Arquivo da categoría: PP

A política linguística dos Feijoó

O “bon vivant” do GdeB

Semella que o culebrón do tema da lingua, iniciado polo executivo de Feijóo xa vai tocando o seu ceo, e xa ten cabreado ata a xente da Unión Europea, que non so se adica a controlar o leite que producimos, se non que tamén ten unha Axencia de protección de linguas minoritarias.

Inda que  é curioso que o galego sexa unha lingua minoirtaria, sendo falada por máis de 3 millóns de persoas, e en troques o letón por exemplo non o sexa, con menos de 2 millóns de falantes.

Pero unha vez máis o Galpón de Breogán ten que sair en defensa do noso Presidente, porque esta política liguística e estos plans pra reformar a educación non os fixo a traición, enganándonos a todos como pensan esos nacionalistos e sociolistos  mal pensados, nin é cousa do Conselleiro de Educación, nin de Don Alberto. Existes forzas superiores e deberes ineludibeis, que lle obrigan a obrar de tal xeito.

Por que so fai falla votar unha ollada a este video electoral, onde xa se apuntaba claramente cal ía ser a política a seguir, e quen é o referente ideolóxico deste novo rumbo da política educativa, que coido que exprésase claramente de como se fan as cousas como “Dios manda” :

Aquí podemos chegar a unha serie de conclusións:

-Que nótase porque se lle chama “Feijóo” e non “Núñez”.

-Que Alberto Núñez Feijóo empezou no colexio os dez anos, a mesma idade que o votaron de casa, pero eso foi o mellor que lle pasou nunca ! E inda así chegou a Presidente da Xunta !

-O Partido Popular non quere que nunca máis se separen as nais dos fillos, con que xa non fai falla mandar os fillos a León a estudiar, agora faremos que as escolas e institutos de Galicia volten a ser como os de León de fai 40 anos, con nenos e nenas separados, clases en castelán e de relixión.

-Que se casou con Galicia…Pero antes de casar, que vida levou, que era eso que tiña no “trastero”, que non saía nin pra comer?

En fin, como trocou Ourense, de ser a “Atenas de Galicia” e a terra dos poetas. Semella que o CEFOU está a crear unha caste de superburócratas, programados para deter e logo desfacer o longo camiño da indentidade propia negada. Pero inda non está todo perdido, inda quedan famosos Ourensáns co tradicional amor a patria, Baltar…Baltarín…Non !:

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, CEFOU, Feijóo, Lingua, Ourense, Política, PP, Uncategorized

os alakranitos

O Galpón de Breogán non podía quedar á marxe do fin desta tempada do emocionante espectáculo da Academía de Piratería Somalí, na que tan brillantemente traballaron varios galegos. Totalmente illados do exterior máis que por fugaces chamadas ós familiares e con algún contacto ocasional, sobre todo no momento das galas en horario de máxima audencia televisiva, con algún promotor que loita por levalos á fama, os galegos déronnos unha auténtica lección de cómo actuar en situacións de máxima tensión.

Foron moitas as emocións deste curso na Academia,

pero a ilusión dos concursantes non decaíu en ningún momento.

Co espíritu de sacrificio que caracteriza á raza galega, estes homes amosaron a súa valentía arriscándose polo ben do seu armador, en busca de parte desas poucas toneladas de peixe que se empeña en non nadar en augas protexidas. A cambio puideron vivir emociantes situacións nas que puideron aprender dos seus erros e do que vale un peine en xeral. Ainda que, unha vez pasados os momentos máis duros, recoñeceron que a cousa tampouco foi para tanto.

Hai galegos que aínda que nunca gañan, saben estar sempre ai

Mentras, os xuices fixeron a súa dura labor de decidir quén deles era o máis apto para continuar adiante e quen quedaría no camino á fama. Por suposto, o sangue nunca chega ó río e ben chega cunha pequena humillación para que o apartado do grupo aprenda a dura lección. O espectáculo chega ó seu fin, felicitamos ós participantes e xa temos ganas de que o próximo grupo, aínda que máis preparado pola experiencia dos seus compañeiros do ano anterior, sen dúbida nos darán outros momentos de lecer.

Os duros comentarios dos xuices desta edición non conseguiron rachala ilusión dos concursantes

2 Comentarios

Arquivado en Competencias, Feijóo, Humor, Música, Política, PP, PSOE, Uncategorized

dous juapos sobre rodas

Sonche ben fachendosos os carallos deles. A nova clase política galega ven das cidades, juapos, limpos e con estudos. Os fillos dos birretes racharon coas boinas, que aguantan os malos tempos amurallados en Ourense, á espera de que o xuiz se decida dunha vez por todas a inhabilitar ó probe Baltar por ter a lingua máis larga que o outro que ten tan curto.feijoo y rueda

– E ti estás seguro de que esto é o que se leva en Madrid, Alfonso?

– Que sí, Alberto, moita clase e moito estilo berlusconi. Vamos rachar

Eles sábenche de administracións e de cómo se tramita unha subvención, con notario e todo, aínda que chegado o caso ben che poden ser tan rurais como o que máis. Se os hai que nun par de tardes aprenden economía, eles nunha mañá entéranse de porqué as vacas teñen nomes de femia. Valen para todo.MANOS-A-LA-OBRA-4 copia

– E non me di o cabrón do pailán aquel que as vacas sonche todas femias?

– Ostiás

E a cousa da construcción, o eterno modus vivendi galego, o dominan que tira para atrás. Que falta un millonciño de euros? Pois cousas dos funcionarios, que como total cobran igual, pois nin miran. Privatizalos servizos para melloralos rendimentos é o que lle falta a este país para progresar.– Que sí, Alfonso, que o rollo xuvenil está moi ben, pero non tires tanto, carallo

– Cala e sorrí, Alberto, que o voto urbán xe é noso.

Deixar un comentario

Arquivado en Feijóo, Funcionarios, Humor, PP, Uncategorized

Baltar II

Moi Xordo

E eu que pensaba que Jose Manuel Baltar, máis coñecido como “Baltarín”, quería facerse amigo meu no facebook porque me coñecía e apreciaba. Pois non, estou escomenzando a pensar que o fixo, porque nun futuro tiña pensado presentarse a presidente do PP de Ourense, cousa que sempre agochou e ninguén cabilara nela.

baltares

Baltarín pensa así en continuar a labor do seu pai Jose Luis Baltar, eterno dirixente da diputación Ourensana a derradeira diputación estalinista que queda en Galicia. Pra elo como non podía ser doutro xeito, agarda  o apoio dos seguidores e militantes máis fideis o seu pai, que xa mostraron o seu xúbilo polas rúas da capital.

Pero esta decisión non está ceibe de polémica, posto que Ourense é unha das diputación máis pobres de España, eo fillo de Baltar sempre viviu unha vida de luxos, festas, famoseo (Ordia, este fulano ten unha foto con Dani Martín no album persoal !) … mentres a súa poboación vese abocada a miseria ea emigración. Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Baltar, Humor gráfico, Ourense, Política, PP, Uncategorized

É o PPdeG un partido corrupto?

O “bon vivant” do GdeB


Namentres a fiscalía xeral do estado está a configurar un sumario de 50.000 folios, onde mostrase polo miúdo unha trama político-empresarial con raíces galegas, no que temos ameazas, sobornos, chantaxes, corrupción urbanística e tráfico de diamantes de sangue… Todo seguindo os canons da nova forma de crear riqueza da era “neocon”, que tántos beneficios trouxo a todo o mundo.  A Telegaita non podía durmir polas noites e polas tardes porque A Coruña ten mal posto o artigo.

Pero é o PPdeG un partido corrupto ? E se o é, é máis que os outros ? Porque lendo algún xornal non é que sea corrupto, o que pasou e que Fraga e Feijóo salvaronnos dos corruptos “españoles”.  Este e outras cuestión son as que se destilan na nosa ceibe e independente prensa: Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Costumismo, Feijóo, Fraga, Moda, Pachi Vázquez, Parlamento, PP, Urbanismo

qué forte!

Quéforte, quéforte, queforte. Din por aí que che hai moito carjiño do pesoe e do bloque, que tan progres din que son, que te mandan ós fillos ós colexios do opus. Ui, ui, ui, ui, que eles din que son asín tan modernos e tan laicos e logo veña a dicirlles ós fillos que non te xoguen coa palanca de cambios, que para cambiala velocidade hai que tirar sempre da marcha atrás e nada de jomas nin de fuchicar enriba de rapazas nin nada de nada.

jjvazquez copia

Iso sí, na Cámara veña a criticar e a darlle á lingua e a dicir que isto e o outro e, por detrás, palmadiñas no lombo e que ben o facemos con darlle cartos públicos ós colexios que separan nenos e nenas, para que non fodan, que qué outra cousa van querer facer a isas edades? Home, xa postos, poderiamos facer como nos colexios públicos, que para quitarlle as quenturas nada mellor que sacar a calefacción, para que teñan que ir ben tapadiños e non ensinen as bragas esas impúdicas que parecen un fiíño metido polo cu.

tanga mala

E, para que non se diga, aí van os nomes dos mentireiros que non recoñecen que, para estar tranquilos, bromuro e rosario, e así quítase un de preocupacións de que os mozos te anden a ostias en Pozuelo: Por suposto, a primeira, a que está en todolos fregaos, I.P.; logo, a que máis cristos monta cos menores: La E.; por non mecionar a P.V. ou o mesmiño A.Qu., que todo o mundo sabe que zurraba na muller por obligala a mandar ós xemeliños a rezalo rosario.

Máis información no Sálvame ou, o que é o mesmo, na Consellería de Educación.

3 Comentarios

Arquivado en Orgullo gay, Parlamento, PP

o bilingüismo harmónico

Qué tempos, qué lembranzas aquelas na aldea, correndo tras un cadelo pra arrincarlle os pelexos, tirarlle pedras, roubar peras. Os galegos somos así, como din os do Gadis, de aldea, vamos. E os dos Peares como Feijóo saben ben o que hai nas aldeas: moito montuno que non sabe nin ler nin escribir, que tes que escapar a Santiago para mollalo churriño. Bo, ou pra facerte do Opus e pagar a unha Viri que che faga as beiras.

A asistenta que facía a cama, o carniceiro que bebía como un peixe a amosaba os calendarios de peto coas mulleres sen roupa (aí coñeceu por primeira vez a Jesús Vázquez, que poñía cara de noxo), ninguén impoñía o galego e facían todos por falar ben cando se dirixían ó novo Feijóo estudante. Qué tempos!

Nada que ver co de agora, que cando menos o esperas salta un bloqueiro a falar como aquel carniceiro e, por riba, ten o morro de pór mala cara se lle falas como Deus manda. Cando andes co ferro a planchar os calzóns fala o que queiras, pero cando veñas á habitación a traermos, fala ben, joder. Eso é bilingüismo harmónico. Cada un no seu sitio, sen imporse uns ós outros, sabendo cada un onde ter que estar.

E agora que xa temos a proba do nove, aínda hai a quen lle parece mal. Pois a idea é cojonuda e xa está. ¿A quén lle pode parecer mal que se pregunte ós pais, que son os donos dos cativiños? Eles saberán mellor que naide o que lles convén. Ou bollycao ou mazá, ou peixe ou ou macarróns, ou moto ou Ford Fiesta. De toda a vida son os pais quenes deciden. De feito a idea é tan cojonuda que xa a Farjas está a pensar en facer unha cousa parecida para acabar coas listas de espera dos doentes de cancro:

1.- ¿Qué tratamento prefire para sanar o cancro?

Quimioterapia

Rezar á Virxe

Un pouco das dúas

Lévenme fóra de Galicia, por Deus

2.- A súa medicación preferiría que fose:

De efecto inmediato pero mortal

Que so lle salve as partes que trouxo sans

Que decida a Virxe

Que non me faga sufrir moito

3.- Preferiría vostede un médico

Dos de toda a vida, que leve bata

Que beba so a partires das once da mañán

Que sexa simpático

Que teña o título

4.- ¿Está dacordo con que lle fagamos acupuntura?

Non

So se non me doe moito

(Será considerada quimioterapia aquel tratamento que teña un custe axeitado ó burato que deixaron os cocainómanos do bipartito. Os efectos da oración á Virxe so serán atribuibles ó Sergas – Servicio Galego de Saúde – no caso de curación total. Os títulos académicos esixibles ó persoal sanitario serán os mesmos que ós asesores dos conselleiros)

4 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Humor, Lingua, Orgullo gay, PP