Arquivo da categoría: Moda

Búscanse asesores

Agora que as aulas universitarias están cada vez máis escasas, por que as tres universidades galegas non crean unha Facultade de Asesores Políticos Cualificados? As tres nocións básicas no primeiro día de clase serían as seguintes:

1) Non fagas o ridículo diante dun masa inxente de manifestantes intentando imitar a Chanquete ou ao grumete de Pescanova

Del barco de Chanquete, no nos moverán...

2) Non fagas o ridículo diante dunha morea de xubilados que teñen capacidade para depositar o voto na urna, pero que non son parvos

Todo pola patria, como dirá a Benemérita

e 3) Non fagas o ridículo diante de fotógrafos ávidos de collerte in fraganti, facendo como se apagas un lume recién chegado de xogar ao golf na Toxa

Apaga o candil, marica chuschús

Pero a cuestión xa a veu no seu momento Mafalda: e quen carallo serían os profesores desta tan necesaria escola? Eu sei dalgún que deu clase en políticas…e que medo!!

Deixar un comentario

Arquivado en Moda, Política

O ALBUM PRIVADO DE XOSÉ CRESPO

Por Antón Fraguas

Os integrantes do Galpón de Breogán levamos a cabo esta fin de semana unha importante acción subversiva na Festa do Cocido de Lalín, reivindicada no blog de Xosé Crespo. A misión dos galponeiros consistiu no roubo do album persoal de Crespo, do que publicamos algunhas fotografías:

250420065.jpg260420062.jpg260420064.jpg

Porén, isto é demasiado para min. A troita armada é dura e non compensa, o mesmo que a clandestinidade. Por iso, vou revelar a identidade secreta dos activistas de Galpón de Breogán, perigosa organización terrorista incluída nas listas da CIA. Sei que sufrirei represalias, pero a decisión xa está tomada. A comprometida foto dos seis galponeiros (os cinco xa coñecidos e un sexto que actúa na sombra) é a seguinte:

breogans.jpg
Antón Fraguas é o primeiro comezando pola dereita.

7 Comentarios

Arquivado en Embigo, Moda, Municipais, Surreal

Pido o nudismo para o meu pobo

Polo Parvo de Cela

O periódico de todos os galegos que residen na Coruña infórmanos de que o periódico de todos os políticos galegos fóra da oposición vén de facer público o concurso para a roupa de traballo dos coidadores e os mandilóns para os alumnos das Galescolas. Noraboa aos responsables de prensa de Vicepresidencia.

Galpón, non podía ser doutro xeito, dá ideas. Tendo en conta que os deseños deberán ter as seguintes características:

-Funcionalidade e liberdade de movementos.
-Resistencia á tracción, abrasión, extensión, rozamento e sucidade.
-Fácil mantemento (solidez da cor, lavado, pasada de ferro, etc.).

E que se valorará :

-Coherencia do traballo coa finalidade perseguida e coa imaxe de marca das Galescolas.
-Innovación e creatividade.
-Estética.
-Funcionalidade.
-Viabilidade e simplicidade na confección.

A miña humilde proposta é un desnudo integral dos nenos e nenas galegas.

Sen dúbida a que máis requisitos cumpre salvo o de innovación e creatividade, porque xa todo está moi visto: Funcionalidade, fácil mantemento, simplicidade na confección… Dado o fermoso e tentador corpo dos nenos e nenas galegos a condición estética cúmprese de sobra. Habería que ver onde se metería o logo da Galescola. A miña proposta é enxebre: marcar aos nenos coma reses para que, de paso, non olviden nunca o que aprenderon na escola.

Vantaxes: Baixo custe, xeración de sinerxias económicas a través da cultura nudista e da industria pederasta internacional, o espido tornaríase un rasgo de identidade cultural que faría evidente a nosa miseria (“non temos nin que poñer”), unha sociedade máis transparente e dado que, por algunha razón que se me escapa, todo o mundo que quere protestar por algo se pon en pelotas, dexiaríamos de ser un pobo choromicas para ser espíritos contestarios.

Desvantaxes: Alto consumo en calefación e tal como vai o petróleo…

Por estas razóns pido o nudismo para o meu pobo.

Outras opcións

  • Marcial: Se, de acordo co xornal otomano anteriormente mencionado, o obxectivo de Quin é crear unha raza de supergalegos e supergalegas para exterminar aos xa doentes españois que conviven entre nós e, a longo prazo, conquistar o mundo, deben de afacerse á disciplina militar cuns bos uniformes.
  • Tradicionalista: Por que un Lord escocés pode levar unha saia sen calzóns sen parecer un pailán e un cativo galego non pode aprender a contar ata 10 disfrazado de Asterix?
  • (Só para ourensáns) Funcionario: Por suposto é unha idea do CEFOU.
  • Profesión mal considerada noutro lugar: Cómpre preparar ás sementes de gloria da nosa terra para o seu futuro nas Canarias, Baleares, Londres, Cataluña ou Madrid. O uniforme do DIA serviría ademais para repeler pedófilos.
  • Bipartidista: Os rapaces compartirían o mandilón durante a clase e logo irían medioespidos/mediovestidos (asejún o gusto do observador) á súa casa a falar mal do compañeiro. Pode favorecer a unión e a solidaridade pero tamén o asasinato e a traición.

6 Comentarios

Arquivado en Gafapastismo, Moda