Arquivo da categoría: Lingua

A política linguística dos Feijoó

O “bon vivant” do GdeB

Semella que o culebrón do tema da lingua, iniciado polo executivo de Feijóo xa vai tocando o seu ceo, e xa ten cabreado ata a xente da Unión Europea, que non so se adica a controlar o leite que producimos, se non que tamén ten unha Axencia de protección de linguas minoritarias.

Inda que  é curioso que o galego sexa unha lingua minoirtaria, sendo falada por máis de 3 millóns de persoas, e en troques o letón por exemplo non o sexa, con menos de 2 millóns de falantes.

Pero unha vez máis o Galpón de Breogán ten que sair en defensa do noso Presidente, porque esta política liguística e estos plans pra reformar a educación non os fixo a traición, enganándonos a todos como pensan esos nacionalistos e sociolistos  mal pensados, nin é cousa do Conselleiro de Educación, nin de Don Alberto. Existes forzas superiores e deberes ineludibeis, que lle obrigan a obrar de tal xeito.

Por que so fai falla votar unha ollada a este video electoral, onde xa se apuntaba claramente cal ía ser a política a seguir, e quen é o referente ideolóxico deste novo rumbo da política educativa, que coido que exprésase claramente de como se fan as cousas como “Dios manda” :

Aquí podemos chegar a unha serie de conclusións:

-Que nótase porque se lle chama “Feijóo” e non “Núñez”.

-Que Alberto Núñez Feijóo empezou no colexio os dez anos, a mesma idade que o votaron de casa, pero eso foi o mellor que lle pasou nunca ! E inda así chegou a Presidente da Xunta !

-O Partido Popular non quere que nunca máis se separen as nais dos fillos, con que xa non fai falla mandar os fillos a León a estudiar, agora faremos que as escolas e institutos de Galicia volten a ser como os de León de fai 40 anos, con nenos e nenas separados, clases en castelán e de relixión.

-Que se casou con Galicia…Pero antes de casar, que vida levou, que era eso que tiña no “trastero”, que non saía nin pra comer?

En fin, como trocou Ourense, de ser a “Atenas de Galicia” e a terra dos poetas. Semella que o CEFOU está a crear unha caste de superburócratas, programados para deter e logo desfacer o longo camiño da indentidade propia negada. Pero inda non está todo perdido, inda quedan famosos Ourensáns co tradicional amor a patria, Baltar…Baltarín…Non !:

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, CEFOU, Feijóo, Lingua, Ourense, Política, PP, Uncategorized

o bilingüismo harmónico

Qué tempos, qué lembranzas aquelas na aldea, correndo tras un cadelo pra arrincarlle os pelexos, tirarlle pedras, roubar peras. Os galegos somos así, como din os do Gadis, de aldea, vamos. E os dos Peares como Feijóo saben ben o que hai nas aldeas: moito montuno que non sabe nin ler nin escribir, que tes que escapar a Santiago para mollalo churriño. Bo, ou pra facerte do Opus e pagar a unha Viri que che faga as beiras.

A asistenta que facía a cama, o carniceiro que bebía como un peixe a amosaba os calendarios de peto coas mulleres sen roupa (aí coñeceu por primeira vez a Jesús Vázquez, que poñía cara de noxo), ninguén impoñía o galego e facían todos por falar ben cando se dirixían ó novo Feijóo estudante. Qué tempos!

Nada que ver co de agora, que cando menos o esperas salta un bloqueiro a falar como aquel carniceiro e, por riba, ten o morro de pór mala cara se lle falas como Deus manda. Cando andes co ferro a planchar os calzóns fala o que queiras, pero cando veñas á habitación a traermos, fala ben, joder. Eso é bilingüismo harmónico. Cada un no seu sitio, sen imporse uns ós outros, sabendo cada un onde ter que estar.

E agora que xa temos a proba do nove, aínda hai a quen lle parece mal. Pois a idea é cojonuda e xa está. ¿A quén lle pode parecer mal que se pregunte ós pais, que son os donos dos cativiños? Eles saberán mellor que naide o que lles convén. Ou bollycao ou mazá, ou peixe ou ou macarróns, ou moto ou Ford Fiesta. De toda a vida son os pais quenes deciden. De feito a idea é tan cojonuda que xa a Farjas está a pensar en facer unha cousa parecida para acabar coas listas de espera dos doentes de cancro:

1.- ¿Qué tratamento prefire para sanar o cancro?

Quimioterapia

Rezar á Virxe

Un pouco das dúas

Lévenme fóra de Galicia, por Deus

2.- A súa medicación preferiría que fose:

De efecto inmediato pero mortal

Que so lle salve as partes que trouxo sans

Que decida a Virxe

Que non me faga sufrir moito

3.- Preferiría vostede un médico

Dos de toda a vida, que leve bata

Que beba so a partires das once da mañán

Que sexa simpático

Que teña o título

4.- ¿Está dacordo con que lle fagamos acupuntura?

Non

So se non me doe moito

(Será considerada quimioterapia aquel tratamento que teña un custe axeitado ó burato que deixaron os cocainómanos do bipartito. Os efectos da oración á Virxe so serán atribuibles ó Sergas – Servicio Galego de Saúde – no caso de curación total. Os títulos académicos esixibles ó persoal sanitario serán os mesmos que ós asesores dos conselleiros)

4 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Humor, Lingua, Orgullo gay, PP

Os nosos conselleiros: Jesús Vázquez

O Lord protector do GdeB


O novo flamante Conselleiro de educación, a estrela catódico mediática e icono do mundo “gay”, o ferrolán Jesús Vázquez…

Aquí o vemos nunha actitude moi política, xa apuntaba maneiras, coma o “ex-premier “checo na casa de Berlusconi.



Ben vou por o HTML pra seguir a escribir que me poño nervioso, pois Vázquez  novo coselleiro de educación que traenos o estilo e “glamour”  que non tiña o Bipartito…

Ah, que non é ese Vázquez ? Entón quen car…

A que este !…Home, non é o outro, pero a garabata ten o seu punto, ten algo que me lembra a Alberto de Mónaco… Entón este señor, que polo cargo terá que ser un eminente catedrático, dunha carreira humanística ou científica; a que non ?…Pois será un coñecido escritor, ou artista; a tampouco ? Seguir lendo

6 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Feijóo, Lingua, Orgullo gay, Política, PP, Uncategorized

NACIONALISMO E BEBIDAS ESPIRITOSAS

O Negro do GdeB

 

O pasado mes, coñecimos as contas do famoso viaxe da Consellería de cultura a Cuba, para fomentar a cultura galega. Aquí en chuza (xa que ultimamente non falan do Galpón o Galpón falará deles !) fanse eco da nova publicada no xornal “La Voz de Galicia”, e comentan:

Iso son ganas de enlear… ¿non é acaso práctica habitual facer agasallos neste tipo de eventos? é do mais normal e apropiado senón queremos ficar como uns cutres…”, e tamén:

Será que á Voz de Galicia parécelle pouco galego convidar a Mojitos aos asistentes aos actos celebrados pola consellaría en Cuba? De todos os xeitos penso que o Mojito foi criado por un galego”

Coido que nestos dous comentarios, se resume a filosofía que de contado imos a tratar: Estando dacordo de que o tema da merenda con mojitos para 100 persoas, saiu coma a mil euros, esta moi claro que a intención “de la Voz” non era, seguir a  coñecida estratexia de acoso e derribo “neocon” de toda a vida, de facer un xuicio moral de cada acto do bipartito, pois claro que non, con ese prezo ! Hai algo máis… Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Emigración, Lingua, Misticismo, Parlamento, Quintana

ESPIDO POLA LINGUA

Rexencia e familia

 

A coñecida artista do mundo musical Alaska, espiuse para denunciar a barbarie que significa a festa dos touros. Pouco despois toda a prensa de Madrid, abriu portadas coa suposta gran fazaña do toureiro Jose Tomás, coincidencia ? Pero ese é outro tema…

Despois un dos nosos políticos máis toureiros e fotoxénicos, a fume de carozo decidiu espirse en defensa da nosa lingua, sumándose así o espíruto que percorre a tódolos galegos dende o domingo 18 de Maio: Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Costumismo, Humor, Lingua, Música, Misticismo, Moda, PSOE, Touriño

GALICIA 2025

A excelentísima rexencia

 

Día das letras galegas do 2025, o Presidente da Xunta, Francisco Cacharro “junior” de UPD repíte mandato. Desta vez non grazas o pacto co PP de Feijóo coma na anterior lexislatura, desta vez grazas o pacto co partido Centrista de Baltar “junior”e os seus poucos pero determinantes deputados, que dende este ano pasaría ser o Vicepresidente de Caciquismo e xuventude, porque el sempre defendeu que “el caciquismo es bueno”. Porase así en prática de novo o caciquismo do século XIX, que é o que os diferencia dos do bipartito que facían o do século XXI segundo o seu ilustre pai.

O homenaxeado este ano das letras galegas é Camilo José Cela, xa que dende se aprobara por UPD e PP o bilingüismo armónico, un ano adícase a autores galegos en castelán e outro a autores en lingua galega, a xente empezouno a ver ben xa que autores bos só en galego estaban a esgotarse, no 2024 se homexeou a Antón Losada !

O acto no obelisco de La Coruña asistirón: A súa viuva Marina Castaño, o Vicepresidente, o Papa Francisco Vázquez (creador dunha nova relixión que fusiona socialismo e xudeocristanismo, especie de aglicanismo español maioritario en Galicia e Andalucía) , eo Conselleiro de Cultura, que é o membro masculino de “Boney M” (Que baile se botou o día do seu nomeamento, os seus 80 anos ! Un dos mellores momentos da historia do autogoberno), que sí… que sempre viviu en Galicia dende o 2005.

O galego é unha lingua xa só falada polos habitantes-funcionarios de Santiago, xente de Ponferrada (por levar a contra a León) é recunchos afastados rurais onde só quedan xubililados de sobrenatural lonxevidade, pero prácticamente desapareceu das vilas e cidades por descontado.

Todo escomenzara dende que os pais tiveron que escoller entre galego e castelán, aló polo 2013 primeiro goberno de Feijóo. Como os pais dos rapaces ricos escollían castelán, xa que é o que se fala na casa e no clube hípico; e dado que os rapaces pobres a larga tiñan que marchar da aldea de gardas civiles, policías ou traballar para os ricos, os pais foron escollendo pouco a pouco a educación exclusiva en castelán para os seus fillos, para que fixeran mellor as oposicións ou para que se pudideran colocar dos negocios dos casteláns falantes, aquí no noso país. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Fraga, Humor, Lingua, Política, Surreal

DÍA DAS LETRAS “GALLEGAS”

por Moi Xordo

 

No día das letras galegas, certamente a nova más lida e vista do día sería a lista de Don Luis Aragonés no Marca, eu penso pola contra que esta da Nosa terra é mellor , sobor de que a industria do porno medra en Galicia, digo eu en que idioma será este “follar de Breogán” da praza do Obradoiro ?. Pero…ahí está o noso disléxico e “progre” Presidente para innovar e darlle a volta o panorama informativo, poseído polo espíritu de Hugo Boss coma cando fora o do himno en flamenco. Por certo este home será o encargado do himno, no próximo día da patria:

A súa innovativa levoulle a levar o Día das letras galegas a Bos Aires, aquí contano dun xeito como lle gustaría a Touri, con aplausos de Díaz Pardo e Alonso Montero incluídos. O que non contan é que os socialistas arxentinos, fideis o seu estilo discreto, promocionaron o acto cun cartaz do estilo deste: Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Lingua, Touriño, Voto emigrante

OS PASTORES DE La CORUÑA

A Rexencia.

O Banco Pastor, ese banco que nas súas sucursais o entrar, recíbenche un señores con boina, caxato, e cortando un queixo cunha navalla e que presume de galego. A día de hoxe, fala de Galicia como rexión , e sitúa a súa sede central en “La Coruña”. A xustificación deste desfase legal temporal, segundo seu presidente Jose María Arias ( Que nome tan preconsticional ) e o seu xefe de comunicación Alejandro Kowalski Bianchi ( Este ten de pais, uns galeguistas eminentes ), está en que o despegue da entidade comenza coa autarquía franquista, esto é 1939. Claro e dende aquela non tiveron tempo de trocar a súa denominación oficial…home non van deter agora o despegue, de esta entidade tan solvente que está a pasar os seus mellores e máis doces momentos.

So mente expresar os nosos mellores desexos a esta entidade, e outras que presumen de favorecedores do crecemento ea economía do país, pero só grazas a ir estreitamente ligadas o poder, agora votaran de menos:

O Bendito ladrillismo e clientelismo, que nos daba seguridade e riqueza os que máis tíñamos ! 

E nos dinrán : Hai que vai ser de nós, Galicia, nas augas confusas do capitalismo global, axuda irmáns !

Tamén lembrar esa política laboral tan racional e xusta, que consiste en por as mellores falmilias de Galicia a traballar para eles, e os non tan afortunados que fagan carreira fóra de Galicia, haber se sobreviven…A cada porco lle chega o seu San Martín !

7 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Lingua, Uncategorized

“IÑORANTES, CATÓLICOS E FASCISTAS”

O Nuncio do GdeB

Xa falaramos neste pasado “post“, como os nosos medios de comunicación favoritos, pararanlle os pés os nacionalsocialistas esos do bloque que obligan os galegos a falar en galego ( algo ilóxico nos seus propios termos ). Onte tamén asistimos como a Xustiza ( esa banda de pobres socialistas e masóns resentidos ), fallaba na contra das xustas reclamacións do abogado da Cope, por reclamar este que lle fixeran unha sentenza en… “una lengua tal vez cooficial o algún dialecto”. Hai que comprender que en 30 anos non tiveron tempo de mirar as leis novas estas da democracia, tanto  estudiar o catecismo…e claro, agora co tema ese dos novos pecados, aínda non tiveron tempo de darlle todo os pobres.

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Competencias, Costumismo, Lingua

IÑORANTES, FÉRIDOS, DUROS, IMBÉCILES E ESCUROS ( no obelisco da Coruña entrada de balde )

 A Rexencia

Este venres oito os amigos da “Mesa por la libertad linguística”, a mesma xente que pedía sinaturas para que se dera relixión nas escolas, e agora as pide para que os seus fillos non lle dea por falarlles en galego na casa. Tiveron unha concentración: 150 homes e mulleres no obelisco da Coruña supostamente pola defensa do bilingüismo en Galiza que berraban: ! Viva España ¡, ! Libertad, libertad ¡ ( Berros relacionados de sempre coa defensa do bilingüismo e que últimamente van moi unidos ). E  doutro lado 200 xóvenes nacionalistas e independentistas xuntados polo boca a boca: ¡ Galiza en galego !, ¡ A cultura é a nosa alma ! ( Aquí se nota que a superioridade literaria nacionalista ).

Todo isto segundo un diario en castelán editado na Coruña, que supoño non será sospeitoso de estar influido por esa nacionalización a fume de carozo que está a suceder no país, pola influencia do BNG sobor da Xunta e da que me chegaron novas dela dende fóra de Galiza. Porque parece ser que nós estamos tan alienados que non nos dimos de conta segundo decía outro diario Madrileño,  ( donos italianos ) que aseguraba iso. Todo por mor de que decatáronse este vrao, esos avezados periodistas despois de 130 anos , de que o Himno de Galiza fala dos que non coñecen o galego coma “iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros”, claro… como en tódolos concellos estaba a bandeira de España non tiñan outro tema mellor. Agora se entende as explicacións que tivo que dar Quintana en Madrid ante o xentío escandalizado da batasunación galega liderada por este enfermeiro de Allariz !

10 Comentarios

Arquivado en Lingua, Moda