Arquivo da categoría: Orgullo gay

qué forte!

Quéforte, quéforte, queforte. Din por aí que che hai moito carjiño do pesoe e do bloque, que tan progres din que son, que te mandan ós fillos ós colexios do opus. Ui, ui, ui, ui, que eles din que son asín tan modernos e tan laicos e logo veña a dicirlles ós fillos que non te xoguen coa palanca de cambios, que para cambiala velocidade hai que tirar sempre da marcha atrás e nada de jomas nin de fuchicar enriba de rapazas nin nada de nada.

jjvazquez copia

Iso sí, na Cámara veña a criticar e a darlle á lingua e a dicir que isto e o outro e, por detrás, palmadiñas no lombo e que ben o facemos con darlle cartos públicos ós colexios que separan nenos e nenas, para que non fodan, que qué outra cousa van querer facer a isas edades? Home, xa postos, poderiamos facer como nos colexios públicos, que para quitarlle as quenturas nada mellor que sacar a calefacción, para que teñan que ir ben tapadiños e non ensinen as bragas esas impúdicas que parecen un fiíño metido polo cu.

tanga mala

E, para que non se diga, aí van os nomes dos mentireiros que non recoñecen que, para estar tranquilos, bromuro e rosario, e así quítase un de preocupacións de que os mozos te anden a ostias en Pozuelo: Por suposto, a primeira, a que está en todolos fregaos, I.P.; logo, a que máis cristos monta cos menores: La E.; por non mecionar a P.V. ou o mesmiño A.Qu., que todo o mundo sabe que zurraba na muller por obligala a mandar ós xemeliños a rezalo rosario.

Máis información no Sálvame ou, o que é o mesmo, na Consellería de Educación.

3 Comentarios

Arquivado en Orgullo gay, Parlamento, PP

o bilingüismo harmónico

Qué tempos, qué lembranzas aquelas na aldea, correndo tras un cadelo pra arrincarlle os pelexos, tirarlle pedras, roubar peras. Os galegos somos así, como din os do Gadis, de aldea, vamos. E os dos Peares como Feijóo saben ben o que hai nas aldeas: moito montuno que non sabe nin ler nin escribir, que tes que escapar a Santiago para mollalo churriño. Bo, ou pra facerte do Opus e pagar a unha Viri que che faga as beiras.

A asistenta que facía a cama, o carniceiro que bebía como un peixe a amosaba os calendarios de peto coas mulleres sen roupa (aí coñeceu por primeira vez a Jesús Vázquez, que poñía cara de noxo), ninguén impoñía o galego e facían todos por falar ben cando se dirixían ó novo Feijóo estudante. Qué tempos!

Nada que ver co de agora, que cando menos o esperas salta un bloqueiro a falar como aquel carniceiro e, por riba, ten o morro de pór mala cara se lle falas como Deus manda. Cando andes co ferro a planchar os calzóns fala o que queiras, pero cando veñas á habitación a traermos, fala ben, joder. Eso é bilingüismo harmónico. Cada un no seu sitio, sen imporse uns ós outros, sabendo cada un onde ter que estar.

E agora que xa temos a proba do nove, aínda hai a quen lle parece mal. Pois a idea é cojonuda e xa está. ¿A quén lle pode parecer mal que se pregunte ós pais, que son os donos dos cativiños? Eles saberán mellor que naide o que lles convén. Ou bollycao ou mazá, ou peixe ou ou macarróns, ou moto ou Ford Fiesta. De toda a vida son os pais quenes deciden. De feito a idea é tan cojonuda que xa a Farjas está a pensar en facer unha cousa parecida para acabar coas listas de espera dos doentes de cancro:

1.- ¿Qué tratamento prefire para sanar o cancro?

Quimioterapia

Rezar á Virxe

Un pouco das dúas

Lévenme fóra de Galicia, por Deus

2.- A súa medicación preferiría que fose:

De efecto inmediato pero mortal

Que so lle salve as partes que trouxo sans

Que decida a Virxe

Que non me faga sufrir moito

3.- Preferiría vostede un médico

Dos de toda a vida, que leve bata

Que beba so a partires das once da mañán

Que sexa simpático

Que teña o título

4.- ¿Está dacordo con que lle fagamos acupuntura?

Non

So se non me doe moito

(Será considerada quimioterapia aquel tratamento que teña un custe axeitado ó burato que deixaron os cocainómanos do bipartito. Os efectos da oración á Virxe so serán atribuibles ó Sergas – Servicio Galego de Saúde – no caso de curación total. Os títulos académicos esixibles ó persoal sanitario serán os mesmos que ós asesores dos conselleiros)

4 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Humor, Lingua, Orgullo gay, PP

Os nosos conselleiros: Jesús Vázquez

O Lord protector do GdeB


O novo flamante Conselleiro de educación, a estrela catódico mediática e icono do mundo “gay”, o ferrolán Jesús Vázquez…

Aquí o vemos nunha actitude moi política, xa apuntaba maneiras, coma o “ex-premier “checo na casa de Berlusconi.



Ben vou por o HTML pra seguir a escribir que me poño nervioso, pois Vázquez  novo coselleiro de educación que traenos o estilo e “glamour”  que non tiña o Bipartito…

Ah, que non é ese Vázquez ? Entón quen car…

A que este !…Home, non é o outro, pero a garabata ten o seu punto, ten algo que me lembra a Alberto de Mónaco… Entón este señor, que polo cargo terá que ser un eminente catedrático, dunha carreira humanística ou científica; a que non ?…Pois será un coñecido escritor, ou artista; a tampouco ? Seguir lendo

6 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Feijóo, Lingua, Orgullo gay, Política, PP, Uncategorized

A NOVA ESTÉTICA DA UPG NON GUSTA A TODOS

A Rexencia Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Orgullo gay, Política, Surreal, Terrorismo

A volta ao cole

por Viriato

Tras realizar o número adecuado de subornos, e conseguir que os cargos contra nós fosen retirados, o Galpón de Breogán volve estar en marcha, xusto a tempo para recibir o novo curso político. Vexamos:

Habitación exterior en Montepío-pío, residencia oficial do presidente da Xunta. De mañanciña, o líder A e o líder B do bipartito toman un café con torta de Santiago, por aquelo de facer país.

Emilio Pérez Touriño: ¿Máis leite, Anso?
Anxo Quintana: Non, gracias, está ben. ¿Que tal o verán?
Touri: Ben, tamén. Saudei a ZP, e rasquei moito os huevos. Non se puido ir moito a praia, pero tampouco houbo incendios.
Quin: Non houbo, non. Loubado sexa Castelao.
Touri: Mentres non cheguen agora en setembro…
Quin: (atragántase mentres lle mete un chante á torta) *Cof-cof*
Touri: Pero non sexamos agoreiros ¿E ti que tal?
Quin: Ui, eu non parei, que se a festa do gaiteiro, que se o Día da Galiza Martir, que se o lecer para os nosos maiores
Touri: Pois non te vin nada na TVG *risiña*
Quin: Home, recochineo non ¿eh? ¡Re-co-chi-neo non!
Touri: *risiña* Perdoa, é que me fai moita gracia.
Quin: Pois a min non, teño a medio BNG pensando que son parvo porque nós tamén metimos xente na tele, pero deixámosvos todos os comisarios políticos a vós.
Touri: ¿E o outro medio?
Quin: O outro medio estaba de vacacións, non sei que dirán agora… e case que non quero sabelo.
Touri: Talvez deberiamos impulsar unha TVG independente, para que non pasen estas cousas…
Quin: *pfff* JA JA JA JA JA
Touri: JA JA JA JA JA
Quin: (limpando as bágoas) Por un segundo, case me enganas.
Touri: Si…. oes ¿cando imos empezar a investigar o da Cidade da Cultura?
Quin: Er… Cando queiras, sempre que a comisión a presida un dos nosos … peroooo… verás, Ánxela Bugallo está que trina co tema. Díxome que pensa rompervos os dentes a ti e a Rego en canto vos vexa polos corredores do Parlamento. E aínda que non o aparente, está cachas, que fai pilates.
Tou: *glups*
Quin: Por certo, Emilio ¿Ti sabes o himno?
Tou: Eu… pois… claro que sei o himno ¿como non o vou saber? Son o presidente de todos os galegos.
Quin: ¿Seguro que sabes o himno?
Touri: ¡Que si, que sei o himno, pesao!
Quin: Mira que vou facer un exame no próximo Consello da Xunta, e o que non saiba o himno, voulle obrigar eu a aprendelo con clases particulares en Allariz.
Touri: (mirando para outro lado) Todos os meus conselleiros saben o himno.
Quin: Xa ¿Poderías cantalo agora, para saír de dúbidas?
Touri: ¿Eu?
Quin: Si
Touri: ¿Agora?
Quin: Si
Touri: Emmm…. Éche un andar miudiño o que eu traío, miudiiiiño, miudiiiño…

Mentres tanto, nun afastado local de San Lázaro, a sede do PPenG, o señor escuro da oposición e o seu lacaio favorito toman tamén café.
Alberto Núñez Feijoo: Mmmmm, que preguiza volver ó traballo.
Alfonso Rueda: Si… Oes Alberto, ¿cando vai vir Barreiro por aquí?
Feijóo: ¿Barreiro? ¿Que Barreiro?
Rueda: Si, home, o de Lugo, o que era o noso portavoz parlamentario ata que perdeu miserablemente a Deputación…
Feijóo: ¡Eu non coñezo a ningún Barreiro! Esa é a miña declaración e non vou cambiala.
Rueda: Po fale, xefe.
Feijóo: ….
Rueda: …. A todo esto, xefe. ¿Sabes que nalgúns círculos se di que es homosexual? *risiña*
Feijóo
: (polo baixo) Xa estamos outra vez, ¡maldita entrevista!. (en voz normal) Si, sei que nalgúns círculos se di que son homosexual.
Rueda: ¿E o es?
Feijóo: Evidentemente, non. Se queres que cho demostre, déixame a túa muller un ratiño.

2 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Feijóo, Orgullo gay, PP

Tan gayego como Feijoo

Por Frouxeira

Reunión de cabreados na Sede do PP. Unha moza insiste en ver a Alberto Núñez Feijoo, en representación da Mesa Pola Normalización Lingüística.

– Eu entendera que me ía recibir hoxe ás once da mañá! Xa levo máis de media hora agardando!

– Agora está reunido con outra persoa. En canto saia, xa lle digo que está vostede aquí… Por favor, agarde fóra, irémola chamar…

A moza sae da sede e senta no banco que ten á porta. Canda ela, hai un mozo que acaba de chegar. Fítanse cun sorriso de pura cortesía.

Pasan os minutos. Ao pouco, fala o mozo:

– Oes, perdoa… Ti estás agardando para falar con Feijoo? (a moza pon mala cara) Non é por nada, non te amoles. É que antes oínvos berrar aí dentro e…

– Si, estou. Por que? Ti tamén?

– Si, tamén. Veño pola banda do colectivo MAGA. Queremos esixir explicacións ao PP pola súa negativa a condear os actos de homofobia no parlamento.

– Claro. Entendo. Eu veño pedirlle contas pola ruptura do pacto lingüístico (breve silenzo) Dixeches que viñas do colectivo MAGA?

– Si.

– Non vos coñezo… Canto tempo levades traballando?

– Nah… uns meses… Comezamos na primavera. Estamos organizando algúns actos para o Día do Orgullo Gay… Xa sabes, o de sempre. Alguén ten que pedir subvencións, e iso…

– Xa, claro, imaxino. (outro silenzo) E de onde vén o nome? Que significa MAGA? (o rapaz non contesta á primeira, fai tempo mentres matina no que dicir) Maricas Galiza?

– Mellor non o vaias contando por aí, vale? Non sexa que as de BOGA se cabreen connosco…

– Claro, claro…

A conversa non prende moito máis aló. Vanse achegando as doce. Chegan algúns xornalistas á sede facendo bromas polo baixo sobre algunha das últimas declaracións de Gerardo Conde Roa. Entran rindo, e logo non pasa nada. A moza fai por falar co mozo

– E vós cando pedistes ver a Feijoo?

– Eh… Non… Non o pedimos. Na última reunión todos estábamos de acordo en que tiñamos que protestar polo desprezo dos populares á comunidade homosexual. Pero ninguén quería vir. Botámolo a sortes… e tocoume a min. A idea é pasar aquí toda mañá, sen que me reciba, e logo enviar unha nota de prensa aos medios para denunciar que o PP non quere falar con nós…

– Moi práctico, si, imaxino…

Máis silenzo. Case son as doce. A moza, farta, volve entrar na sede, seguida polo outro. Nese mesmo intre coincide que Feijoo está saíndo do despacho para acompañar ate a saída á persoa coa que se reuniu antes. Vaille dando fortes palmadas nas costas mentres fala nun correctísimo castelán:

– Muy bien, muy bien. Nosotros seguiremos apoyándoos ¡No vamos a dejar que Touriquín se salga con la suya! ¡Tenéis mi palabra de que les vamos a dar guerra! ¡Lucharemos por una educación en castellano para vuestros hijos! ¡Y vosotros adelante, seguid con esa iniciativa de tan gallego como el gazpacho!

– ¡Encantados Alberto! Y muchas gracias por todo, ¿eh? A ver si este verano puedes venir un día a navegar por la ría…

Mentres marcha esa visita, Feijoo repara nos dous mozos. Aparece alguén ao seu carón para explicarlle en baixiño quen son e que queren. Sen dubidar un intre, Feijoo vai cara eles e comeza a bater nas costas do rapaz

– É sempre un pracer recibir aos meus bos amigos da Mesa Pola Normalización Lingüística!

O rapaz, molesto, arrédase.

– Non, non! Eu veño do colectivo homosexual MAGA. A da Mesa é esta moza.

Un xesto de repulsión desfigura por uns segundos a face de Feijoo. Recomponse de seguida e continúa co seu recibimento cara a moza.

– Ben, dicía que é un pracer recibir tanto aos meus amigos da Mesa… (olla para o rapaz) igual que a outros representantes da sociedade civil… (pausa) Peeero… Agora mesmo teño outro compromiso de traballo… Vou recibir á embaixadora de Israel en España… Comprenderedes que teñamos que pospoñer o noso encontro para outra data… Chamade mañá á sede e xa procuraremos un oco na miña axenda. Moitas grazas por vir… pero agora teño que deixarvos.

– Señor Feijoo, eu xa tiña unha cita fixada para hoxe ás once! Quero falar con vostede canto antes do Plan de Normalización Lingüística…

– Síntoo moito, pero fóisenos o tempo. Agora non podo atenderte… peeero… (bota unha ollada ao seu redor e localiza a Manolita, tentando agacharse detrás dunha palmeira de plástico) … pero seguro que a deputada Manuela López Besteiro aquí presente pode falar contigo destes asuntos. Ela sabe moito do tema… Moi ben, verémonos noutra ocasión.

Feijoo refúxiase no despacho, Manolita pon cara de circunstancias, o militante homosexual sae pola porta e a representante da Mesa Pola Normalización Lingüística fica no sitio, ofendida e frustrada, ao tempo que sinte un intenso desexo de atacar a Feijoo co Gran Diccionario Xerais da Lingua. Un segundo despois, a embaixadora de Israel entra pola porta e os fotoxornalístas lánzanse cara ela coma unha manda de lobos, barrendo todo ao seu paso…

1 comentario

Arquivado en Feijóo, Lingua, Orgullo gay, Política, PP