Arquivo da categoría: Independentismo

Empalar independentistas !

O Bencomún do GdeB

Ben, xa sabemos o que Fraga pensa que se debe facer cos nacionalistas. Pero que pensará facer entón cos independentistas, algunhas fontes falan de métodos máis duros e exemplares. Seguir lendo

Advertisements

Deixar un comentario

Arquivado en Costumismo, Fraga, Humor gráfico, Independentismo, Prensa rosa

A asemblea de “Quin”

O Conselleiro do GdeB

 

Anxo Quintana é xa o candidato do Bloque a presidir a Xunta de Galicia. 1.314 delegados, máis do 95 por cento, apoiárono fronte a un moi reducido número de votos en contra (38), proba do boicot dos sectores críticos a esta asemblea extraordinaria. Felicitemos entón o enfermeiro máis famoso de Allariz, por conseguir un apoio digno dos grandes líderes galegos e internacionais:

Quintana, Lukashenko, Baltar e Rajoy.

No seu discurso de proclamación, Quintana ofreceu “parabéns por celebrar unha asemblea á galega, con sentidiño e con compromiso co país”. A que se referirá con “á galega”, e que pasa as anteriores eran sen sentidiño, ou e que refirese a que alguén non tiña sentidiño ?…

Un Sr. de Valladoliz, Fraga , Cuiña 1989: “Tan galego coma ti”; e un degustador de vieras.

O voceiro nacional do Bloque insistiu en que a maioría dos cidadáns do país séntense galeguistas. Por iso aposta por levar o BNG a un espazo próximo a esa “maioría social”. O caso é que non todos parecen estar dacordo, e pensan que o bloque “perdeu o norte”, segundo esta este sector do bloque que mestura bandeira soviética e nacionalista:

Deixar un comentario

Arquivado en Autogoberno, BNG, Humor, Independentismo, Política, Quintana

O GALETREN

O Bencomún do GdeB

O BNG aposta por crear unha compañía ferroviaria galega, o proxecto pretende ser un “antídoto ao desmantelamento ferroviario que vive o país”. A nacionalista Paz Abraira, que prefire os trens as caravanas de autobuses, invita ao PPdeG (Cantas ofertas van dun lado o outro nestes tempos) a “unirse a esta proposta que posibilitará a acreación dun entramado ferroviario acorde coas necesidades de comunicación terrestre que ten Galiza”. Estatuto novo non teremos, pero tren propio si, como mola !

O Galpón de Breogán atraverso do seu axente dobre en Galicia Central (Nova asociación unitaria de defensa nacional central), adiantándose a nova, ten xa o primeiro documento gráfico da presentación da nova locomotora, tecnoloxía franco-celta como non: Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, BNG, Competencias, Humor gráfico, Independentismo

ESPAÑA REMATOU CO GALPÓN DE BREOGÁN

Comité de saúde pública do GdeB

 

Queridos seguidores e amigos, na pasada Eurocopa de Austria-Suiza o Galpón de Breogán pasou o intre máis crítico da súa historia: O día 29 de Xuño de 2008, só tivemos 11 entradas ! Ante esta clara mostra de derrota das nosas ideas nihilistas, separatistas e algo subnormais que tratamos difundir dende aquí (como recolle esta célebre enquisa sobor do GdeB).

Só nos queda retirarnos a tempo. Non sin antes ameazando os inquilinos da Rúa do Hórreo coa nosa volta despois do verán, tendo as eleccións autonómicas máis preto, e deixándovos cunha mensaxe de esperanza nestos tempos de cris… Dun verdadeiro artista e humorista falando de política, (nunca está de máis voltar a escoitar os que saben) non coma os que pasaron por aquí:

2 Comentarios

Arquivado en "Fúrbol", Autogoberno, Bipartito, Blogs, Embigo, Humor, Independentismo, Parlamento, Política

PORQUE ROMPE ESPAÑA ? (O outro España-Rusia)

Comité de saúde pública do GdeB

 

Segundo unha recente enquisa do CIS, unha terceira parte da poboación de territorios estatais con dúas linguas oficiais descríbese como nacionalista e son practicamente os mesmos que consideran España un estado que os que pensan que é unha nación. Entón o 1/3 que nos falta, supoñemos que serán emigrantes e xente desa que di: “eu son cidadán do mundo”, ai ! Canto dano fixo Manu Chao. Co que está moi claro que “España se rompe”, pero porque nesos territorios a xente non ve a Xxpaña como a súa patria ou nación, escoiten isto e reflexionen:

Este é o himno de Rusia como podedes apreciar (nestes últimos tempos estamos moi musicais), unha creación superior do ser humán, que elegancia, que ritmo, ledicia e sentimento van da man, cunha melodía que fai patinaxe artística polos tonos; non fai falla que vos lembre Eurovisión, e que canción se asemellaba máis o himno español se o “Chiki,chiki” ou a dos rusos. Agora vexamos unha retrospectiva de bandeiras e himnos de España:

Por eso Rusia é a nación máis grande do Mundo ! Os estados todos teñen polo xeral unha bandeira, un himno e un lema, pois o himno de Rusia dalle gañas a un de ser ruso ! Pero o de España…tanto o de “Del Riego” como a “Marcha real” son uns himnos de 3ª ou 4ª. O republicano é unha marcha militar de república bananeira, que inda porriba parece que vai entrar Joselito a cantar, así lle foi; eo que temos arestora é unha melodía rococó decadente que debía de entreter os xogos do palacio de Aranxuez, en plenos tempos de Carlos IV fillo tonto de Carlos III que non vou decir a quen asemella. Ámbalas son melodías ledas sen sentimento é doadas, por iso teñen tanto éxito en ámbitos etílicos, pero non chegan o corazón e espírito dos cidadáns, infundindo o amor e respeto necesario, e claro pasa o que pasa. Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en "Fúrbol", Autogoberno, Costumismo, Día da patria, Gafapastismo, Humor, Independentismo, Música, Misticismo

Un xesto por Xxxpaña

Por Frouxeira

12 de Outubro. Día feirado, comezo de ponte, Festa do Pilar, Festa da Hispanidade. Para algúns, festa nacional, para outros, festa, esmorga, chea. Así resolvemos neste país as festas. Que sería do día de patrón sen o seu churrasco, o seu bon pulpo, unha botella tras doutra e os efectos colaterais consecuentes!

Difícil situación para a rede social do Partido Popular. Tiñan un encargo que cumprir, por mandato imperativo do seu líder, e moitos deles o que querían era estar de chea, quer pola noite, quer polo día. Tocoulles logo aplicar unha solución de compromiso. Facer un xesto por Xxxpaña, si, pero sempre sen esquecer un xesto por si mesmos. Así que, en todo caso, saíron de festa, votantes, simpatizantes, militantes, todos, os máis novos de chea, os paisanos de papallocada, e nalgún punto da súa celebración, normalemente cara o remate, todos tiveron que facer ese xesto íntimo, telúrico, entregado por Xxxpaña.

Situación prototípica (versión nocturna, versión compostelana): simpatizante vai a macrobotellón a noite do 11 de outubro, empréase, desbarra, divírtese, fai rede social, e nalgún intre da noite sen fin recúa para a casa. Durme o que pode. Esperta. A unidade do seu corpo e mente revélanlle que é o que ten que facer nada máis estrear ese 12 de outubro, a festa nacional. Vai ao retrete. Sinte escorregar cara a terra patria a herdanza da súa noite. Pensa, “Por Xxxpaña!!!”. Enféitase como pode e acode rápido á súa cita. Praza do Obradoiro, mediodía. Sinte con tanta intensidade a o seu amor patrio como a resaca no seu estómago enlamado. Fica nunha esquina e observa ao lonxe a guerra de bandeiras.

Ben si, un xesto por Xxxpaña, claro, e aínda teño logo que ir á aldea á comida de patrón, uf, o estómago, uf, Xxxpaña, si, ben, total, non hai moita xente, xa hai dabondo para darlles unha malleira a eses terroristas independentistas, en fin, eu xa cumprín, xa viñen ate eiquí, case que marcho durmir un cacho máis, Xxxpaña, Xxxpaña, ra, ra, ra…

Deixar un comentario

Arquivado en Conde Roa, Costumismo, Independentismo, Política, PP, Rajoy

O ciclismo galego, vítima do terrorismo españolista

Por Frouxeira

O percorrido da Vuelta Ciclista a España por terras galegas debía servir para fortalecer a amizade galaico-hispana, mais nestes primeiros días as accións terroristas dunha perigosa organización da extrema dereita española están malogrando a fraternidade na carreira. A violencia españolista elixiu a tirada con saída en Allariz e chegada a Santiago de Compostela para facer acto de presenza, enlamando un día no que se conmemoraba a traxectoria política do actual Vicenpresidente da Xunta, o líder nacionalista Anxo Quintana, anterior alcalde de Allariz.

O atentado consistiu nunha caída provocada a dous quilómetros de meta, nas mesmas rúas compostelás, xusto diante dun dos bastións da Vicepresidencia: o Fogar de Maiores da Porta do Camiño. A agresión buscaba lesionar a algún dos ciclistas galegos en competición, sendo Óscar Pereiro (gañador do Tour de Francia 2006) e Carlos Castaño (un dos líderes do equipo Karpin Galiza) os dous corredores máis afectados.

Os coñecidos lazos entre Pereiro e o independentismo galego, nada disimulados nestes primeiros días de carreira (onde se alternan na estrada as pintadas de “Ánimo Pereiro” e “Independencia”), pudieron ser a causa de que se lle sinalara como obxectivo principal. Por sorte, o atentado só lle provocou fortes contusións na cadeira, sendo Carlos Castaño o peor parado da caída, cunha subluxación no ombreiro dereito.

Fontes policiais fixeron públicas as súas sospeitas de que a Vuelta Ciclista está sendo víctima das accións dunha rede de axentes infiltrados, tanto na organización como entre os corredores. Só así se pode explicar a realización dun atentado tan ben preparado, sen que se poida identificar con claridade aos seus responsabeis.

Segundo o voceiro do corpo policial, a caída estivo provocada por unha acción triple. Primeiro, por alguén que manipulou o percorrido levándoo ate a perigosa Costa das Rodas. Logo, por un segundo axente que eliminou as medidas de seguridade necesarias para garantir o xiro do pelotón en perfectas condicións. Por último, recoñeceu a posibilidade de que algún dos corredores implicados na caída actuase como detonante lanzándose el mesmo contra algún dos obxectivos.

Segundo algunha das testemuñas, este topo infiltrado podería ser Koldo Fernández, ciclista do Euskaltel-Euskadi e posíbel axente dobre a ambos bandos do conflito basco, aínda que falta por demostrar a súa pertenza a banda armada. Non faltan voces dentro do pelotón que defendan a súa inocencia, como a do seu compañeiro de equipo Alan Pérez, quen argumenta que se tratou dun simple enganche entre corredores.

A sospeitosa caída e posterior retirada ao día seguinte do líder do Euskaltel, Haimar Zubeldia, complica as investigacións. Chegado este punto, hai quen suxire a posibilidade de que estes sucesos poidan ser o preludio dunha inminente conflagración multilateral entre os distintos pobos do estado español.

3 Comentarios

Arquivado en Independentismo, Terrorismo