Arquivo da categoría: Música

os alakranitos

O Galpón de Breogán non podía quedar á marxe do fin desta tempada do emocionante espectáculo da Academía de Piratería Somalí, na que tan brillantemente traballaron varios galegos. Totalmente illados do exterior máis que por fugaces chamadas ós familiares e con algún contacto ocasional, sobre todo no momento das galas en horario de máxima audencia televisiva, con algún promotor que loita por levalos á fama, os galegos déronnos unha auténtica lección de cómo actuar en situacións de máxima tensión.

Foron moitas as emocións deste curso na Academia,

pero a ilusión dos concursantes non decaíu en ningún momento.

Co espíritu de sacrificio que caracteriza á raza galega, estes homes amosaron a súa valentía arriscándose polo ben do seu armador, en busca de parte desas poucas toneladas de peixe que se empeña en non nadar en augas protexidas. A cambio puideron vivir emociantes situacións nas que puideron aprender dos seus erros e do que vale un peine en xeral. Ainda que, unha vez pasados os momentos máis duros, recoñeceron que a cousa tampouco foi para tanto.

Hai galegos que aínda que nunca gañan, saben estar sempre ai

Mentras, os xuices fixeron a súa dura labor de decidir quén deles era o máis apto para continuar adiante e quen quedaría no camino á fama. Por suposto, o sangue nunca chega ó río e ben chega cunha pequena humillación para que o apartado do grupo aprenda a dura lección. O espectáculo chega ó seu fin, felicitamos ós participantes e xa temos ganas de que o próximo grupo, aínda que máis preparado pola experiencia dos seus compañeiros do ano anterior, sen dúbida nos darán outros momentos de lecer.

Os duros comentarios dos xuices desta edición non conseguiron rachala ilusión dos concursantes

2 Comentarios

Arquivado en Competencias, Feijóo, Humor, Música, Política, PP, PSOE, Uncategorized

Campaña lóstrego de Mr.009

Nunca vimos unha campaña rematar tan axiña, e agora de que falamos !

Feijóo retira a Luis Carrera como cabeza de lista por Ourense por defraudar a Hacienda

Pablo Crespo, mano derecha de Cuiña en el PPdeG, detenido por corrupción

Que pasará agora:

Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Feijóo, Música, Política, PP, PSOE, Touriño

Por unha cultura acorde a nosa xenética !

Moi Xordo


Un estudo elaborado polo Laboratorio de Antropoloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago, en colaboración coa de Vigo, confirma que os galegos teñen xenes máis afíns os húngaros, franceses ou alemáns que cos andaluces ou vascos. Unha boa nova que servirá pra pechar vellos debates, e nos ensinará o camiño a seguir no futuro o pobo galego.

Agora grazas a este traballo, pódese por fin as polémicas de Nadal, na casa dos Alonso: Alonso Montero e “Cuchús” Pimentel. Tería que ser duro ter un pai, que é un recoñecido autor e profesor de literatura galega, mentres se facía un guitarrista clásico e flamenco.

Pero agora a paz chegou a casa, xa que “Cuchús” sempre defendeu que o flamenco era unha música máis próxima a Galicia, que o folk ou a música das bandas de gaitas escocesas, co que o flamenco podía ser tan galego ou  máis que esos estilos. Pois hala ! Nin o un, nin o outro; como moito poidera ser que o noso fóra a música cíngara, pero estos teñen pouco de húngaros…

Entón tendo en conta os escasos éxitos do sector musical galego, a nivel estatal e internacional, cheguei a conclusión de que debemos de alonxarnos de intentar acadar, esa desexada nación cultural celta, que tantos éxitos económicos e comerciais produce a nosa irmá atlántica Irlanda. O futuro cultural deberá xirar no futuro noutros vieiros artísticos, máis próximos a nosa herdanza xenética ( Semellante a alemana, francesa e húngara), xa que ahí estarán os nosos agochados talentos naturais: Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Cidade da cultura, Economía, Humor, Música, Misticismo, Prensa rosa

PORQUE ROMPE ESPAÑA ? (O outro España-Rusia)

Comité de saúde pública do GdeB

 

Segundo unha recente enquisa do CIS, unha terceira parte da poboación de territorios estatais con dúas linguas oficiais descríbese como nacionalista e son practicamente os mesmos que consideran España un estado que os que pensan que é unha nación. Entón o 1/3 que nos falta, supoñemos que serán emigrantes e xente desa que di: “eu son cidadán do mundo”, ai ! Canto dano fixo Manu Chao. Co que está moi claro que “España se rompe”, pero porque nesos territorios a xente non ve a Xxpaña como a súa patria ou nación, escoiten isto e reflexionen:

Este é o himno de Rusia como podedes apreciar (nestes últimos tempos estamos moi musicais), unha creación superior do ser humán, que elegancia, que ritmo, ledicia e sentimento van da man, cunha melodía que fai patinaxe artística polos tonos; non fai falla que vos lembre Eurovisión, e que canción se asemellaba máis o himno español se o “Chiki,chiki” ou a dos rusos. Agora vexamos unha retrospectiva de bandeiras e himnos de España:

Por eso Rusia é a nación máis grande do Mundo ! Os estados todos teñen polo xeral unha bandeira, un himno e un lema, pois o himno de Rusia dalle gañas a un de ser ruso ! Pero o de España…tanto o de “Del Riego” como a “Marcha real” son uns himnos de 3ª ou 4ª. O republicano é unha marcha militar de república bananeira, que inda porriba parece que vai entrar Joselito a cantar, así lle foi; eo que temos arestora é unha melodía rococó decadente que debía de entreter os xogos do palacio de Aranxuez, en plenos tempos de Carlos IV fillo tonto de Carlos III que non vou decir a quen asemella. Ámbalas son melodías ledas sen sentimento é doadas, por iso teñen tanto éxito en ámbitos etílicos, pero non chegan o corazón e espírito dos cidadáns, infundindo o amor e respeto necesario, e claro pasa o que pasa. Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en "Fúrbol", Autogoberno, Costumismo, Día da patria, Gafapastismo, Humor, Independentismo, Música, Misticismo

A NOVA CANCIÓN DE CENTRO

O Comité de saúde pública do GdeB

 

O Partido popular ven de celebrar o seu Congreso nacional en Valencia, eo noso representante local traenos a “boa nova centrista”, por aquelo de que o populares europeos deixaron de ser demócratas cristianos a ser demócratas de centro, pasando a ser o “centro” o novo concepto filosófico político que define o partido (…o centro de que ? Se así se cargan os lados). E todo a pesar dos puñais, as desercións dos últimos tempos, e oposición do sanedrín periodístico madrileño; consagrando a Rajoy como a indiscutible estrela da metafísica centrista.

Núñez Feijóo: “excelente boa nova para os cidadáns, nun tempo de malas noticias e un contexto de crise económica”.

Tamén o congreso permitiu reforzar a democracia interna, e permitir os militantes galegos decidir o presente eo futuro do partido. Que menos ! Tendo o PP en Galicia 100.000 militantes (PSOE=10.000,BNG=8.000), que son unhas cantas lexións e non sei cantos cohortes, pero que pasa ? Antes non eran decisivos 100.000 militantes, dos 750.000 totais ? Co que quedamos tranquilos con que o partido con máis galegos, estea gobernado con Fraga de ideólogo renovando o partido coas súas mozas ideas, e Mariano Rajoy de presidente. Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Feijóo, Fraga, Humor, Música, Misticismo, Moda, Política, PP, Rajoy

ESPIDO POLA LINGUA

Rexencia e familia

 

A coñecida artista do mundo musical Alaska, espiuse para denunciar a barbarie que significa a festa dos touros. Pouco despois toda a prensa de Madrid, abriu portadas coa suposta gran fazaña do toureiro Jose Tomás, coincidencia ? Pero ese é outro tema…

Despois un dos nosos políticos máis toureiros e fotoxénicos, a fume de carozo decidiu espirse en defensa da nosa lingua, sumándose así o espíruto que percorre a tódolos galegos dende o domingo 18 de Maio: Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Costumismo, Humor, Lingua, Música, Misticismo, Moda, PSOE, Touriño

A CRISE DO PP

A Pantasma do GdeB

 

Neste video dunha festa karaoke dos populares anterior as eleccións xerais, xa víamos un Mariano Rajoy desmellorado recibindo as duras críticas de Mayor Oreja, Elorriaga e María San Gil. Coido que é importante lembralo, pra entender os sucesos que están a acontecer arestora, o noso político galego máis popular en Xxpaña e en parte do extranxeiro:

4 Comentarios

Arquivado en Humor, Música, Política, PP, Rajoy

A Orquestra París de Noia será a encargada do novo himno galego

Polo Parvo de Cela

Par�s de Noia

Segundo se enterou Galpón de Breogán poñendo a orella nas portas o novo Sumo Sacerdote da futura Nazom Celta, Antón Losada, encargou á prestixiosa e aclamada formación musical Orquestra París de Noia a composición dun himno que inflame os espíritos patrióticos dos galegos de cara ao II Reich Galego.

A escolla realizouse despois dun duro de proceso de selección no que caeron Milladoiro, por ser pouco modernos, The Homens, por gafapastas e Xil Ríos, porque a xente pediríalle que cantase Xirarei en vez do himno. Finalmente a banda máis popular da futura Nazom Celta e a que máis gusta aos nosos maiores (antes coñecidos como vellos) comporá e interpretará a peza. Imaxina alguén Galiza sen a París?

Insistiúselles en que saian un pouco do seu estilo latino habitual e se escoren cara algo máis atlántico e telúrico. Sen embargo o máis probable, segundo os expertos, é que sexa o primeiro himno nacional en versión Reggaeton. O autor da letra sairá de entre o milleiro de poetas da terra do millón de vacas ou do binomio Superpiñeiro/Gayoso, outra parella afín aos nosos maiores.

8 Comentarios

Arquivado en Música

Musicoloxía electoral

Por Frouxeira

 Hai melodías pegañentas que non se dan tirado do maxín. Pasa cos jingles publicitarios, coas cancións lixeiras e coas sintonías dos partidos políticos. Todas? Non! Unhas máis que outras.

Quen pode tararear a música do Bloque? (Ah? Pero o Bloque ten unha única sintonía?) E a do PSOE? (…) Ben, vexo que aínda fica alguén con bo ouvido, será o efecto Zapatero. E a do PP? Ah! Moitos máis! Unha chea!

Se algo fixo o ex-presidente Aznar foi fixar unha melodía corporativa recoñecíbel por todos os seus votantes potenciais. Primeiro, algún compositor que se mantén no anonimato (unha inxustiza para o seu talento) atopou a combinación axeitada de notas. Logo, todo foi darlle unha volta para crear a versión tecno, a versión bakalao, a versión festa, a versión sinfónica ou a versión piano, todas elas descargabeis aquí.

(Baixade algunha para escoitar mentres seguides lendo este texto)

Poucas veces unhas poucas notas chegan para transmitir tanta mensaxe. Debe ser a sintonía máis comecocos despois da de windows. Parece unha melodía fortuíta e inocente… pero agacha un sentido máis escuro. Cantade para vós, aumentando a énfase cada vez que subades unha escala:

az-nar, az-nar, jo-sé-mari-az-nar

Aznar! Aznar! Josémari Aznar!

Aznar!!! Aznar!!! Josémari Aznaaaaar….

José Mari Aznar!!!!!

      Ate aquí todo claro, todo sabido, Aznar era o líder, e para el compuxeron esta canción, para que todos os xxxpañois pensáramos obrigatoriamente nel cada vez que sentíamos esta música. Pero marchou Aznar, e seguiu a mesma música. Coincidencia? Non! Todo é unha trama maligna de Chemari para seguir controlando o partido, de xeito que á hora da sucesión esta canción determinou quen sería o seu herdeiro en Madrí. Sodes capaces de cantala empregando o nome de Rodrigo Rato? Non! Imposíbel! En troques, que ocorre se substituímos Aznar por Rajoy…

ra-joy, ra-joy, ma-riá-no-ra-joy

Rajoy! Rajoy! Mariano Rajoy!

Rajoy!!! Rajoy!!! Mariano Rajoooooy….

Mariano Rajoy!!!!!

Todo encaixa! E o mesmo coa sucesión autonómica. O nome de Manuel Fraga encaixaba na melodía, igual que o de Núñez Feijoo! Exemplo, (cantai de novo para vós):

fei-jó, fei-jó, nú-ñez-fei-jó

Feijó! Feijó! Núñez Feijó!

Feijó! Feijó! Núñez Feijooooo…

Núñez Feijó!!!!!

      Ninguén podería tararear esta melodía co nome de Xosé Cuíña! Nin chamándolle Pepe ou Pepiño! Velaí o motivo da caída en desgraza do Barón de Lalín! Pero un nome que si cadra ben coa música é o do Home do Renacemento, o egrexio Presidente Vitalicio da Deputación Ourensá. Daquela, podemos concluír que Baltar traicionou a Cuíña por unha simple cuestión de cómputo silábico!

      Esta semana toca votar / botar aos subnormais dos nosos alcaldes. Probade, no caso dos candidatos populares, a ver que nome encaixa nesta melodía e cal non, e teredes o resultado electoral dos distintos concellos. Facede a proba con Poli, con Cori. Ou mesmo con Conde Roa! Teredes un resultado máis fiábel que o de calquera enquisa.

      Hai cousas que é mellor aceptar. Vivimos nun mundo estraño e cruel…

10 Comentarios

Arquivado en Música, Municipais, Política, PP

Son Touriño e Stevie Wonder a mesma persoa e forman parte da Santísima Trinidade?

Polo Parvo de Cela

Stevie

Se

  • Espírito Santo=Deus
  • Deus é amor.
  • O amor é cego.
  • Stevie Wonder é cego.
  • Stevie Wonder é Deus.

E por outra banda:

  • Espírito Santo=Deus
  • Deus non falla.
  • A Xunta non falla.
  • Touriño é a Xunta (ou 2/3 dela) .
  • Touriño é Deus.

E:

  • Espírito Santo=Deus
  • Deus está en todas partes.
  • Para defender opcións contrapostas sería preciso estar en dúas partes á vez.
  • Touriño defende dúas opinións contrapostas sobre calquera tema a míudo.
  • Touriño é Deus.

Queda demostrado que

  • Touriño=Stevie Wonder=Espírito Santo
  • Touriño+Stevie Wonder+Espírto Santo=Santísima Trinidade

10 Comentarios

Arquivado en Música, Misticismo, Touriño, Uncategorized