Arquivo da categoría: Touriño

VENTOS DE PRECAMPAÑA !

O Lord protector do GdeB

 

Nestas derradeiras datas de Agosto, Emilio Pérez paseaba xunto a Jose Luis Rodríguez como dous xubilados decentes calquera, pra ver como ían as obras esas de Magdalena Álvarez, ou como Gerardo Conde a coñece: “A Ministra marimach…” Asemade, decidía  nesa compaña sobor da súa fidelidade a sí mesmo, ou a ZP digo, Pepiñ..digo, o PSO...digo, os galegos e as galegas…

Tamén este verán, Feijóo preocupabase pola crise pedíndolle a Touriño que remate a lexislatura, porque a incertidume feita polo presidente, co tema da data das eleccións agravaba inda máis a crise, que é culpa de Touri por non tomar a medidas axeitadas antes das vacacións. Ademáis, Alberto sacou tempo pra ensinarnos porque o BNG tampouco mola, xa que crea unha rede clientelar igual que o PP... Son malos porque son igual que eles ? Esta pedindo o voto para Touriño ? Este complexo acto positivo de proselitismo o axeitou, engadindo que o PSOE é cómplice desa política por omisión. Todos son malos porque son coma min ? En fin cada un fai o que pode…

Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Bipartito, BNG, Economía, Feijóo, Parlamento, Política, PP, PSOE, Quintana, Touriño, Voto emigrante

ESPIDO POLA LINGUA

Rexencia e familia

 

A coñecida artista do mundo musical Alaska, espiuse para denunciar a barbarie que significa a festa dos touros. Pouco despois toda a prensa de Madrid, abriu portadas coa suposta gran fazaña do toureiro Jose Tomás, coincidencia ? Pero ese é outro tema…

Despois un dos nosos políticos máis toureiros e fotoxénicos, a fume de carozo decidiu espirse en defensa da nosa lingua, sumándose así o espíruto que percorre a tódolos galegos dende o domingo 18 de Maio: Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Costumismo, Humor, Lingua, Música, Misticismo, Moda, PSOE, Touriño

DÍA DAS LETRAS “GALLEGAS”

por Moi Xordo

 

No día das letras galegas, certamente a nova más lida e vista do día sería a lista de Don Luis Aragonés no Marca, eu penso pola contra que esta da Nosa terra é mellor , sobor de que a industria do porno medra en Galicia, digo eu en que idioma será este “follar de Breogán” da praza do Obradoiro ?. Pero…ahí está o noso disléxico e “progre” Presidente para innovar e darlle a volta o panorama informativo, poseído polo espíritu de Hugo Boss coma cando fora o do himno en flamenco. Por certo este home será o encargado do himno, no próximo día da patria:

A súa innovativa levoulle a levar o Día das letras galegas a Bos Aires, aquí contano dun xeito como lle gustaría a Touri, con aplausos de Díaz Pardo e Alonso Montero incluídos. O que non contan é que os socialistas arxentinos, fideis o seu estilo discreto, promocionaron o acto cun cartaz do estilo deste: Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Lingua, Touriño, Voto emigrante

ANÁLISE POSTELECTORAL SEDE PSOE

A Rexencia

Media noite pasada na residencia do presidente da Xunta, escoitase música clásica. Touriño no seu estudio estilo británico sentado o fondo, só a pequena luz do escritorio esta acesa,  fica sentado coas lentes na punta do nariz, non sabemos se está a leer ou está a dumir diante do “país de las tentaciones” que ten aberto enrriba da mesa. Entra Bugallo:

Bugui: Esperte, Don Emilio ! Esperte, xa están aquí os presidentes provinciais cos resultados destas eleccións.

Touri ( Soñando, ZP diante dos medios de cumunicación anuncia o novo vicepresidente económico de España: Y el nuevo vicepresidente, por su gran labor económica al frente de la Xunta es…Emilio): Que ? Ah, ah…ben, preparaches xa o “capuccino” e as pastas ? Que vaian pasando de un en un.

Bugui: Por orde alfabética coma sempre ?

Touri: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, coma sempre.

Entran Bugui e Méndez Romeu.

Romeu: Síntoo, o PP só baixou un punto nesta provincia e nos medramos un 0,8%. E como saberá perdimos un escano por eso da perda de poboación, gañamos en Ferrol claramente, en A Coruña gañamos pero perdimos un punto e en Santiago…en Santiago, o PP nos saca 8,5 puntos.

Touri: Como, imperdoable ! Deus Bugallo es un inútil ( Touri se levanta e empeza a darlle collejas a Bugui ) Non, vales pra nada o “capuccino” está doce demáis…

Bugui ( Protexendo a testa e corredo polo despacho ): Non é culpa miña, son esos funcionarios desagradecidos…

Touri: Fóra, fóra daquí ! Non te quero ver máis ! ( O bota do despacho a collejas, Romeu agarda de pé seguindo a mirar cara o sillón de Touri )

Romeu: Pódome marchar xa ?

Touri: Primeiro que saibas que como non pasemos o PP nas autonómicas, véxoche de concellal en Arteixo…entendido ? E que Losada e Bugallo que fagan surf, aprendan a tocar a guitarra eléctrica…dame igual pero que fagan algo pra ser tan enrollados como Irisarri.

Romeu: Si ! Don Emilio, entendido, non voltará pasar…

Touri: Veña non quero verte, dille a Richi que entre.

Entra Richie Varela cunha sonrisa

Touri: Boas Richi !

Richie: Hola Touri ! ( Dous bicos como os que daba a prima do principe de Bel-air ) Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en PSOE, Touriño

TOURIÑO, PEIXE PLANO

rodaballo-copy.jpg

¿Que obsesión ten Touriño cos peixes planos?

4 Comentarios

Arquivado en Touriño

Caride e Touriño, chapuzas nun momentiño

Por Frouxeira

foto.JPG

M. X. Caride: Boas, viñamos polo da ponte. É aquí a Área Metropolitana Vigo-Pontevedra?

E. P. Touriño: Vimos de Caride e Touriño, chapuzas nun momentiño. Penso que chamaran por nós.

Paisano: Si, si, pasen, pasen. Estabamos xa todos os veciños agardando por vostedes. Son os obreiros non?

Touriño: Si, si, somos os contratistas, imos botarlle un ollo á ponte esa a ver que se lle pode facer.

(Máis de medio millón de paisanos érguense expectantes e sumisos segundo o Presidente da Xunta e a Conselleira de Política Territorial entran na sala. O paisano que os recibiu achégase a unha fiestra e amósalles dende alí o motivo das súas cuitas)

Paisano: Ollen para aló enriba. Non ven? Hai unha chea de tráfico todos os días, e cada vez vai a máis…

Touriño: Hum… Si, si. Xa. Claro, se isto segue así van ter un problema ben grande… Ben, isto amañámosllo agora xa nun pincho. Mari Jose bótalle aí un par de planchadas ás beiras.

Paisano: Ás beiras? E iso vai aguantar? Pensen que a ponte xa ten uns vintecinco anos. Non sei eu se iso non será peso de máis.

Caride: Nah, non se preocupe. Sen problemas. Aquí lle pasamos dúas planchas de formigón armado, poñémoslle uns cantos cables máis de aceiro, algo de piche para a cuberta… e xa está, listo, xa poden pasar todos os días a 120 por hora sen medo por aquí. Non hai fallo. Teñan confianza. Fíense dos expertos.

Paisano: Xa, xa, ben, se vostedes o din…

Touriño: Pois nada, eh? Encantados. Xa veñen un día destes uns rumanos que traballan para nós a facer o apaño. Mentres, non se preocupen que iso aguanta ben un cacho máis. Ala, ate outra, eh?, que vaia ben…

Paisano: Abur… e grazas…

Deixar un comentario

Arquivado en Surreal, Touriño, Vigo

Pactando, que é xerundio

Por Medulio

Touri (entre dentes): Mira palante, sorrí e non abras a boca, Anxo…

Quin (nota mental):  Mira ti, que igual jódoche a pluma e sacamos algo en limpo

1 comentario

Arquivado en BNG, Política, PSOE, Quintana, Touriño

Alcoholismo

Alcoholismo-Ola chámome Emilio e son alcohólico.

Ola Emilio!

-Aínda que sempre fun un tipo gris e aburrido nunca abusei do alcohol coa intención de resultar un chisco menos insípido. E iso que o meu traballo consiste, basicamente, en realizar funcións de animador sociocultural acudindo a diversos actos sociais. Aí xa se sabe corre ao viño… Pero a miña sosez sempre me mantivo apartado do sórdido pozo do alcoholismo.

Sen embargo recentemente tiven problemas cun socio. Mentímonos tanto e dicimos unha cantidade tal de tonterías no día a día que chegou o momento de negociar o pacto local e claro, a comunicación era nula. Así que o meu socio vai e di “Oes eu tiven un bar e sei ben o que fai falla para falar con soltura”. Dito isto comezou a pedir botellas e botellas de viño que ían minguando a medida que decidíamos o futuro de A Coruña, Lugo, Pontevedra… Máis ou menos a copa por concello. E son uns 150 polo que xa vos imaxinades.

Tal como íamos xa pasamos de discutir sobre a Deputación da Coruña ( quedaba como estaba total!) e cando tocou a Deputación de Lugo íamos como preas. Empezamos a dicir que para que facía falla tanta deputación, que non era máis que un comedeiro de cartos e que había que limitar o seu uso.

Cando levantamos a cabeza vimos que o camareiro era Cacharro Pardo. “Cona, que fas aquí?”. E respondeunos: “Dáme a impresión de que vou ter que buscar un novo traballo”.

E vai o moi desgraciado e non só non se pon a buscar traballo, fastidiando as estatísticas de Richi Varela, senón que vai e o conta. Non é isto o que máis me preocupa seón a sensación de que vou ter que estar baixo os efectos do alcohol para aceptar certas imaxes que arrastra este pacto local.

Deixar un comentario

Arquivado en Municipais, Quintana, Touriño, Uncategorized

Piratas do Carallo

por Medulio
Piratas do Carallo

Deixar un comentario

Arquivado en Feijóo, Quintana, Touriño

Análise postelectoral (2). Sede do PSOE

Por Frouxeira

Noite do Domingo 27 de Maio de 2007. 23 horas. Emilio Pérez Touriño vai chantando bandeiriñas socialistas na súa terra conquistada, segundo o seu secretario de organización, Richie Varela, lle vai cantado os resultados:

– Coruña!

– Coruña

– Lugo!

– Lugo

– Ourense!

– Ourense

– Vigo!

– Vigo

(Media hora despois)

– Punxín!

– Eh… Onde está Punxín? Ah, si, aquí! Punxín.

– Ribadavia!

– Ribadavia

– Vilardevós!

– Vilardevós

– e Vilariño de Conso!

– Vilariño de Conso. Está todo?

– Está!

Touriño olla para o mapa unha vez completo. Os seus novos dominios esténdense por case un cento de concellos, e entre eles, seis das cidades. O Presidente da Xunta bota unha risada ambiciosa mentres os ollos víranselle a branco…

– Uaghaha!!! Galiza é miña! Temos un cento de maiorías absolutas! O meu poder expándese!!! Xastaba farto deses merdentos bloqueiros! Uaghaha!!!

– Eh… Desculpe, Señor Presidente, non son exactamente un cento de maiorías absolutas (a gargallada de Touriño conxélase de súpeto, tuse, pouco máis que afoga) Verá, máis ben eu conto só 39 maiorías absolutas e 35 relativas… imos precisar do apoio dos nosos amigos do BNG.

– E as cidades?

– Ningunha maioría absoluta nelas. Nin Losada, nin Orozco, nin Bugui… Pero non se preocupe pola súa saúde. Xa convencín a Losada para que sacase a cabeza do forno de gas e non lle colla durante uns días o teléfono a Paco Vázquez, convencín tamén a Orozco para que non se guindase ao Miño e para que non fale cos do PP, e puiden desprender a Bugui do seu abrazo compulsivo ao apóstolo, en pleno pranto. Con Abel Caballero non fixeron falla tantas atencións, estaba eufórico, díxome que por fin gañaba algo na súa vida… Por Irisarri e mais o noso Paco Rodríguez non se preocupe, os dous están ensaiando o sorriso diante do espello para ir mañá falar cos seus futuros socios de goberno.

Touriño déixase caer, esgotado e tristeiro, nunha cadeira

– E agora como saio eu diante das cámaras a valorar os resultados! Non teño nada do que fachendear!

– Gañamos a Deputación de Lugo!

– Queres ser ti o sucesor de Cacharro?

– Eh… Hónrame con ese ofrecemento, Señor Presicente, pero non sei, quizais antes deberíamos consultar con Orozco, ou mesmo con Melchor Roel… Quizais deberíamos ofrecerlla, por cortesía, a Pepiño Blanco… Non sei… Eu por agora estaba contento coa miña Consellería… Non sei se debería mudar de cargo xusto agora…

– Menos samba e máis traballar! Debería levar igual o mapa con todas as nosas vistorias na miña comparecencia pública?

– Case mellor deixe o mapa aquí, que logo llo penduramos no seu despacho. Seica Acebes vén de saír na televisión estatal coa mesma leria. Vostede, por agora, diga soamente que gañamos.

– “O Partido Socialista vén de gañar estas eleccións en Galicia…” Ti cres que soa convincente?

– Quizais debería practicar esa frase uns minutiños máis…

3 Comentarios

Arquivado en Municipais, Política, PSOE, Touriño