ¿vostede pensa que isto é Silicon Valley? ¿Para que queremos nós un físico? Cidadán B: Pois non sei, eu cría que algunha empresa… Funcionario: Ui, si, temos un mogollón de reactores nucleares soterrados baixo os Ancares. O que pasa é que son proxectos do goberno e só poden ir enxeñeiros militares, non lle digo . Faga o favor de ir a a pedir choio a Alemaña e deixe de facerme perder o tempo. Os meus futuros lectores llo agradecerán. Cidadán B: Pero… Funcionario: Nin pero nin pera. *saca un pao de debaixo do escritorio e comeza a darlle empurronciños con el ao Cidadán B* ¡Veña! ¡Lisca! ¡Fus! ¡Fus! ¡Fora de aquí!