O Lord protector do GdeB
O novo flamante Conselleiro de educación, a estrela catódico mediática e icono do mundo “gay”, o ferrolán Jesús Vázquez…
Aquí o vemos nunha actitude moi política, xa apuntaba maneiras, coma o “ex-premier “checo na casa de Berlusconi.
Ben vou por o HTML pra seguir a escribir que me poño nervioso, pois Vázquez novo coselleiro de educación que traenos o estilo e “glamour” que non tiña o Bipartito…
Ah, que non é ese Vázquez ? Entón quen car…
A que este !…Home, non é o outro, pero a garabata ten o seu punto, ten algo que me lembra a Alberto de Mónaco… Entón este señor, que polo cargo terá que ser un eminente catedrático, dunha carreira humanística ou científica; a que non ?…Pois será un coñecido escritor, ou artista; a tampouco ?
Pois o noso conselleiro que neste enlace, podemos adiviñar de donde car… Sae. Pois eso que o ilustrísimo profesor de empresariais da UNED, e ex-decano do prestixoso campus de empresariais de Ourense. Bo, que ostia ! Farémoslle caso a enquisa esa que decía que déramos máis caña:
Pois o acomplexado amigo do noso presidente, cando eran novos alá na “Uni”, e eran uns alumnos pelotas e trepas, e sempre se puñan o lado dos ricos e poderosos do noso país, e da súa vila (lease Baltar).
O que lle serviu pra chegar a profesor universitario de empresas, esa carreira onde forman os alumnos nun espírito crítico, e de vocación humanística e de servizo a sociedade. E que tódolos seus profesores, son xente que non ten o que hai que ter pra que o enchufen na caixa de turno, ou non teñen unha asesoría con “clientes” dabondo, co que algún “amigo” búscalle un choio de profesor asociado.
Pois o seu paisano e amigo, o Presidente, en sinal de aprecio encargoulle o anvicioso plan para mellorar a educación dos galegos e galegas…Máis profesores, máis ordeadores, máis dotacións e infraestructuras, non !
Unha enquisa con apariencia democrática, non vai ser o demo, pra decidir os pais segundo o número de fillos que teñan, a lingua en que prefiren facer estudos os seus fillos, pra así superar a conflictividade e os problemas legais que supon, segundo el, o actual marco normativo, feito no seu día polos propios populares.
Entón o que nos quere dicir, por que no seu día non admitiu preguntas, é sinxelamente que o galego é un problema, para quen ? Pra as clases altas da nosa sociedade castelán falantes próximos a extremadereita, é que voten os pais polo número de fillos xa que son eles os que os teñen básicamente, hoxe por hoxe no noso país. Está claro que o teu é administrar, para os que pagaron a conta da nova empresa que pasaches a levar, como un bo xerente, boa sorte ! Non queda dubida que deixarás unha pegada inesquecible, na historia da educación do país como outros que te precederon.
Iso, iso, luuuuume!!!!
Pingback: o bilingüismo harmónico « Galpón de Breogán
Xa vexo que recurrides ó reclamo de sempre pra chamar a atención do personal. Só queda aceptar publicidade similar a carón das novas. Non digo máis…
aí nos calaches, compañeiro (se é que te refires ó poderoso atributo do javier vázquez ferrolán)
Estaba no guión… era preciso pra xustificar a historia…
Pingback: A política linguística dos Feijoó « Galpón de Breogán