Arquivo da categoría: TVG

A TVG a peor televisión pública.

O espectador do GdeB


Do informe feito polo comité de expertos, adicados a proposta de reforma da CRTVG, podemos concluir entre outras cousas , que a TVG é a peor televisión pública estatal, xa que é a que ten menos porcentaxe de recursos propios no seu presuposto. Debido a crise a Xunta estaba desesperada, e non vía o xeito de mellorar o rumbo da nosa amada Telegaita, co que dirixiuse os membros do Galpón de Breogán, procurando de nós un informe pra manter a viabilidade do enxebre-catódico ente, estas son as nosas conclusións:

-Xa que os reporteiros do Telexornal son os mesmos que os de “A revista”, os informativos, sucesos…e demáis, que fusionense nun programa continuo de 4 ou 5 horas ata a chegada de Piñeiro (Se non vos derades  de conta, que son diferentes programas !), que fará o seu programa matinal dende a súa propia casa, que está decorada con moi bo gusto.

-As series de producción propia deben de prescindir de plató e decorados, en troques teríamos unha serie de exercicios de improvisación con presonaxes fixos, que realizaránse nos diferentes teatros dos  institutos das vilas galegas; total non hai apenas rapaces sensibles: Morris no de anano cabrón, Ana Fernández de guapa e tonta, Miguel de Lira home bruto con bo corazón, Manquiña de vello cachondo e verde…O espectadores non notarán a diferenza.

-Os partidos de “Segunda” en xeral, xa non retransmisiranse visto o conflicto cos clubes polas falsas promesas e incumprimentos da nosa cadea, pra solucionalo se fará un “En xogo” con entrevistas os nosos  maiores onde contarán como foron os encontros, e de paso lembren tempos pasados sobre a represión da nosa cultura e traidicións.

-O programa Criaturas debido os recortes de presuposto, non gravará en exteriores, terá que conformarse con facer toda a tempada, dentro do zoolóxico de Vigo (Agora non só terá humor tamén teremos…Terror !).

-A oferta cinéfila terá que deixar de emitir esas películas comerciais, das  últimas décadas que tamén botan na Primeira ou Tele 5. A TVG ten que voltar o cine de autor en en concreto, a facer ciclos coma os de antes: Propomos o ciclo “Cantinflas” eo “Clint Eastwood”, que tanta gloria trouxeran no pasado.

-Luar o noso programa estrela, terá que prescindir de Gayoso, posto que el deberá ser o próximo director da TVG (É o que sabe !). Os Tonechos farán de presentadores, e así aproveitamos polo mesmo prezo o seu humor, e os artistas serán poucos, fixos, pero concentrando a esencia do programa: Xil Ríos actuará permanentemente con Luar na lubre o acompañamento, Bustamante será sempre o solista de Cómplices; eo membro masculino de Bonney M, bailará sempre nas actuacións de Mónica Naranjo.

-O Xabarín Club fai tempo que foi relegado das tardes a primeira hora da mañá, por telenovelas de dudoso gusto, seguindo así a evolución demográfica natural do noso país; pero coidamos que debemos usar a súa popularidade, para darlle a volta a situación, e debería substituir os debuxos animados, por ciclos eróticos o xeito da televisión local, para así sacar adiante o ansiado crecemento demográfico positivo galego.

5 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Costumismo, Funcionarios, TVG

Gallego: Tonto

O Lord Protector do GdeB


Todos coñecíamos xa, que o diccionario da Real Academia Española da lingua, recollía na definición de “gallego” a acepción de “tonto”, para algúns estados de hispanoamérica. A polémica circulara pola rede, e incluso se fixeran eco tódolos sectores políticos, eo BNG a levara o debate do Congreso…Con nulos resultados polo momento.

Agora Gadis revive a polémica, cunha campaña publicitaria e reivindicativa, onde pide firmas para que ese dano sea reparado, pero ademáis reflexiona sobre o papel dos galegos da emigración. A nós fíxonos reflexionar:

Este é o anuncio pagado por Gadisa, cuxo dono é o Tojeiro rico (Que debe sentirse culpable nos últimos tempos, de ser promotor de Reganosa). Trátase dun “spot” directo, práctico, familiar, orgulloso, nostálxico … Uns cartos ben aproveitados, con Bin Laden subliminal e todo. A máis reivindica o papel da emigración, que sempre foi a xente peor tratada do páis, pero en troques demostrou o seu amor o páis non deixando nunca de ser galegos, e traendo para aquí toda a súa vida cando puideron.

A volta a polémica lembrounos este anuncio, que circulaba pola televisión polas datas da anterior polémica. Este é dinámico, ambiguo, gris, artístico, acuático, máis caro ?..Home ten moito de galego ou de homenaxe a Iván Raña, pero pouco de facerte sentir potenza e polo menos orgulloso, non vemos de que ? (A non ser que emocióneste vendo “Braveheart”). Está feito con cartos de tódolos galegos, pero os políticos de aquí, (galegos dos que non emigran) está claro que non saben aproveitalos como aqueles emigrantes.

4 Comentarios

Arquivado en Costumismo, Emigración, Funcionarios, Reganosa, TVG

A Simboloxía da Xunta

O Lord protector do GdeB

 

Botémoslle unha ollada a algúns dos símbolos máis sonados de Galicia, das últimas décadas:

Primeiro temos o logo do Partido Popular, partido que gobernou a Xunta ata o ano 2005, antes da chegada de Fraga en 1989 como Alianza Popular xunto con UCD, pero estos dous partidos darían orixe ó PP. Trátase dunha gaivota azul (os peperos máis ilustrados din que é un albatros) sobor dunhas letras que son as inciciais do partido.

Agora vexamos o primeiro logo da Televisión de Galicia, “TVG”…a telegaita ! Pois este é o símbolo orixinal, que coido lembrar que había un video promocional, cando era novo, que consistia nunha gaivota que ía polo mar e transformábase na “V” esa, que se superpon as iniciais da cadea: Televisión de Galicia. Coincidencias ?

Pero os populares non só levaron a súa obsesión por esa gaivota, albatros…Ou o que sexa, que non sabemos que quere representar, o catódico ente autonómico; tamén o símbolo da administración galega formaba esas uves pondo de calquera xeito, que lembran a a misteriosa ave que presidía os símbolos máis senlleiros , da nosa estreada autonomía.

 

 

A Xunta trocou máis o menos o producirse, a chegada do novo goberno, o símbolo institucional da súa administración:

Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Bipartito, Funcionarios, Humor, Misticismo, Moda, Política, PP, Touriño, TVG

O gran irmán Bugallo

Rexencia e familia

 

A xustiza paroulle desta vez os pés a Sánchez Bugallo, pero… Modernas compostelanas e mafia do garrafón  en xeral, non pensedes que isto rematou. Porque o gran irmán, pensa voltar a vixiar os vosos movementos ! 

O malo de todo isto, e que a TVG xa tiña previsto un novo programa de telerealidade, encargado os autores da “Casa de 1906“, onde Galicia enteira podería ver durante todo o día o que sucedía nas rúas de Santiago: Que fan Fernán Vello e Antón Reixa cando van os servicios do CEGAC ? Que piden pra cear hoxe en Toñi Vicente, Anxo e Emilio ? Quen ten esta noite o flequillo máis “cool” do Ruta 66 ?

Os pais poderían ver as esmorgas universitarias dos seus fillos, con quen anda ese parente teu funcionario…Todo un mundo de novas posibilidades pra achegar a nosa capital a todo o país, e un éxito de formato televisivo internacional exportable o carallo ! Quen quere dereitos humáns, podendo ter cartos e diversión a esgalla ?

Deixar un comentario

Arquivado en Audiovisual, Funcionarios, Humor gráfico, PSOE, Santiago, Seguridade, TVG, Urbanismo

O FLG detrás das vieiras contaminadas

O Comité de saúde pública

 

O Frente de liberación dos galenecos brazo armado do Galpón de Breogán, acaba de asumir a dirección da rede de vieras contaminadas que enchía os nosos restaurantes máis sonados: “Foi unha medida extrema, pra coaccionar directamente os estómagos dos nosos políticos e xente da cultura en xeral, pra acadar a pronta posta en liberdade dos galenecos, retidos no interior do armario do director xeral da RTVG” ; declaraba o seu portavoz Breogán Vilariño. Tamén semella que a rede contou coa colaboración dun axente do CEFOU, segundo apunta A Nosa Terra.

Ademáis o seu portavoz asegurou, que vironse obrigados a adoptar estas medidas extremas, que danan unha das principais sinais de identidade da industria turística galega, debido a que as anteriores accións non serviron pra nada: “Levabamos máis de un ano adulterando as copas dos pubs de Galicia enteira, incluso obrigamos os donos a subir as copas pra cobrar un imposto revolucionario, pero non había maneira a xente dáballe o mesmo”.

As vieiras conteñen a toxina ASP, coñecida como ‘amnésica’, ten carácter acumulativo e pode provocar danos neurolóxicos irreversíbeis e perdas de memoria. As declaracións dos políticos e artistas galegos afectados, non se fixeron agardar:

Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Blogs, Catástrofes, Costumismo, Economía, Moda, Santiago, Seguridade, Surreal, Terrorismo, TVG

NOVOS TEMPOS VELLOS NA TELEGAITA ?

A Pantasma do GdeB

Na TVG o falecemento dun membro do seu consello de administración, elexido no seu día polo BNG dalle mairoría o PP no consello do catódico ente. Agora para elixir un novo membro, fan falla maioría de 2/3 no Parlamento galego, polo que o PP arestora ten o control da TVG, e no futuro agardase unha vinganza dos populares por votar PSOE e BNG en favor de Fraga coma senador. Faremos agora unha profunda análise do que esta nova situación produce, na programación da nosa querida “Telegaita”:

7:30 Xabarín Club. O tradicional espazo infantil da galega desdoblarase, metade da pantalla en galego con subtítulos en inglés, e metade en castelán con subtitulos en chino. Por aquelo do dereito dos pais a elexir, o do Chino ? Os nenos que falan castelán saben mellor o inglés, xa que logo non perden o tempo en cousas que non valen para nada, elexiuno Raj…digo os seus pais. A doblaxe do Xabarín en castelán, será cousa de Iván Ferreiro imitando a voz de Baltar.

8:30. Bos días. Programa informativo da galega, que inclue a entrevista a un persoeiro protagonista da actualidade, hoxe Nuñez Feijoó con: ” O uso discriminatorio do galego na adxudicación da autovía do Barbanza”.

10:00. Presscolar na casa. Hoxe os nenos aprenderán que o que ten máis unidades dunha cantidade, inda que os outros nenos sumen máis xuntos, é o que gaña…e polo tanto debe gobernar nos outros nenos. Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Moda, TVG

O MELLOR DO debatiño.

A Pantasma do GdeB

Este pasado mércores 27 de Febreiro, puidemos ver por primeira vez os líderes das 3 forzas políticas maioritarias de Galicia nun debate. Cun plató feito para ocasión (non como Fraga e Presedo que parecía que fixeran o debate no cuarto das basoiras da Telegaita) no claustro dun convento desos que hai en Santiago, e que non sei como se chama porque sempre que estou ahí é de noite. E no que os nosos líderes parecían máis ben que ían a participar nun concurso máis que nun debate, que conducía o outrora “muso fubolístico” da TVG Alfonso Hermida:

PRESENTACIÓN (Touri e Feijóo mirandose fíxamente, Quin como Forrest Gump esperando na parada do bus).

Hermida: Hoxe encheme de satisfacción e así o expresa a miña cara, presentar este debate histórico como non se vira dende o xuício a  Xesucristo no Sanedrín, ou cando  Xulio César cruzara o Rubicón.

Touri: Gustaríame saudar as familias víctimas da violencia de xénero, inda que sei que non me está a ver ningunha, pero sempre está ben para seguir contando co voto das mulleres que están máis fortes, e máis “rebustas” que fai 4 anos en Galicia.

Quin: Por fin vou sair na TVG e me vai ver alguén ! Eu tamén quero sacar votos entre as mulleres, e teño decir que se o BNG é decisivo en “Madrí ” enseñaremos a España enteira a tratar as mulleres como se merece.

Feijóo: Eu tamén quero saudalas familias nestes duros momentos, tamén a familia do garda civil morto no noso mar…pero tamén as nenas afectadas polo aceite de colza, as nenas víctimas da catástrofe de Chernovil, as nenas falecidas no Apolo XIII…

ECONOMÍA

Touri: Galicia vai de “puta madre” gracias a que gobernamos os socialistas, inda que recoñezo que hai unha crisis mundial, pero eso é tamén porque non goberno o Mundo. Quen ides traer para amañar o tema Sr. Feijóo: Aaaa…Pizarro ! Eseeeee… Que se levou todo o que puido de Endesa ?

Feijóo: Eso non é así  Sr. Touriño e sabeo, o primeiro pra amañar un problema e recoñecer que existe: Os datos din que o ano pasado pecharon mil empresas, a xente pide créditos pra mercar leite en Galicia e hipotecou por segunda vez a casa do can…

Quin: Pois eu xa que non me facedes caso non vos vou a facer caso a ningún dos dous…Ala ! Eso é o que deberían de facer tódolos galegos, e ter enconta que o BNG é único que defenderá o benestar de todos nós…e non ten que ver con que eu sexa o conselleiro do ramo. Seguir lendo

5 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Feijóo, PP, PSOE, Quintana, TVG

UN PASO CARA ATRÁS DO EXPANSIONISMO GALEGO

A rexencia

O pasado 11 de Febreiro os homes sen compromiso do pequeno concello lugués de Cervantes, todo un concello do século de ouro,  quedaron sen caravana de mulleres e Super Piñeiro sen o seu futurible premio “pulitzer” co programa “reallity” que tiña preparado pra deleitar a súa parroquia.

Segundo contaba Fernanda Follana (si… que pasa ! ) neste xornal: No pobo non se falaba doutra cousa, o propio alcalde do PSOE ía a participar na actividade xa que el se atopaba entre os “homes sen compromiso do lugar” e xa tiña acondicionado o polideportivo do pobo pra un recibimento gastronómico como se merece co seu conseguinte baile. Seguir lendo

3 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Estatuto, Lugo, TVG

Transformacións Catódicas

Por Frouxeira

O retorno de Xosé Manuel Piñeiro á Telegaita non foi de balde. E que ninguén se está dando conta de que Superpiñeiro seméllase cada día máis a Carlos Callón?

Unha cousa é mellorar a fonética dos presentadores do telexornal, e outra ben distinta esixir a fusión física dunha estrela mediática cun líder social. Quizais é que a MESA se está extralimitando, quizais é que David Cronenberg dirixe agora Acompáñenos, quizais é que a transición do posfraguismo conleva as súas esixencias…

2 Comentarios

Arquivado en Audiovisual, Surreal, TVG

Televisión á carta

Polo Parvo de Cela

Novo sistema de televisión á carta da Galega. A galega ten unha televisión para ti. Cal é a túa?:A Galega

A televisión de Anxo:

8:00 Himno nacional coa bandeira ondeando sobre o ceo de Allariz

8:05 Os Galetubbis

9:00 Telexornal nacional da mañá

10:00 Magnum

11:00 A Revista Nacional

13:00 Os Nosos Montes (Reportaxe)

13:30 Os Nosos Maiores (Reportaxe)

14:00 As Nosas Empresas (Reportaxe)

14:30 Información Nacional

15:15 Traíñas

15:30 Paixón en Melide (Telenovela)

16:30 Amar en Ferrol (Telenovela)

17:30 O Noso Programa (presentado por Xosé Manuel Piñeiro)

20:00 As Nosas Parroquias (Informativo)

20:30 Información Nacional Nocturna

22:00 Luar

24:00+ Cometeron dous erros (Filme protagonizado por Clint Eastwood)

A televisión de Alberte:

8:00 Jim Morrison cantando This is the end con imaxes dos incendios de fondo

8:05 O Outro Holocausto (Documental sobre a situación dos castelánfalantes en Galicia)

9:00 Parte de danos da mañá (informativo)

10:00 Magnum

11:00 A Revista: programa sobre festas e Romerías

13:00 Calquera tempo pasado foi mellor (Programa sobre a historia do goberno autonómico)

14:00 Biopic sobre Manuel Fraga

14:30 Entrevista co líder da oposición (Presentado por Xosé Ramón Gayoso)

15:15 Dúas mulas e unha muller (Filme protagonizado por Clint Eastwood)

17:00 Fútbol: amistoso entre o Ourense e o Negreira comentado por Xosé Manuel Piñeiro

19:00 A tarde da Galega (Presentado por Xosé Manuel Piñeiro que entrevistará a Xil Ríos e Alberte Núñez Feijoó)

20:30 Estado de Alerta (Informativo)

21:30 Luar

A televisión de Emilio:

8:00 Himno galego interpretado por Jim Morrison cunha bandeira española ao fondo

8:05 O Tempo

9:00 Telexornal (presentando en inglés con subtítulos en galego e español)

10:00 Magnum

11:00 A Revista da Modernidade e da Tradición de Galicia e España da Mañá e do Mediodía

13:00 Minireportaxe sobre Juan Gris

13:15 Anatomía de Grey

14:00 Ceo Gris: Programa de información meteorolóxica

14:30 Telexornal obxectivo

15:15 O tempo

17:00 A tarde da Galega (Presentado por Xosé Manuel Piñeiro)

20:30 Informativo Obxectivo
21:30 Luar

24:00+ Inferno de Covardes (Filme protagonizado por Clint Eastwood)

13 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Quintana, TVG