Arquivo da categoría: Santiago

Canto vale o traballo dun creativo ?

O creativo do GdeB

Nesta nova o novo conselleiro de cultura propón deixar atrás o logotipo do Xacobeo do Bipartito, e voltar o anterior:

xacobeo

Home pois ten razón…Pero o peor non é iso…Quen carallo lle pagou alguén por darlle a volta o logotipo da Conferencia de empresarios de Ourense, e trocarlle as cores ?

3 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Prensa rosa, Santiago

A Victoria de Obama na prensa galega

O Demócrata do GdeB

La Voz de Galicia:

-Entrevista o galego que vive en Kenia, veciño dunha prima, da avoa de Barak Obama.

Análise de Barreiro Rivas: “Obama non trouxo o cambio, o cambio o trouxo a el; o que eu sempre dixen !”

El Pais:

-Declaración do Presidente da Xunta: “Agardo que as relacións cos EE.UU. milloren, produzase unha rucuperación da economía, e que suproña o cricimiento do emprego”

Faro de Vigo:

-Declaracións do Vicepresidente do Celta:”O proceso concursal sigue a bo ritmo, e agardemos que co cambio tamén cheguen pronto os resultados

A Nosa Terra:

O vicepresidente da Xunta Anxo Quintana considerou a vitoria coma o triunfo da “política con ideas, a política ao servizo da xente“. Neste sentido, apostou por trasladar esta máxima a Galiza: “Os galegos temos que dicirnos a nós mesmos: nós si podemos”.

El Correo gallego:

O Efecto Obama ilusiona a Galicia: Axentes sociais e políticos coinciden en que actuará de revulsivo para sair da crise, e así poder continuar as obras da Cidade da cultura.

La Opinión:

-Francisco Vázquez beneficiase da victoria de Obama, invertindo o que gañou apostando en internet polo candidato demócrata, no concurso eólico.

La Región:

-Baltar alédase da victoria de Obama, e di que si el quere, que está feito o da actuación da banda de gaitas da deputación, na súa toma de posesión.

El Progreso:

Declaracións de Orozco: “A victoria de Obama, éncheme de ledicia, e coido que é unha victoria, da palabra, a razón, a tolerancia, a humanidade, a filosofía, o senso común, a fraternidade, a solidariedade, a poesía, a natureza, a paz, a liberdade, a igualdade, a sabiduría, a vontade, o electroshock, as armas nucleares, a promiscuidade…”

3 Comentarios

Arquivado en A Coruña, Baltar, Cidade da cultura, Economía, Humor, Lugo, Moda, Orozco, Ourense, Prensa rosa, Quintana, Santiago, Touriño, Vigo

O gran irmán Bugallo

Rexencia e familia

 

A xustiza paroulle desta vez os pés a Sánchez Bugallo, pero… Modernas compostelanas e mafia do garrafón  en xeral, non pensedes que isto rematou. Porque o gran irmán, pensa voltar a vixiar os vosos movementos ! 

O malo de todo isto, e que a TVG xa tiña previsto un novo programa de telerealidade, encargado os autores da “Casa de 1906“, onde Galicia enteira podería ver durante todo o día o que sucedía nas rúas de Santiago: Que fan Fernán Vello e Antón Reixa cando van os servicios do CEGAC ? Que piden pra cear hoxe en Toñi Vicente, Anxo e Emilio ? Quen ten esta noite o flequillo máis “cool” do Ruta 66 ?

Os pais poderían ver as esmorgas universitarias dos seus fillos, con quen anda ese parente teu funcionario…Todo un mundo de novas posibilidades pra achegar a nosa capital a todo o país, e un éxito de formato televisivo internacional exportable o carallo ! Quen quere dereitos humáns, podendo ter cartos e diversión a esgalla ?

Deixar un comentario

Arquivado en Audiovisual, Funcionarios, Humor gráfico, PSOE, Santiago, Seguridade, TVG, Urbanismo

O FLG detrás das vieiras contaminadas

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Blogs, Catástrofes, Costumismo, Economía, Moda, Santiago, Seguridade, Surreal, Terrorismo, TVG