Os autores desta web cremos, sinceramente, que os nosos políticos, culturetas e deportistas son tanto ou máis patéticos que os de todo o mundo, así ben merecen ser branco dunha parodia. Non obstante, dende o terrible rapto dos galeñecos, perdimos xa toda esperanza de que alguén vaia acometer tan necesario labor, así que, fieis o espírito dos tempos, decidimos facelo nós mesmos. Aquí falarase de todo un pouco, de luns a venres e sen nada que se pareza a unha liña editorial. Por iso somos un galpón, un caixón de sastre, porque o único que os cinco pais desta criatura temos en común é a irreverencia e as ganas de falar do que pasa entre o Padornelo, a Raia Seca, o Atlántico e o Cantábrico. Disfruten deste vicioso cabaret.
🙂
Pingback: BUSCAMOS GALPONEIROS ! « Galpón de Breogán