Arquivo da categoría: “Poli” Nóvoa

As consecuencias da victoria de Feijóo9

O “bon vivant” do GdeB

Vale, que ninguén agardaba que o PP gañara as eleccións…Que o bipartito tampouco o fixera tan mal…Home mellorar o estado botín no que se convertira o Fraguismo tampouco era  moi difícil…

Pero repasando a prensa, semella coma que ninguén percatouse das verdadeiras consecuencias, desta victoria pola mínima deste comercial de banco emigrante aventaxado…Pero pra eso está o Galpón de Breogán.

Unha das poucas cousas que sabemos do goberno de Don Alberto, que non Señor que está solteiro, é que non irá en Audi coma os seus predecesores, nin nunha furgoneta C15.

Home ! O C6 é moito máis chulo… Os meus gustos, os de Feijóo e Sarkozy vexo que coinciden, que pra comenzar iso está moi ben,  ter un futuro Presidente con estética neste mundo sen ética. Agora só queda que case con Mercedes Peón ou Iolanda Castaño…

Pero ese non é o tema do que quería falar, unha das poucas cousas que sabemos do vindeiro goberno, é que os novos conselleiros non serán parlamentarios, serán xente cunha adicación exclusiva as súas tarefas de goberno. Que pasa o novo Presidente non confía moito, na xente do seu partido, non os ve capaces, están ahí para outras tarefas ?

4 Comentarios

Arquivado en "Poli" Nóvoa, Baltar, Catástrofes, Feijóo, Humor, Parlamento, PP

O padriño e mailo herdeiro

Por Frouxeira

Titulares tremedistas!

Baltar admite que chegou a hora de preparar o seu “relevo”

Baltar comeza a falar da súa retirada

Estase achegando a fin do baltarismo ourensá?

“Hai que estar ás duras e ás maduras. Se o PP houbera tido a Xunta nestas últimas eleccións eu non tería participado nas municipais”

Unhas municipais sen Baltar??? Sacrilexio!

Ante semellantes declaracións do Home do Renacemento (nótese o seu elegante emprego dos tempos compostos) queda ben claro o esforzo sobrehumano que tivo que realizar polo ben do Partido. Pero que pasaría se…

“Se o PP gaña as xerais e autonómicas, aproveitaría a ocasión para deixar o partido. Colaboraría para botar unha man pero preferiría que fose outra persoa”.

Baltar xubilado!!! Incríbel! Ante semellante declaración de intencións inda vai ser certa toda esa leria da Galiza do cambio… Pero… quen será o seu único e lexítimo herdeiro? O fillísimo blogueiro? Ou o seu novo fillo político?

“Cada día estou máis enganchado por el, porque é un fóra de serie. (…) O único que ten que facer agora é gañar o apoio da provincia”.

Definitivamente, Poli vai ser o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense por designación baltarista. O non-alcalde da Cidade das Burgas aprenderá o seu futuro oficio á beira xusto do seu valedor. Un posto de privilexio que moitos envexarían…

Un día cheguará este anunciado traspaso de poderes e entón… a que se vai adicar Baltar unha vez lonxe do Pazo Provincial?

Semella que a xente non sabe ler entre liñas. Baltar anuncia a súa retirada da política municipal para a vindeira lexislatura… porque daquela será o PRESIDENTE DA XUNTA POLO PARTIDO POPULAR!!! Feijoo ten motivos de sobra para temer a carraxe do pequeno timonel ourensá. Vai polo seu cargo…

Deixar un comentario

Arquivado en "Poli" Nóvoa, Baltar, Ourense, Política, PP

A tres bandas

-Feijoo: Gústavos o meu peluco?

Baltar: Cámbiocho polo trombón…

Poly: Se merco dezaseis, fan desconto?

2 Comentarios

Arquivado en "Poli" Nóvoa, Feijóo, Ourense, Política

Tribus polígamas ourensás toman a cidade

Poligamia, oh siO atraso e illamento de Ourense levou ao descubrimento de diversas tribos polígamas operando pola capital da provincia. Estes grupos organízanse en vastas unidades familiares de ducias de individuos que á súa vez forman clans. Os estudiosos sopesan a posibilidade de que sexan habitantes primixenios de Ourense que se infiltraron sen ningún tipo de problema entre a sociedade postmoderna da Capital das Burgas.

Non existen dúbidas do seu primitivismo xa que parecen operar coas reglas dunha sociedade tradicional patriarcal baseado no respecto reverencial a figuras míticas (neste caso a un anano de pelo branco) e do seu ourensanismo porque todos traballan no sector público. Este descubrimento antropolóxico saltou á primeira plana dos medios galegos cando se descubriu que o mesmísimo alcalde de Ourense é un xefe dun destes clans. A miña é unha familia moi tradicional e moi ampla, chegou a admitir.

Os desconfiados din que estas unidades familiares tradicionais forman parte dun plan para hinchar o censo pero o comportamento primitivo de todos estes individuos fai indubidable o seu orixe primitivo.Como incógnita para o futuro queda saber se a provincia que exporta funcionarios a toda Europa tentará escindirse da sacrosanta España se non é recoñecida a poligamía. Utah é o espello onde mirarse. Salt Lake Miño?

PD: A ninguén lle chamou a atención que o especialista en derrotas Abel Caballero leve a unha alpinista de número dous.

4 Comentarios

Arquivado en "Poli" Nóvoa, Funcionarios, Municipais, Ourense, PP

“Santi, legaliza la marihuana e independiza Coia”

Por Antón Fraguas

Os candidatos á alcaldía das sete cidades galegas están na rede. Todos teñen web de campaña, algunha delas con formato de blog e un estilo igualmente “blogueiro”: persoal e subxectivo. Pero só algúns dan o último paso e permiten enviar comentarios aos seus posts. Comunicación directa co votante, interactividade, diálogo: a esencia da política. Claro que esa transparencia ten os seus riscos e son moitas as mensaxes críticas publicadas nos blogs dos candidatos. Noutros casos, o problema non son as críticas, senón certas preguntas incómodas ou peliagudas, cando menos.

O Blog de Santi é, xunto co de Orozco, o máis activo da cibercampaña galega. Isto tradúcese na publicación dun bo número de comentarios (contestados puntualmente, non se sabe se polo propio Santi Domínguez), como por exemplo:

oye Santi esta genial tu pagina web y lo del video ufff lo mas xD felicidades y muy buena la idea esa del clip, la libreta, el boli y la pelota se nota donde hay creatividad solo queria decirte que yo te votare y quisiera hacerte una propuesta: legaliza la marihuana e independiza a Coia xD jou jou men!!! xD

Ao que Santi responde:

Grazas polos teus eloxios. O que tratamos de transmistir é precisamente iso que ti mencionas, a creatividade. Creo que para gobernar unha cidade como Vigo hai que ser creativo e innovar e nós demostramos que o somos. Sobre o da marihuana e a independencia de Coia creo que, de momento, non vou poder axudarte.
Unha aperta. Santi Domínguez.

Outras das mensaxes recibidas por Santi din cousas como “Eu pensaba que o voso partido non era un partido comunista ata que vin a sua derradeira entrevista en Televigo, na que vostede admitiu que quere conseguir a autonomia para Galicia, algo que me sorprendeu bastante pola sua parte xa que non tiña esa idea sobre vostede, ou o mellor nalgun momento expricaronmo mal” (¿O BNG quere conseguir a autonomía para Galicia?, ¡comunistas!).
Oude donde sacas tanto dinero para tu campaña?“. Ou “Lo siento Santiago pero no cuela, si vas a hacer una revolución dilo, pero no digas que es tranquila. Eso no cuela, son conceptos antagónicos“. Ou “Non sei a quen se lle ocurriu o ’slogan’ da túa campaña. Pero quedades cubertos de gloria: ‘SÚMATE Á REVOLUCIÓN’ ¿á revolución das garabatas?

Pero non só no blog de Santi Domínguez hai debate. Tamén Poly (ese que ten unha familia tan grande e unida) recibe mensaxes como “amigo poly: desues de muchos dias hoy me meti en tupagina y ley la contestacion que mes asdado sobre la idea que te insunue sobre una pajareraen el parque de san lazaro. yo soy de las peersonas que disfruto por las orillas del rio y oir a los pajaros, pero tengo que decirte que las familias que utilizamos el disfrute del parque , no pdemos ir con nuestros hijos de 3ó 5 años por esas bonitas orillas, no te das cuenta que salen del colegio a las 5 y por falta de tiempo no podemos desplazarnos.sobre los tiempo que cambiaron es cierto,pero quiero recordarte que los pajaros viven muy felices en sus respectivas jaulas y no se mueren.¿no hay en todas las ciudades concurso de pajaros?bueno no te molesto mas, solamente que cuentas con mi voto y espero verte con el baston de alcalde, mucha suerte

Tamén en Ourense, Paco Rodríguez (o do PSOE) ten blog, non demasiado activo, o que provoca certas críticas: “Ter un blog onde o administrador PASA AMPLIAMENTE dos seus visitantes, non é blog nin é nada. Sr. FRANCISCO non se pode presumir do que non se sabe nin se quere facer!!!

Até Conde Roa ten quen lle escriba (debe ser alguén que coñeceu en Leblon), que lle fan consultas como “futuro alcalde” (sic) do estilo de “¿Como conseguir una unidad de enterramiento familiar en Santiago?” ou “¿Donde puedo soltar al perro para que corra sin que por ello me reprendan los policias?“.
E tamén Nestor Rego, ao que lle preguntan: “Bos días, ¿como se pode mercar o regomobil?

3 Comentarios

Arquivado en "Poli" Nóvoa, Blogs, Municipais, Orozco