Arquivo da categoría: Surreal

asemblea extraordinaria

Carlos Aymerich, de Máis BNG; Rafa Villar, de Máis Alá; Guillerme Vázquez, de Alternativa pola Unidade e Xosé Manuel Beiras dos Irmandiños reúnense nun apartado do Pazo de Congresos de Santiago. Os tres presentan facianas serias, desconfiadas. Ninguén mira para a cara doutro.

– Xa saíches de misa, Carliños? – pregunta o barbado.
– Me cago no Foro de Porto Alegre, Beiras, mal empezamos – respóstalle un cabreado Aymerich.
– Bo, compañeiro, non te poñas así, que seguro que o compañeiro Beiras está de troula, ¿non sí? – intercede Vázquez botándolle unha mirada asasina a Beiras.
– Sí de troula, pero o Foro non mo toques, para un movemento anticapitalista e antiimperialista que queda no mundo en defensa dos pobos oprimidos …
– ¿Pero ves como non fai máis que provocar? – berra Aymerich, agora totalmente fóra de si – Dille que pare ou non resposto.
– Non estamos aquí para falar diso, Beiras, contrólate.
– Tí non estás aquí para iso, estás para crear unha macroestrutura de poder alonxada das bases, auténticas forzas proletarias motores do cambio …
– Me cago en Castelao, nos Irmandiños e en Ferrín, para xa, ostia – di Vázquez.
– Así sí, ¿ves?, temos un punto de encontro – Beiras acouga a respiración, xa axitada a estas alturas – aver, ¿pensaches na miña proposta?
– Mira, Beiras, por moito que te poñas, nin Francisco Rodríguez vai dar o seu discurso vestido de cabareteira nin Aymerich de primeira comunión, por ahí non pode pasar o movemento histórico galeguista – di Vázquez.
– Pero mira que o bermello lle senta moi ben a Rodríguez. E non ten porque levar perruca.
– Que non, Beiras, que iso son personalismos que non veñen ó caso. Estamos aquí para salvar Galiza.
– Ah, sí, Galiza, pois mans á obra, ¿cándo renunciades todos e me deixades facer?
– Xa tiveches a túa oportunidade, vello, retírate e deixa lugar ós novos tempos, o galeguismo do século XXI, a apertura ás novas capas da sociedade, hai que falar ós novos galegos… – proclama Aymerich.
– Sí ós vellos que raptas para que Quintana lles bote o rollo, non digas máis.
– Utilizas os argumentos do inimigo – corta a conversa Vázquez – isto é inadmisible.
– Tí sí que utilizas as estratexias da bicha – ataca Beiras.
– Así non imos a ningures – intercede Aymerich – hai que pórse mans á obra e traballar todos xuntos polo BNG
– BNG, BNG, BNG, … pum, crash, compañeiros – murmura Rafa Villar, que ata entón estivera mirando ó chan.
– ¿E a iste qué lle pasa? – pregunta Beiras.
– ¿A Villar? Nada, ¿non é sempre así? – di Aymerich.
– Patacrash, toma Prisa, mafiosos, que sodes pior que Forza Nova, fascistas, reaccionarios – balbuce outra vez Villar.
– Qué ben me cae este tío – di Beiras.
– Bo, xa está ben, non perdamos máis o tempo – métese Vázquez – A ver, Aymerich, facemos o noso, ¿non? Con esa cara non esperarás sair nos carteis. Terías que solucionalo teu ventre antes diso, así que xa está decidido, quedo eu, que son un rostro paternal, pero decidido.
– Eu pensaba que o meu rictus dábame un aire de emperador romano – mágoase Aymerich -. A Táboas gústalle moito – sonróxase.
– Bueno, carallo, o reparto de poder faise contra as bases, o agrarismo labrego e mariñeiro vai berrar contra vos, o proletariado e as bases da intelectualidade urbana levantaranse nas barricadas da acción común …
– Que sí, Beiras, que sí, entón qué vas facer, ¿quedas ou marchas? – di Vázquez – que temos presa, que isto está alugado so para a fin de semán.

Beiras mira cara fóra, onde os militantes reúnense en grupos, principalmente ó redor da cafetería. Pecha os ollos e pensa “levantádevos, levantádevos”. Volve abrir os ollos e di:

– Pois quedo, joder, quedo.


asemblea

Advertisements

4 Comentarios

Arquivado en BNG, Política, Surreal

Política territorial & Medio Ambiente

O Director Xeral do GdeB

Que o novo Superconselleiro, algo así como Super Piñeiro pero en serio, adicábase non fai moito a facer favores dende a administración pública as empresas amigas onde prestou servizos…Que a consellería de esnaquizar o territorio, é a mesma que debía de protexelo…

gran-circo-feijoo-saluda-a-franco-22x16

Publicidade

Que carallo importa ! Total as leis do Bipartito eran absurdas. Por certo, a nova lei de costas xa se lle está encargar a Pescanova, ea de solo a Fadesa.

Deixar un comentario

Arquivado en Economía, Feijóo, Política, PP, Surreal

Subvencións e pornografía en Lugo.

O Lord protector do GdeB


A concelleira do grupo municipal do BNG de Lugo, Paz Abraira, o parecer volta a protagonizar un capítulo de loita contra a explotación da muller ea igualdade, ou contra tratar as mulleres coma obxetos, ou os obxetos como mulleres…

O caso e que depois do tema polémico da caravana de Cervantes, onde aseguraba que a visita dunhas mulleres nun autobús, o pequeno concello, era “tratar as mulleres coma gando”. Agora denunciou a subvención dunha empresa luguesa adicada os servizos informáticos e de internet, por parte do Concello, asegurando que ten como actividade “a promoción da prostitución en Lugo“. A coitada empresa que non quere competir coa mafia búlgara, sacou un comunicado aclarando que só adicase, o diseño de páxinas “web” e servizos informáticos.

Vendo o éxito ea claridade desta política, a hora de buscar inxustizas e denuncialas, só nos queda animala a facer unha denuncia que chegue dunha vez a sociedade, e remate así coa verdadeira explotación da muller, que prodúcese con mellor éxito nos clubes de alterne que poblan a nosa terra, e nos xornais mellor subvencionados de toda Galicia. Ou é que Paz non decatouse dos bares luminosos conducindo pola noite, nin das páxinas do medio dos xornais, será porque están en castelán ?

Pero non pasa nada, pra iso xa estamos nós, e grazas o noso coñecemento diario e puntual da actualidade, suxerímoslle a nosa concelleira favorita, que secuestre a Anxo Quintana na Vicepresidencia de Benestar, que adícase os temas estos de familia, muller e xuventude. E reclame a presencia de Ana Rosa Quintana (Por ter unha maior repercusión mediática, e ser o estilo lugués), para liberar o seu líder e que rematen estas verdadeiras inxustizas.

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Humor, Lugo, Municipais, Política, Prensa rosa, Surreal

O coitado alcalde friki ourensán

O Cacique do GdeB


O Galpón de Breogán dende o seu sector clásico de “Concellos frikis“, volta a informar do afamafo alcalde popular de Vilamartín de Valdeorras, provincia de Ourense, que fixérase famoso en tempos por este video onde encomiaba a laboura de Anxo Quintana, e criticaba o PP eo PSOE por crear unha suposta polémica sobor da política municipal en varios concellos de Galicia:

Agora o seu grupo de concellales, entre os que está a súa propia filla, deíxano plantado ea deriva nas súas difíciles funcións de goberno por estes tempos en Vilamartín, como podemos ver neste video sen desperdicio:

Pobre home !…Pero tranquilos que Manuel Candal, o noso home, ten xa as ideas claras do porque da súa desgraza e do que fará no futuro. A causa do seu mal no foi caer en desgraza para Baltar nin para o CEFOU neste caso: Chámase Nuñez Feijóo, pero a culpa non é del, é do seu pasado socialista, que parece que lévase no sangue e nunca desaparece; e no futuro apostará por un destos partidos tan afíns a súa ideoloxía, e afíns entreles como son BNG e UPyD.

1 comentario

Arquivado en Baltar, BNG, Catástrofes, CEFOU, Feijóo, Municipais, Ourense, PP, Quintana, Surreal

CORRUPCIÓN NA XUNTA

O Bencomún do GdeB

O vicio ea corrupción apoderáronse do goberno de Galicia en plena crise, é un segredo que escoitase a berros polas rúas galegas. Emilio Pérez Touriño non é outro, que o “mesías” desta orxía continua de queima de cartos, o puro estilo das grandes estrelas de rock: Coches caros, mesas de billar e outros caprichos no despacho, centos de becarias polas consellerías de dudoso “curriculum”…O tema dos “mojitos” non achégaselle nin de lonxe, porque todos sabemos que detrás de todo socialista, agochase ese catedrático morto de fame, que busca poder acadar os praceres, que só as clases altas de toda a vida mercemos, e podemos controlar sen levar a ruina a nosas vidas.

Un membro do Galpón de Breogán, através dunha das súas moitas admiradoras, atopou a proba definitiva, que amósanos o nível de corrupción do noso presidente. No documento que podedes ver de seguido, que pasou os máis duros filtros antimontaxe, aparece o Señor Touriño en compaña dun icono “progre” do mundo da cultura, (que todos sabemos que teñen dúas caras) coa compaña adicional dunhas señoritas de dudosa ocupación: Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Bipartito, Catástrofes, Costumismo, Funcionarios, Humor gráfico, Política, PSOE, Surreal, Touriño

O FLG detrás das vieiras contaminadas

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Blogs, Catástrofes, Costumismo, Economía, Moda, Santiago, Seguridade, Surreal, Terrorismo, TVG

A VOLTA DO DR. FRAGA

O Lord Protector do GdeB

 

O Doutor “honoris causa” Manuel Fraga o sábado 30 en Soutomaior, nun acto dos populares, voltou subirse a tribuna de orador, e como nos ten afeitos viaxou no espacio e no tempo…

Despois de afirmar alí que os nacionalistas periféros, son traidores a Constitución e a España. Tamén tivo tempo de conceder unha entrevista a un diaro, na que recordou vellos tempos e o bo que era Franco: “Con Franco siempre era posible entenderse. A pesar de todo, era un hombre muy inteligente. Fue el primero que entendió que había que meter a la derecha en el redil democrático, que había que ponerse en el siglo XX y no se podía mirar atrás”

Tras mostrar a súa admiración polo dictador ea súa intelexencia, porque foi o primeiro en darse de conta diso (Ostia, como serían os outros, incluido o propio Don Manuel !). Non se descartan novos viaxes no espacio e no tempo, nos que o regreso dirá que con Franco se vivía mellor (Ou polo menos el), que o Partido Popular foi idea de Franco, que usar condón deixache cego, que Pinochet era un bo rapaz…

3 Comentarios

Arquivado en Fraga, Gafapastismo, Humor, Política, PP, Surreal