A pantasma do GdeB
Os nosos Bancos galegos, esos nos que todalas familias temos un primo traballando que non se sabía para que valía, ata que apareceu un día de traxe nunha cea familiar falando de plans de pensións ( Se se non o tedes ese primo quere decir que a vosa familia lle falta “glamour”, polo que é moi probable que teñades que emigrar ).
E as nosas Caixas ( Menos a rural de Lugo que é de auga doce ) que se distinguen dos bancos, en que ademáis de ese primo é moi probable que estivera o tío, e o tío-avó traballando nelas antes, e que teñen unha cousa que se chama “obra social”. Consistente en pagar unha serie de actos culturais, que se desenrolan normalmente na parte de Galiza que teñen menos clientes, e que os levan acabo os outros primos, pero neste caso en troques de estudar empresariales estudaron belas artes ou teñen unha banda folk.
Ambalas dúas decidiron, como se pode ver aqui, invertir os beneficios do saqueo que fixeron en terra, grazas os préstamos e hipotecas feitas estes anos; e se botarán o mar da mesma forma que Erik o Bermello, ou o propio Breogán, ou como a Crimson permanent assurance fixera xa fai anos. Pero esto xa se vía vir despois de tanto tempo patrocinando “reeghatass”, e cursos de capitán deportivo para directivo, só lle faltaba crear unha flota e hai entran os nosos asteleiros e Mar Flores…digo Fernández Tapias.( Que é un tipo importante inda que teña nome de chapuzas a domicilio ). Seguir lendo