Arquivo da categoría: Quintana

A Cidade non é para min.

Rachamuíñas


Os novos tempos que cantaran os bardos da antigüedade son chegados. Non hai marcha atrás xa no nacionalismo galego, agora que no rural xa saben quen é don Anxo, o terapeuta ocupacional de máis caché. O pasado é a burguesía urbana falando galego e reclamando melloras absurdas nas institucións das que dependían as súas subvencións. O futuro do nacionalismo galego ten claro que hai voltar ás esencias, ás raíces onde medrou.

“Fálalle galego” do desaparecido don Manuel. Se el tivo claro que o auténtico espíritu nacional estaba no agro, don Anxo ten claro que é alí onde haberá que ir a rescatalo.

la_ciudad_no_es_para_mi-copia

2 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Humor gráfico, Política, Quintana

Parellas bipartitas e concursos eólicos.

Rachamuiñas, “tan inxeñoso como se agardaría dun habitante do motor económico de Galicia”.


O Touriño cando quere pode ser tan críptico como o que máis, que para algo é o presidente e o que manda, sempre que a Aymerich non lle pareza mal. Cando as cousas se poñen feas, tira de cargo institucional e lembra a tododios que a ultima palabra a ten el, aínda máis, que a derradeira palabra  tena el.

O concurso eólico, lonxe de ser tan conflictivo coma o dos Tonechos, é unha balsa de aceite no que o papel de macho faino o presidente e o vicepresidente é a modélica compañía que sempre volve ós seus brazos. E se hai que vestir de home de goberno, embutido nun apretado traxe de conciliación e boas formas, pois faise, que o Bloque é unha forza moderada por algo.

_


grease-copia1

2 Comentarios

Arquivado en Bipartito, BNG, Economía, Humor, Humor gráfico, Política, PSOE, Quintana, Touriño

Publicidade na AP-9

O Lord protector do GdeB


Anxo Quintana, Deus do vento  e mellor amigo de “La Voz de Galicia”, propón un plan de rescate da concesión da AP-9 para asegurar o control público da Autoestrada do Atlántico despois da recente venda de Itínere a Citigroup, unha entidade sometida no seu país, os Estados Unidos, a un proceso de reflotamento con fondos públicos.

No Galpón de Breogán queremos apoiar esta iniciativa nada oportunista, e reclamamos que se faga axiña, posto que as usuarias e usuarios están en risco de ser invadidos de publiciadade coma esta:

Ou peor inda:

21

Ou peor:

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Autogoberno, BNG, Economía, Política, Quintana

O coitado alcalde friki ourensán

O Cacique do GdeB


O Galpón de Breogán dende o seu sector clásico de “Concellos frikis“, volta a informar do afamafo alcalde popular de Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense, que fixérase famoso en tempos por este video onde encomiaba a laboura de Anxo Quintana, e criticaba o PP eo PSOE por crear unha suposta polémica sobor da política municipal en varios concellos de Galicia:

Agora o seu grupo de concellales, entre os que está a súa propia filla, deíxano plantado ea deriva nas súas difíciles funcións de goberno por estes tempos en Vilamartín, como podemos ver neste video sen desperdicio:

Pobre home !…Pero tranquilos que Manuel Candal, o noso home, ten xa as ideas claras do porque da súa desgraza e do que fará no futuro. A causa do seu mal no foi caer en desgraza para Baltar nin para o CEFOU neste caso: Chámase Nuñez Feijóo, pero a culpa non é del, é do seu pasado socialista, que parece que lévase no sangue e nunca desaparece; e no futuro apostará por un destos partidos tan afíns a súa ideoloxía, e afíns entreles como son BNG e UPyD.

1 comentario

Arquivado en Baltar, BNG, Catástrofes, CEFOU, Feijóo, Municipais, Ourense, PP, Quintana, Surreal

A Victoria de Obama na prensa galega

O Demócrata do GdeB

La Voz de Galicia:

-Entrevista o galego que vive en Kenia, veciño dunha prima, da avoa de Barak Obama.

Análise de Barreiro Rivas: “Obama non trouxo o cambio, o cambio o trouxo a el; o que eu sempre dixen !”

El Pais:

-Declaración do Presidente da Xunta: “Agardo que as relacións cos EE.UU. milloren, produzase unha rucuperación da economía, e que suproña o cricimiento do emprego”

Faro de Vigo:

-Declaracións do Vicepresidente do Celta:”O proceso concursal sigue a bo ritmo, e agardemos que co cambio tamén cheguen pronto os resultados

A Nosa Terra:

O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana considerou a vitoria coma o triunfo da “política con ideas, a política ao servizo da xente“. Neste sentido, apostou por trasladar esta máxima a Galiza: “Os galegos temos que dicirnos a nós mesmos: nós si podemos”.

El Correo gallego:

O Efecto Obama ilusiona a Galicia: Axentes sociais e políticos coinciden en que actuará de revulsivo para sair da crise, e así poder continuar as obras da Cidade da cultura.

La Opinión:

-Francisco Vázquez beneficiase da victoria de Obama, invertindo o que gañou apostando en internet polo candidato demócrata, no concurso eólico.

La Región:

-Baltar alédase da victoria de Obama, e di que si el quere, que está feito o da actuación da banda de gaitas da deputación, na súa toma de posesión.

El Progreso:

Declaracións de Orozco: “A victoria de Obama, éncheme de ledicia, e coido que é unha victoria, da palabra, a razón, a tolerancia, a humanidade, a filosofía, o senso común, a fraternidade, a solidariedade, a poesía, a natureza, a paz, a liberdade, a igualdade, a sabiduría, a vontade, o electroshock, as armas nucleares, a promiscuidade…”

3 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Baltar, Cidade da cultura, Economía, Humor, Lugo, Moda, Orozco, Ourense, Prensa rosa, Quintana, Santiago, Touriño, Vigo

A asemblea de “Quin”

O Conselleiro do GdeB

 

Anxo Quintana é xa o candidato do Bloque a presidir a Xunta de Galicia. 1.314 delegados, máis do 95 por cento, apoiárono fronte a un moi reducido número de votos en contra (38), proba do boicot dos sectores críticos a esta asemblea extraordinaria. Felicitemos entón o enfermeiro máis famoso de Allariz, por conseguir un apoio digno dos grandes líderes galegos e internacionais:

Quintana, Lukashenko, Baltar e Rajoy.

No seu discurso de proclamación, Quintana ofreceu “parabéns por celebrar unha asemblea á galega, con sentidiño e con compromiso co país”. A que se referirá con “á galega”, e que pasa as anteriores eran sen sentidiño, ou e que refirese a que alguén non tiña sentidiño ?…

Un Sr. de Valladoliz, Fraga , Cuiña 1989: “Tan galego coma ti”; e un degustador de vieras.

O voceiro nacional do Bloque insistiu en que a maioría dos cidadáns do país séntense galeguistas. Por iso aposta por levar o BNG a un espazo próximo a esa “maioría social”. O caso é que non todos parecen estar dacordo, e pensan que o bloque “perdeu o norte”, segundo esta este sector do bloque que mestura bandeira soviética e nacionalista:

Deixar un comentario

Arquivado en Autogoberno, BNG, Humor, Independentismo, Política, Quintana

AVE no 2012, de entrada non !

O Lord protector do GdeB

 

Neste día que Galicia ergue, e da unha ducha pra limpar toda esa merda que trouxo o bipartito…Non home que é broma ! Non imos agora amosar o pé do que coxeamos, nin a mesa reservada que temos os xoves a noite en Toñi Vicente.

O caso é, que o Galpón de Breogán quere unha vez máis chamar o pobo galego, a unha rebelión contra os nosos dirixentes. Primeiro vexamos estes apuntamentos, sobor do tema de cabeceira da nosa política destes derradeiros tempos:

Alberto Nuñez Feijóo dice que será “implacable” en la defensa de los plazos comprometidos con el AVE

 Quintana asegura que habrá un plan de inversiones para que el AVE llegue a Galicia en el 2012

 Zapatero garantiza a Touriño que al AVE llegará a Galicia en 2012

O equipo “A”ve (Paritario, por suposto !): Murdock, Fénix, Hannibal e M.A.

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Bipartito, BNG, Economía, Feijóo, Humor, Política, PP, PSOE, Quintana, Sindicalismo, Touriño

CURIOSAS OFERTAS

O Lord protector do GdeB

 

O presidente do partido “pop” galego ofrece o seu apoio o goberno da Xunta, pra crear unha postura común sobre financiamento autonómico, voto emigrante e infraestructuras. Todo isto despois de dicir, que a cuestión do financiamento é unha competición absurda iniciada polo PSOE, que para o voto emigrante non hai escusas e sobra o tempo, non como asegura Touriño, e que ZP non veu a Galicia a aportar nada coa súa visita as obras do AVE.

                                               Comezo dunha xenerosidade mutua ?

Tamén Quintana ofrece o seu apoio eo dos amigos os socialistas, máis concretamente pon enrriba da mesa a colaboración de Galeuscat, como apoio sólido para non afrontar a crise en solitario. Pero para rematar di que o BNG non votará a favor dos presupostos xerais do próximo ano, por que Zapatero incumpliu as promesas feitas a Galiza, e goberna como se tivera maioría absoluta.

Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Autogoberno, Bipartito, Feijóo, Prensa rosa, PSOE, Quintana, Voto emigrante

VENTOS DE PRECAMPAÑA !

O Lord protector do GdeB

 

Nestas derradeiras datas de Agosto, Emilio Pérez paseaba xunto a Jose Luis Rodríguez como dous xubilados decentes calquera, pra ver como ían as obras esas de Magdalena Álvarez, ou como Gerardo Conde a coñece: “A Ministra marimach…” Asemade, decidía  nesa compaña sobor da súa fidelidade a sí mesmo, ou a ZP digo, Pepiñ..digo, o PSO...digo, os galegos e as galegas…

Tamén este verán, Feijóo preocupabase pola crise pedíndolle a Touriño que remate a lexislatura, porque a incertidume feita polo presidente, co tema da data das eleccións agravaba inda máis a crise, que é culpa de Touri por non tomar a medidas axeitadas antes das vacacións. Ademáis, Alberto sacou tempo pra ensinarnos porque o BNG tampouco mola, xa que crea unha rede clientelar igual que o PP... Son malos porque son igual que eles ? Esta pedindo o voto para Touriño ? Este complexo acto positivo de proselitismo o axeitou, engadindo que o PSOE é cómplice desa política por omisión. Todos son malos porque son coma min ? En fin cada un fai o que pode…

Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Bipartito, BNG, Economía, Feijóo, Parlamento, Política, PP, PSOE, Quintana, Touriño, Voto emigrante

NACIONALISMO E BEBIDAS ESPIRITOSAS

O Negro do GdeB

 

O pasado mes, coñecimos as contas do famoso viaxe da Consellería de cultura a Cuba, para fomentar a cultura galega. Aquí en chuza (xa que ultimamente non falan do Galpón o Galpón falará deles !) fanse eco da nova publicada no xornal “La Voz de Galicia”, e comentan:

Iso son ganas de enlear… ¿non é acaso práctica habitual facer agasallos neste tipo de eventos? é do mais normal e apropiado senón queremos ficar como uns cutres…”, e tamén:

Será que á Voz de Galicia parécelle pouco galego convidar a Mojitos aos asistentes aos actos celebrados pola consellaría en Cuba? De todos os xeitos penso que o Mojito foi criado por un galego”

Coido que nestos dous comentarios, se resume a filosofía que de contado imos a tratar: Estando dacordo de que o tema da merenda con mojitos para 100 persoas, saiu coma a mil euros, esta moi claro que a intención “de la Voz” non era, seguir a  coñecida estratexia de acoso e derribo “neocon” de toda a vida, de facer un xuicio moral de cada acto do bipartito, pois claro que non, con ese prezo ! Hai algo máis… Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Emigración, Lingua, Misticismo, Parlamento, Quintana