Arquivo por etiquetas: Rajoy

UNHA LETRA PARA O HIMNO

Andan a SGAE e o COE buscando unha letra para o himno español, máis coñecido como “chinda, chinda”. Tamén Rajoy métese no tema (¿é que non sabe falar doutra cousa que sobre nacións?), reclamando que na letra se fale de “España” e da “Monarquía”. En serio, meu avó sempre me dicía que hai algunhas décadas había unha versión moi estendida do himno, que dicía algo así como “chinda, chinda, as cachas de Dorinda postas a cocer, que ben han de saber”. Parece que Dorinda era unha actriz moi desexada.

Eu vou facer unha serie de propostas. En primeiro lugar o compositor da letra. Na miña opinión o himno ten que ser realizado pola responsable da mellor canción do ano: “Los micrófonos“, de Tata Golosa. Ou por Melendi. Pero seguramente a persoa máis indicada para facer a letra é Ramoncín, para que todo quede en casa (sa SGAE). Probade a cantala coa música do himno:
“Litros de alcohol
corren por mis veeeenas,
mujer
No tengo problemas de amor
Lo que me pasa
es que es que estoy
loco por privar
loco por privar”

Advertisements

3 Comentarios

Arquivado en Rajoy