a financiación de galicia

airbag_somachigun copia

Feijóo tenno craro: “o conceto. Hai que discutir o conceto co fin de discutilo, porque si non, aquí vai haber hondonadas de ostias. Porque, vamos a ver, aquí hai unha cuestión: o conceto é o conceto. Ésa é a cuestión. Por exemplo, a Elena Salgado é unha muller con estudos. E aí non hai nada al respective porque Feijóo é liberal. E non deses que andan dicindo que son todas máis putas que as galiñas… aínda que o pense. Pero, ¿e o conceto, eh? eh? ¡Amigo! Ós feitos me repito!

airbag copiaElena Salgado ten estudos, sí, pero nunca mirou ben un galego

2 Comentarios

Arquivado en Autogoberno, Competencias, Estatuto, Feijóo

Canto vale o traballo dun creativo ?

O creativo do GdeB

Nesta nova o novo conselleiro de cultura propón deixar atrás o logotipo do Xacobeo do Bipartito, e voltar o anterior:

xacobeo

Home pois ten razón…Pero o peor non é iso…Quen carallo lle pagou alguén por darlle a volta o logotipo da Conferencia de empresarios de Ourense, e trocarlle as cores ?

3 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Prensa rosa, Santiago

o bilingüismo harmónico

Qué tempos, qué lembranzas aquelas na aldea, correndo tras un cadelo pra arrincarlle os pelexos, tirarlle pedras, roubar peras. Os galegos somos así, como din os do Gadis, de aldea, vamos. E os dos Peares como Feijóo saben ben o que hai nas aldeas: moito montuno que non sabe nin ler nin escribir, que tes que escapar a Santiago para mollalo churriño. Bo, ou pra facerte do Opus e pagar a unha Viri que che faga as beiras.

A asistenta que facía a cama, o carniceiro que bebía como un peixe a amosaba os calendarios de peto coas mulleres sen roupa (aí coñeceu por primeira vez a Jesús Vázquez, que poñía cara de noxo), ninguén impoñía o galego e facían todos por falar ben cando se dirixían ó novo Feijóo estudante. Qué tempos!

Nada que ver co de agora, que cando menos o esperas salta un bloqueiro a falar como aquel carniceiro e, por riba, ten o morro de pór mala cara se lle falas como Deus manda. Cando andes co ferro a planchar os calzóns fala o que queiras, pero cando veñas á habitación a traermos, fala ben, joder. Eso é bilingüismo harmónico. Cada un no seu sitio, sen imporse uns ós outros, sabendo cada un onde ter que estar.

E agora que xa temos a proba do nove, aínda hai a quen lle parece mal. Pois a idea é cojonuda e xa está. ¿A quén lle pode parecer mal que se pregunte ós pais, que son os donos dos cativiños? Eles saberán mellor que naide o que lles convén. Ou bollycao ou mazá, ou peixe ou ou macarróns, ou moto ou Ford Fiesta. De toda a vida son os pais quenes deciden. De feito a idea é tan cojonuda que xa a Farjas está a pensar en facer unha cousa parecida para acabar coas listas de espera dos doentes de cancro:

1.- ¿Qué tratamento prefire para sanar o cancro?

Quimioterapia

Rezar á Virxe

Un pouco das dúas

Lévenme fóra de Galicia, por Deus

2.- A súa medicación preferiría que fose:

De efecto inmediato pero mortal

Que so lle salve as partes que trouxo sans

Que decida a Virxe

Que non me faga sufrir moito

3.- Preferiría vostede un médico

Dos de toda a vida, que leve bata

Que beba so a partires das once da mañán

Que sexa simpático

Que teña o título

4.- ¿Está dacordo con que lle fagamos acupuntura?

Non

So se non me doe moito

(Será considerada quimioterapia aquel tratamento que teña un custe axeitado ó burato que deixaron os cocainómanos do bipartito. Os efectos da oración á Virxe so serán atribuibles ó Sergas – Servicio Galego de Saúde – no caso de curación total. Os títulos académicos esixibles ó persoal sanitario serán os mesmos que ós asesores dos conselleiros)

4 Comentarios

Arquivado en Feijóo, Humor, Lingua, Orgullo gay, PP

Os nosos conselleiros: Jesús Vázquez

O Lord protector do GdeB


O novo flamante Conselleiro de educación, a estrela catódico mediática e icono do mundo “gay”, o ferrolán Jesús Vázquez…

Aquí o vemos nunha actitude moi política, xa apuntaba maneiras, coma o “ex-premier “checo na casa de Berlusconi.



Ben vou por o HTML pra seguir a escribir que me poño nervioso, pois Vázquez  novo coselleiro de educación que traenos o estilo e “glamour”  que non tiña o Bipartito…

Ah, que non é ese Vázquez ? Entón quen car…

A que este !…Home, non é o outro, pero a garabata ten o seu punto, ten algo que me lembra a Alberto de Mónaco… Entón este señor, que polo cargo terá que ser un eminente catedrático, dunha carreira humanística ou científica; a que non ?…Pois será un coñecido escritor, ou artista; a tampouco ? Seguir lendo

6 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Feijóo, Lingua, Orgullo gay, Política, PP, Uncategorized

asemblea extraordinaria

Carlos Aymerich, de Máis BNG; Rafa Villar, de Máis Alá; Guillerme Vázquez, de Alternativa pola Unidade e Xosé Manuel Beiras dos Irmandiños reúnense nun apartado do Pazo de Congresos de Santiago. Os tres presentan facianas serias, desconfiadas. Ninguén mira para a cara doutro.

– Xa saíches de misa, Carliños? – pregunta o barbado.
– Me cago no Foro de Porto Alegre, Beiras, mal empezamos – respóstalle un cabreado Aymerich.
– Bo, compañeiro, non te poñas así, que seguro que o compañeiro Beiras está de troula, ¿non sí? – intercede Vázquez botándolle unha mirada asasina a Beiras.
– Sí de troula, pero o Foro non mo toques, para un movemento anticapitalista e antiimperialista que queda no mundo en defensa dos pobos oprimidos …
– ¿Pero ves como non fai máis que provocar? – berra Aymerich, agora totalmente fóra de si – Dille que pare ou non resposto.
– Non estamos aquí para falar diso, Beiras, contrólate.
– Tí non estás aquí para iso, estás para crear unha macroestrutura de poder alonxada das bases, auténticas forzas proletarias motores do cambio …
– Me cago en Castelao, nos Irmandiños e en Ferrín, para xa, ostia – di Vázquez.
– Así sí, ¿ves?, temos un punto de encontro – Beiras acouga a respiración, xa axitada a estas alturas – aver, ¿pensaches na miña proposta?
– Mira, Beiras, por moito que te poñas, nin Francisco Rodríguez vai dar o seu discurso vestido de cabareteira nin Aymerich de primeira comunión, por ahí non pode pasar o movemento histórico galeguista – di Vázquez.
– Pero mira que o bermello lle senta moi ben a Rodríguez. E non ten porque levar perruca.
– Que non, Beiras, que iso son personalismos que non veñen ó caso. Estamos aquí para salvar Galiza.
– Ah, sí, Galiza, pois mans á obra, ¿cándo renunciades todos e me deixades facer?
– Xa tiveches a túa oportunidade, vello, retírate e deixa lugar ós novos tempos, o galeguismo do século XXI, a apertura ás novas capas da sociedade, hai que falar ós novos galegos… – proclama Aymerich.
– Sí ós vellos que raptas para que Quintana lles bote o rollo, non digas máis.
– Utilizas os argumentos do inimigo – corta a conversa Vázquez – isto é inadmisible.
– Tí sí que utilizas as estratexias da bicha – ataca Beiras.
– Así non imos a ningures – intercede Aymerich – hai que pórse mans á obra e traballar todos xuntos polo BNG
– BNG, BNG, BNG, … pum, crash, compañeiros – murmura Rafa Villar, que ata entón estivera mirando ó chan.
– ¿E a iste qué lle pasa? – pregunta Beiras.
– ¿A Villar? Nada, ¿non é sempre así? – di Aymerich.
– Patacrash, toma Prisa, mafiosos, que sodes pior que Forza Nova, fascistas, reaccionarios – balbuce outra vez Villar.
– Qué ben me cae este tío – di Beiras.
– Bo, xa está ben, non perdamos máis o tempo – métese Vázquez – A ver, Aymerich, facemos o noso, ¿non? Con esa cara non esperarás sair nos carteis. Terías que solucionalo teu ventre antes diso, así que xa está decidido, quedo eu, que son un rostro paternal, pero decidido.
– Eu pensaba que o meu rictus dábame un aire de emperador romano – mágoase Aymerich -. A Táboas gústalle moito – sonróxase.
– Bueno, carallo, o reparto de poder faise contra as bases, o agrarismo labrego e mariñeiro vai berrar contra vos, o proletariado e as bases da intelectualidade urbana levantaranse nas barricadas da acción común …
– Que sí, Beiras, que sí, entón qué vas facer, ¿quedas ou marchas? – di Vázquez – que temos presa, que isto está alugado so para a fin de semán.

Beiras mira cara fóra, onde os militantes reúnense en grupos, principalmente ó redor da cafetería. Pecha os ollos e pensa “levantádevos, levantádevos”. Volve abrir os ollos e di:

– Pois quedo, joder, quedo.


asemblea

4 Comentarios

Arquivado en BNG, Política, Surreal

PARA QUE VOTAN NO BNG???

A “familia” Galponeira


upg 1
ANTES

upg 2

DESPOIS

Pois iso, despois de facer unhas eleccións por todo o alto dentro do propio partido, con máis minipartidos que os que teñen posibilidades de ter diputado na Rúa do Hórreo, por exemplo, e con siglas, campaña e todo. Resulta que as cousas quedan máis ou menos coma estaban, so nos falta o novo candidato a Presidente da Xunta, que con ser un “Quintanista” significaría un troco profunfo dentro do partido, sinal da radicalización da que nos alerta sabiamente Mr 009.

Deixar un comentario

Arquivado en BNG, Humor gráfico

Os nosos conselleiros: Javier Guerra

Dentro da liña de compromiso social do Galpón de Breogán, e coa esperanza de que a Nova Xunta utilice estes coñecementos para o rexurdir dos “Galiñecos”, comenzamos hoxe cunha análise dos novos conselleiros, eses valentes que aceptan facerse coas riendas dunha Galicia arruinada e devastada polas hordas cocainómanas de Touriño e o infantilismo irresponsable das políticas de Quintana.

v19c7f2

O quintanismo nunca soubo abrirse ás capas da sociedade axeitadas

O primeiro valente en ser coñecido é o de Industria, Javier Guerra, un home cun currículum empresarial máis longo que o político. De Camper a Nike ata o Concello de Vigo e logo o estrelato do Hórreo. Di de si mesmo que “sé hacer muchas de las cosas que hago simplemente porque ya las he hecho antes“, o que deixa ben ás claras que a súa filosofía é totalmente feijista: “fago o que fago porque non sei facer outra cousa”. A esto lle chaman ser un técnico.

E, ¿qué o que sabe facer Guerra?. Pois basicamente mercarlle a un hippy o deseño dunha camiseta e meter cartos para vendela ós surfistas. Logo montas a facturación e distribución en Portugal e lle chamas “producto galego” ó que salga de ahí. E xa montado, convences ós chinos para que terminen de traballar. Ésta é a industria galega do futuro.

En calquera caso, non imos minusvalorar os moitos méritos persoais de don Javier. O seu progresismo lévalle a non utilizala nunca a garabata máis que en actos onde sexa imprescindible e o seu gusto en vestir lévalle a terse codeado con outros famosos usuarios dos bronceadores máis revolucionarios tal e como mostran as imaxes. A tan ansiada modernidade liberal chega a Galiza da súa man. Acabaron os tópicos da vaca. Nin nomes femininos para elas nin moda galega de Caramelo. Galiza é universal, así que os seus impostos que os cobre Obama.

Marc Ostarcevic copiaJavier Guerra é galego, pero tan sexy como calquera

Deixar un comentario

Arquivado en Economía, PP

Política territorial & Medio Ambiente

O Director Xeral do GdeB

Que o novo Superconselleiro, algo así como Super Piñeiro pero en serio, adicábase non fai moito a facer favores dende a administración pública as empresas amigas onde prestou servizos…Que a consellería de esnaquizar o territorio, é a mesma que debía de protexelo…

gran-circo-feijoo-saluda-a-franco-22x16

Publicidade

Que carallo importa ! Total as leis do Bipartito eran absurdas. Por certo, a nova lei de costas xa se lle está encargar a Pescanova, ea de solo a Fadesa.

Deixar un comentario

Arquivado en Economía, Feijóo, Política, PP, Surreal

Que será, será de “soe” e “benegá”.

O Cosmonauta do GdeB

Si… A victoria de Nuñez Feijóo  deixounos algo tocados, pero fixemos un esforzo, e por aquí andamos outra vez…

Ben, recoñozámolo… Emilio P. Touriño non chegou a ser “O Presidente” transcendental, el tentouno,  que traería os trocos que Galicia precisa. Pero sí que foi o presidente que o PSdeG-PSOE  precisaba, que foi quen de facela transición da oposición de burguesía culta xacobina que facía o partido na era Vázquez, ese señor de (L)a Coruña, contra o galeguismo ruralpostfranquista de gaita e pandereta do PPdeG; ata chegar a unhas posicións que si fixeron do partido unha verdadeira oposición, cun liderazgo forte que o levou o goberno.

Por iso os socialistas a hora de escoller o seu novo líder, o teñen moi doado:

1043165tourip1pachi

O Qué máis se asemelle estéticamente ! (Total o discurso xa o fará Pepiño,que a ver se a próxima acerta). O que no seu día apostou o Galpón dándolle 2 gallifantes. Seguir lendo

1 comentario

Arquivado en Bipartito, BNG, Política, PSOE, Touriño

Le echa en cara a los demás todo lo que a lo mejor no hacemos de acuerdo con las normas, pero después él predica con el ejemplo haciendo cosas peores que nosotros

Baltar sobre Pachi Vázquez, 31-03-2009. As cousas claras e o choculate espeso.

José Luís Baltar, o protopito de home de ben, deunos a todos unha lección de cómo gañalas eleccións sen complexos, co arroxo que esixía a situación. Que os peludos ían votar ó Touriño? Pois que o fagan á cara a ver se hai o que ten que haber. Que aprenda o Feijoó cómo se fan as cousas. Austeridade xa ten el dende hai anos, que nin para un ordenador gasta habendo tanta necesidade de cousas básicas.  O home que mellor meteu as palabras “democracia” e “Fraga” na mesma frase (“Fraga é indiscutible, debaixo de el pido democracia“), o home de quen acaban tirando todos por moito que vaian a facer as américas a Madrid, lémbranos, unha vez máis, quen vai gobernar Ourense o día que se retire.

baltar

2 Comentarios

Arquivado en Baltar, Ourense, PP, Uncategorized