Arquivo por etiquetas: resultado eleccións

A crúa realidade

No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas españolas os seus derradeiros obxectivos políticos. A campaña rematou. Efectivamente, no Galpón non imos negala realidade, o novo ocupante a partires de agora será un so, trocando a galega esquizofrenia por unha soa man de ferro con luva de lixa para esterminar as galescolas, os concursos eólicos e tanta tontería do carallo do AVE, que se non vai chegar, pois non vai chegar, que a culpa xa sabemos todos de quen é.

Ninguén confiaba no noso comandante en xefe, o tímido Feijoó. Un home que ten nome de galego do século XVII, pois non daba moitas esperanzas. As enquisas non tiveron en conta que o Pp sempre saca polo menos tres puntos de máis dos seus peores vaticinios. Son eses galegos agradecidos que non esquecen que foi Fraga o que lles trouxo a seguridade social e outros dereitos dos traballadores. A modernidade neste país acabou de agonizar cando Quintana decidiu bailar o último tango na Fonsagrada.

rocky_iv-copia1

O caso é que agora a etapa de corrupción, luxuria e minisaias nas dependencias da Xunta, Audis en Monte Pío e mulleres en Política Territorial (pero qué carallo saberá unha muller de cómo botar asfalto na nacional¡) rematou. A historia repítese e os imperios baseados no vicio e no fornicio caen polo seu propio peso. ¿Cándo aprenderá esta xente que o que fan os señores non é para o pobo? ¿Deixou algunha nota Fraga dándolle permiso a Torino para que poidera facer uso dos coches oficiais? ¿Acaso mandou a alguén andar a facer obras na súa casa? Tanta modernidade non é máis que drogas e mulleres, e xa se sabe que cando anda a fuchicar de máis o que non sabe, as cousas acaban mal. Se xa o di o refraneiro popular: “Manolete, se non sabes torear, pa´ que te metes”

a-caida-do-imperio-copia1

3 Comentarios

Arquivado en Bipartito, Catástrofes, Feijóo, Política