O maquinista do GdeB
Posto que no ano 2008 dixeronos e repetironos que o AVE chegaría no 2012, e no 2009 nos din que chegará no 2015, está visto que temos que facer unha progresión xeométrica, dos anos que nos dicían que ía tardar: 2008=2012, 2009=2015, 2010=2018 e 2012=2022, para así saber a data verdadeira a que se referían os nosos políticos.
Pero o Galpón de Breogán non se quedou ahí, e como nos ten afeito, os seus membros nos momentos libres que lle quedan entre “post” e “post” viaxaron o futuro, pra amosarnos a instantánea dos intres da inaguración definitiva do AVE aló polo 2022:
Manuel Fraga que volta a ser presidente da Xunta, tralos repetidos fracasos de Nuñez Feijoó e Mariano Rajoy, xunto co Ministro de Fomento OOIO OIIO IOOI eo conselleiro do ramo IOOI OOIO IIOIO OIOOI OIOO.
O peor é que para cando chegue o AVE, no resto do Estado haberá outro tren máis moderno e mellor, e Galiza quedará de novo á cola de Europa.
Por certo, supoño que Fragueitor levaría unha máscara tipo D. Vader…
O conto do AVE manda chover con el. ¿Non sería mellor para nos uns AVES Coruña-Vigo, Ourense-A Coruña, Ourense-Lugo, Lugo-A Coruña e cousas asi para ter unha rede ferroviaria boa entre nos e para ir os Madriles, coller un avionciño con liña de metro incluida a Novos Ministerios e a rascala sin mais?
Un AVE a Madrí que tarde 3 horas e media, caro coma o demo que o fixo, somentes para xente. A min paréceme un pesadelo tráxico ésto…
………
Noutra orde de cousas: Non sei como cheguei aqui, pero gustoume o Blogue. Moi atinado. Noraboa.