Arquivo da categoría: Terrorismo

O FLG detrás das vieiras contaminadas

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Blogs, Catástrofes, Costumismo, Economía, Moda, Santiago, Seguridade, Surreal, Terrorismo, TVG

A NOVA ESTÉTICA DA UPG NON GUSTA A TODOS

A Rexencia Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Orgullo gay, Política, Surreal, Terrorismo

A xungla de formigón (Build High or Die Hard)

por Viriato (que lle pide perdón os lectores de feeds por ter subido o texto en dúas tandas) 

30 de xaneiro de 2008

Como xa está moi visto o rollo de chamar ós amigos para que apoien a Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a súa curmá, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, decidiron combater o constante ruxe-ruxe de críticas malintencionadas contra a Marabilla do Gaiás dun xeito clásico, pero sempre efectivo, con actos públicos. Hai dous meses inauguraron o primeiro retrete funcional do mastodóntico complexo. Hai tres semanas, recibiron o premio da Asociación de Condutores de Retroescavadoras ao proxecto máis perseverante. E hoxe, montaron unha festa all night long para celebrar a chegada do primeiro xornal á Hemeroteca de Galicia (que aínda non ten paredes, pero si estantes). Habendo viño e paparota gratis, todos os persoeiros do mundo da cultura, todos os políticos dispoñibles e o propio Arquitecto-Pai, Peter Eisenman, acudiron cal ourensáns a unha convocatoria de oposicións.

Así a todo, Bugallo & Bugallo esquécense convenientemente de invitar a algúns dos seus máis temibles rivais políticos. Nada de opositores que escarallen a velada. Pero un deles non está disposto a renderse. Gerardo Conde Roa, heroe compostelán, Paladín da Cidade da Cultura, non esta disposto a quedar fóra e cólase campo a través, cunha bermuda e unha camiseta da súa campaña. Non é a primeira vez que fai algo así.

Xusto cando o heroe Roa ía irromper na sala dos canapés, unha malvada célula de islamistas vascos planeaba atentar esa mesma noite, axudados polo detractor da Cidade da Cultura, ese que asinou cartas en apoio de De Juana Chaos e roubou lambetadas na tenda do barrio cando era pequeno. O seu xefe e un misterioso enmascarado e as súas malvadas mentes, celosas da grandeza da Magna Obra Compostelana, matinaban secuestrar a Eisenman para que construíse unha igual no deserto de Arabia (pero con mesquita en vez de Palacio de la Ópera).

Nun eficaz golpe de man, os terroristas vascoislámicos dinamitaron a única estrada de acceso ó Gaiás e soltaron cans adestrados para matar polo contorno do monte, convertendoo nunha inexpugnable fortaleza natural. Ademais, coa axuda dun funcionario traidor da Dirección Xeral da Sociedade da Información, construíron un dispositivo electrónico baseado en autruxos ultrasónicos para deixar sen cobertura ós móbiles. Con toda a cúpula política e cultural como refén, ninguén podía parar os malvados produtores de terror…

Agás o home co que non contaban:

Conde Roa corre polas célebres torres de formigón mentres lle disparan dende un helicóptero. Parapetado tras unha columna, recolle un pedrolo do chan e llo guinda o aparello voador, con tanta sorte que lle da no rotor de cola e o desequilibra. Mentres se estrela contra a outra torre, Conde Roa berra: “¡Santiago y Cierra España!

ATENCIÓN-SPOILER-ATENCIÓN-SPOILER

O misterioso xefe da máscara, sube a Einsenman, atado de pes e mans, á parte traseira dun todoterreo. Saca un mando a distancia do peto da chaqueta e di: “Agora, Peter, iremos a Arabia, pero antes ¡Volarei todo isto para que a nova Cidade da Cultura non teña competencia!”.
Nese momento, Conde Roa salta de detrás dunhas silvas e derríbao, dicindo: “Ninguén lle toca ao Gaiás sen o meu permiso”. Na loita, o enmascarado perde a máscara e…
… ¡E Xesús Pérez Varela!
“¡Coño, Suso! ¿Pero ti?”, di Conde Roa. “Saquei moitos cartos con todo esto…” di Pérez Varela. “E xa lles temos vendida a mesma idea a un xeque amigo meu”, di Peter Eisenman, que acaba de soltarse das súas ataduras falsas, mentres golpea a Conde Roa e o deixa inconsciente.

¿Terán éxito no seu malvado plan? A resposta, o ano que ven en todos os cines da lusofonía.

Deixar un comentario

Arquivado en Surreal, Terrorismo

O ciclismo galego, vítima do terrorismo españolista

Por Frouxeira

O percorrido da Vuelta Ciclista a España por terras galegas debía servir para fortalecer a amizade galaico-hispana, mais nestes primeiros días as accións terroristas dunha perigosa organización da extrema dereita española están malogrando a fraternidade na carreira. A violencia españolista elixiu a tirada con saída en Allariz e chegada a Santiago de Compostela para facer acto de presenza, enlamando un día no que se conmemoraba a traxectoria política do actual Vicenpresidente da Xunta, o líder nacionalista Anxo Quintana, anterior alcalde de Allariz.

O atentado consistiu nunha caída provocada a dous quilómetros de meta, nas mesmas rúas compostelás, xusto diante dun dos bastións da Vicepresidencia: o Fogar de Maiores da Porta do Camiño. A agresión buscaba lesionar a algún dos ciclistas galegos en competición, sendo Óscar Pereiro (gañador do Tour de Francia 2006) e Carlos Castaño (un dos líderes do equipo Karpin Galiza) os dous corredores máis afectados.

Os coñecidos lazos entre Pereiro e o independentismo galego, nada disimulados nestes primeiros días de carreira (onde se alternan na estrada as pintadas de “Ánimo Pereiro” e “Independencia”), pudieron ser a causa de que se lle sinalara como obxectivo principal. Por sorte, o atentado só lle provocou fortes contusións na cadeira, sendo Carlos Castaño o peor parado da caída, cunha subluxación no ombreiro dereito.

Fontes policiais fixeron públicas as súas sospeitas de que a Vuelta Ciclista está sendo víctima das accións dunha rede de axentes infiltrados, tanto na organización como entre os corredores. Só así se pode explicar a realización dun atentado tan ben preparado, sen que se poida identificar con claridade aos seus responsabeis.

Segundo o voceiro do corpo policial, a caída estivo provocada por unha acción triple. Primeiro, por alguén que manipulou o percorrido levándoo ate a perigosa Costa das Rodas. Logo, por un segundo axente que eliminou as medidas de seguridade necesarias para garantir o xiro do pelotón en perfectas condicións. Por último, recoñeceu a posibilidade de que algún dos corredores implicados na caída actuase como detonante lanzándose el mesmo contra algún dos obxectivos.

Segundo algunha das testemuñas, este topo infiltrado podería ser Koldo Fernández, ciclista do Euskaltel-Euskadi e posíbel axente dobre a ambos bandos do conflito basco, aínda que falta por demostrar a súa pertenza a banda armada. Non faltan voces dentro do pelotón que defendan a súa inocencia, como a do seu compañeiro de equipo Alan Pérez, quen argumenta que se tratou dun simple enganche entre corredores.

A sospeitosa caída e posterior retirada ao día seguinte do líder do Euskaltel, Haimar Zubeldia, complica as investigacións. Chegado este punto, hai quen suxire a posibilidade de que estes sucesos poidan ser o preludio dunha inminente conflagración multilateral entre os distintos pobos do estado español.

3 Comentarios

Arquivado en Independentismo, Terrorismo

Como pasou o Día da Patria…

… Gerardo Conde Roa:

Convidando aos seus amigos chineses maoístas a unhas copas no Leblón, onde algunha mala alimaña lle escoitou dicir: “Núñez Feijoo é un tigre de papel“. Os maoístas asenten e, educadamente, preguntan: “Cando ides dar o Gran Salto Adiante en Galiza? Canta xente tedes prevista que morra de fame? Enviaredes aos intelectuais ao Courel durante unha década?” Conde Roa sorrí, imaxina, asente. Soña. “Si, si, si…“. Dálle un grolo ao seu cubata e pensa con ollos lúbricos naquela moza de Novas Xeracións…

… Abel Caballero

Canción popular

Un alcalde de Vigo foi gobernar pero non podía gobernar porque ás obras e aos funcionarios non tiña con que pagar. Así pagaba así así, así pagaba así así que eu o vin. (Disque tamén o viron onda o Apóstolo pedindo volver á oposición Señor, isto de gañar dáseme moi mal )

…O CEFOU (Corpo de Elite de Funcionarios de Ourense)

Conversación gravada polos servizos de intelixencia nun polígono de San Cibrao das Viñas. Fala, nun tono exaltado e coa cara maquillada, o Supremo Xefe de Servizo arrodeado de armas e funcionarios vestidos con faldas escocesas.

“Poderán quitarnos os complementos salariais, poderán obrigarnos a traballar, a xustificar a existencia da nosa praza, a ter a cualificación axeitada para o noso posto … pero o que nunca nos quitarán será a praza!!!!!!!!!!!!!!!!!!!”

Nese momento hai un estourido de berros e tiros ao aire. Intelixencia non descarta unha accción militar a grande escala en combinación coa Banda de Gaitas de Ourense.

Almanzor:
No verán do ano 997, o caudillo andalusí alcumado O Victorioso asediou Santiago de Compostela nunha expedición de castigo ós reinos cristíans. Cara o 25 de xullo (día máis, día menos), asaltou a cidade e roubou as campás da catedral. Logo fixo que esclavos cristiáns cargasen con elas todo o camiño de Compostela a Córdoba, onde quedaron gardadiñas 200 anos ata que Fernando III de Castela, alcumado O Santo, levounas de volta a lombos de esclavos musulmáns.

Almanzor pasou todo o día de onte removéndose na súa tumba e lamentando que, 1010 anos despois, ningúen lembrase a súa fazaña. Se houbese algunha xustiza poética no corazón dos homes, as campás da catedral xa estarían de volta en Córdoba.

E xa de paso, que leven aló sepulcro e que lle fagan alí a ofrenda. Os andaluces están máis acostumado a esas cousas relixiosas e de seguro que lles dá menos repelús. ¡AL-MAN-ZOR! ¡PATRIOTA GALEGO!

…Ana María Ríos

-É aí La Voz de Galicia?
-(…)
-Mira, son Ana María Ríos.
-(…)
-Non, pailán. Esa é Ana María Matute. Eu son a peluquera de Interviú. Lembras?
-(…)
-Que non, carallo!!! Esa é Raquel Mosquera!!! Pásame ao teu xefe, anda. E culturízate, rapaz, faime o favor. Que mal ten feito a ESO a este país. Meu Deus.

(Pasan 5 minutos)

-A ver, son Ana María Ríos. Teño unha proposta que non podedes rexeitar. Aproveitando o novo deseño e o día patriótica, que vos parece unha portadiña, non sei… Eu coa bandeira galega bordeando os meus tersos e galaicos peitos? Ou cunha camiseta axustada tipo Yolanda Castaño?
-(…)
-Unha entrevista breve na edición local de Vigo? Só?
-(…)
-A túa muller deixará de ter suculentos descontos. Eres consciente?
-(…)
-Peor para vós. Cando me volvas ver en Interviú, lamentarás a túa decisión. Ata logo.

Colga. Mentres dá os últimos brochazos ás novas instalacións, queda pensando no difícil e pouco rendible que é facer país cuns medios de información tan politizados. Unha mágoa.

…Antón Losada

Un home con barba falsa e melena frondosa pasea polas instalacións administrativas da Xunta en San Caetano. Nunha primeira ollada parécese a alguén coñecido, pero non é posible porque xa foi detido días antes. Os seus pasos fan eco. San Caetano está deserto un 25 de xullo ás doce de mañá, momento no que o nacionalismo militante ruxe nas rúas de Compostela, e o non militante durme a mona na cama.

De súpeto, o Secretario Xeral e de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (nome en clave: SXRIVIB) saca un martelo, espátula, pintura e uns novos carteis indicativos.

-Rash, rash, rash… (son da espátula)
-Pum, pum, pum… (son do martelo)

Ao sair, o alto cargo da Xunta SXRIVIB queda ensimismado vendo a súa obra. Aproveitando a ocasión, déixalle unhas cantas bombas fétidas no despacho de Méndez Romeu, pero tropeza co busto de Sir Paco Vázquez que preside a estancia.

-Auchhh! Me cago en Vicente Risco e no Grupo Prisa, sempre fago igual, recoño!

Ugío Caamanho:
Así
.

5 Comentarios

Arquivado en Baltar, Día da patria, Funcionarios, Losada, Ourense, Terrorismo, Vigo

Galpón de Breogán pide o boicote para Galpón de Breogán

Por Breogán Salceda

Blogovaca

 

O contubernio megalomaníaco Galpón de Breogán non cabe no seu asombro dende que descubriu que no deturpado ranking de blogues de Blogaliza o portal onde damos renda solta á nosa demencia ocupa un lugar superior á web Si home si. Escrita polo celebre, e non por iso mal profesional, Xosé Manuel Pereiro (no vídeo tocando a guitarra), xornalista que colabora coa Opinión de Ah! Coruña e El País Si home si sempre foi fonte de inspiración, éxtase e deleitación dos membros de Galpón. En non poucas ocasións nos reunimos ao redor dun lumeiro, un carneiro espeto e ouveamos mentres parafreasabamos a sá retranca e clarividencia de sensei Pereiro.

 

Ocupar o posto 27, 5 por riba desta mentre preclara (e que conste que o dicimos sen ironía), é a para nós a peor das manifestacións do Complexo de Edipo. Algo así como matar ao noso pai espiritual. Tal inxustiza ríllanos por dentro, sendo nun país civilizado unha acción sanguenta e cruel a única resposta honorable. Mentres agardamos a que o advenimento da Nazón Celta nos civilice solicitamos o boicot a Galpón de Breogán. Borrade todas as ligazóns a este portal e substituídeas por referencias a Si home si.

 

Por se non vos parecen razóns suficientes. Galpón, que fai apoloxía do xenocidio, o autoodio, o terrorismo, o mal, e os nacionalismos galegos e españois nunha liña pacífico-belicista, tamén ten a ousadía de superar nesta lista a outras webs de referencia como o bravo Suso Lista, percebeiro do Roncudo (posto 28), a web mística de onde os xornais galegos obteñen (copian) as súas receitas de cociña (Galicia Gastronómica posto 29), o blogue persoal do tío máis chuzado de Galicia (Berto Yáñez 31), o punto de información do colectivo de banda deseñada galega BD Banda (42), un pioneiro como ModestoWeb (47) ou a nobre ONG Gafapasta Cineclube Compostela (48).

 

Se no prazo de tres lúas celtas Si home si non nos supera nesta vergoñenta listaxe procederemos a sacrificar a todos os primoxénitos varóns dos secretarios xerais dos partidos independentes dos concellos de Galicia. E cando acabemos comezaremos cunha campaña de terror e cartas bomba que enviaremos a edificios emblemáticos coma o Pazo do Rei das Tartas de Mondoñedo, os Furanchos de Cangas, a base aérea do Monte Iroite e o chalet de Manuel Cabezas.

4 Comentarios

Arquivado en Blogs, Embigo, Gafapastismo, Misticismo, Terrorismo

ETA foi a autora intelectual do atentado frutado en Compostela

Polo Parvo de Cela

Galpón de Breogán destapa en exclusiva a trama de mentiras e enganos que levaron a ocultar a participación da banda criminal ETA no atentado frutado do pasado sábado.

Antonio “Yo no vivo en estrecheces” Campo Fernández, alcalde de Ortigueira: Máis coñecido por este vídeo ca por ser un empresario de éxito ou alcalde dunha localidade das rías altas, trátase dun individuo con capital e medios para dotar de infraestrutura unha acción deste tipo. Téñase en conta que a fin de semana pasada o Festival de Ortigueira celebrou a súa última edición. Esta celebración constitúe unha fonte de ingresos tremendamente importante para a vila e cohesiona a Galicia nun acto de reivindicación das súas raíces celtas.

Ideólogo da Nazón CeltaAntón Losada, manipulador oficial da Xunta de Galicia:Aparte de enfrontarse a policía cara a cara Losada soña coa creación dunha Nazón de Breogán Pancéltica que aumente as competencias do Bloque en materias como exército ou duidrismo. Esta liña de pensamento tamén encaixaría coas súas tendencias megalomaníacas. Polo tanto un pacto Losada-Campo Fernández encaixaría de cheo nunha estratexia celtificadora que daría beneficios económicos a través do turismo e o merchasdising ao alcalde e a creación dun estado independente con Capital en Ortigueira. Basta recordar as declaracións de Losada na exposición Nazón de Breogán, coincidindo, curiosamente coa celebración do festival.

Losada destacou que plasma “o mesmo espírito” que o Festival de Ortigueira: os fitos do celtismo, a irmandade entre as sete nacións de Galicia, a gaita convertida en instrumento nacional ou a música celta”

Perroflautas tocando o narizOs Perroflautas, tribo urbana: Os perroflautas, unha das tribos urbanas máis desprezadas pero tamén das máis influíntes dado que a maioría proceden de familias de alto poder adquisitivo. Son os auténticos reis do Festival de Ortigueira e exercerían como exército de Losada-Campo Fernández sucedendo a míticos heroes celtas como Ith ou Breogán. Os seus cans, outrora entrenados para aloxar pulgas e durmir a sesta, convertiríanse en máquinas de matar ante o primeiro asubío dos seus donos. O seu papel no atentado consistiría en transportar o explosivo.

Pocholo, o experto en mochilasPocholo Martínez Bordiu, xenio da comunicación/drogadito: Despois de cambiar a televisión tal como a entendíamos en Hotel Glam Pocholo Martínez Bordiu leva unha vida máis ca relaxada a fronte de programas de dubidoso éxito en La Sexta. Lembremos o seu orixe aristocrático e o seu parentesco por casamento con Francisco Franco polo que aceptaría de bo grao unha Nazom na que todas as fins semanas se celebrase un festival folkie e puidese fumar porros a gusto.

Aínda que na futura Nazom de Breogán podería exercer como intelectual orgánico, nesta ocasión ofreceu os seus coñecementos como experto en mochilas indo, persoalmente, a comprala e proporcionándolla aos perroflautas.

Gerardo Conde Roa, cantautor mao�staGerardo Conde Roa (si! outra vez el!), cantautor maoísta e opositor santiagués: A antigua sede da súa campaña electoral, agora unha tapadeira do maoísmo internacional, atópase a uns 50 metros do lugar do atentado. Casualidade? Posiblemente Losada prometeulle ser líder da oposición da futura Nazón de Breogán que, como cae de caixón, é bastante máis ca selo dunha simple cidade.

ETAOs indicios da presenza de ETA pola súa banda son evidentes: turistas vascos a pasear pola zona en pleno xullo, Festas de San Fermín, restaurantes vascos, eleccións no Athletic. Sen dúbida eles aportaron a idea de crear unha Nazón de Breogán igual que foron os vascos os que introduciron a industrialización en Galicia. Xa ven, todo o malo ven de aí.

Deixar un comentario

Arquivado en Terrorismo

O misterioso caso da mochila

por Viriato

7/7/07. Praza de Galicia. Santiago D.C. 14.00 horas.

Patrulleiro da Policía Local: Axente Souteliño a central. Souteñilo a central, cambio.
Central: Adiante, Souteliño, cambio.
Patrulleiro: Coido que teño aquí un 10-6
Central: ¿Un ataque de cuxos carnívoros? ¡Hai anos que non se vían!
Patrulleiro: Err… non. ¿Cal era o código para “mochila sospeitosa”?
Central: 10-12, novato.
Patrulleiro: Pois iso. Só teño unha dúbida.
Central: ¿Cal?
Patrulleiro: ¿Como se distinque unha mochila sospeitosa doutra que non o é?
Central: ¡Pero rapaz….! ¿É que non vos ensinan nada na academia? Nos meus tempos, nos grises…
Patrulleiro: Si, si, xa, pero é que non fai tic-tac-tic-tac nin nada.
Central: A ver, dime. ¿Ves algunha bolsa do Eroski?
Patrulleiro: Non.
Central: Logo non é ETA ¿Versículos do Corán ou cintas de cassete en árabe?
Patrulleiro: Tampouco.
Central: Logo non é o Osama ese. ¿Ten bordados de Moncho Reboiras?
Patrulleiro: Err… non.
Central: ¿Estaba dentro dunha pota exprés?
Patrulleiro: Non, coido que o tería notado…
Central: Logo non foron os de Resistencia Galega. ¿Ves que doado? Non é sospeitosa.
Patrulleiro: Psa, ó único que lle vexo é un letreiriño que pon “Don’t leave me”.
Central: ¡Meu Deus! ¡Son os do IRA Auténtico! Chama ós Tedax, que eu vou avisar ó delegado do goberno…

7/7/07. Rúa do Preguntoiro. Santiago dC. 13:00
Johnny Perroflauta: Ei, neno, ¿xa volviches de Ortigueira ¿ei?
Charlie Damuneuro: Ya te digo.
Johnny: Bua.
Charlie: Bua.
Johnny: ¿E que tal?
Charlie: Guapo, guapo, colega. Me vine antes porque el perro me cogió diarrea de comer pan bimbo, pero guapo.
Johnny: Iso din, neno.
Charlie: Hasta me encontré una mochila cojonuda por ahí tirada. Iba llena de fruta hasta arriba.
Johnny: Bua.
Charlie:Bua.
Johnny: ¿Dasme un plátano?
Charlie: Bua, toma, aguántamela un rato mientras llevo al chucho a urgencias. Pero no me la pierdas ¿eh?
Johnny: No, neno. Yo soy un tío responsable…

7/7/07. Exposición Nazón de Breogán.Ortigueira (A Coruña). 11.00 horas. Antonio Campos: ¡Losada, cometeches un grave erro ó entrar no meu territorio!
Antón Losada: ¡Groar!
Campos: ¡O rollo celta é parte da miña imaxe de marca electoral! ¡Non podes vir a estropearmo con estas merdas de exposicións!
Losada: ¡Os celtas son Bloque, pepeiro do carallo! ¡En nome do rollo nostálxico voute partir as pernas!
Campos: ¡Non o creo! ¡Pocholo!
Pocholo Martínez-Bordíu: Dimedimedimedime.
Campos: ¡Saca o napalm da mochila!
Pocholo: ¿Napalm? ¿Napalmnapalmnapalm?
Campos: ¿Non tes o napalm?
Pocholo: ¡No! ¡No tengo napalm! ¡Tengo fruta!
Campos: ¿Fruta?
Pocholo: ¡Hay que cuidarse, tío!
Campos: Pero serás….
Achégase a pocholo, dalle un capón, quítalle a mochila e guíndaa pola fiestra.
Losada: ¡BWA-HA-HA! ¡Estas indefenso!
Campos: Non creas. Haberá que amañar isto ó vello estilo…
Mete a man no peto e quita unha presa de billetes de 500 euros.
Campos: Douche cinco destes e ti deixas ben claro que o Festival Celta e Nazón de Breogán son cousas irmanadas.
Losada: Vale, trato feito.

5 Comentarios

Arquivado en Surreal, Terrorismo