PLAN PARA LIBERAR OS GALENECOS

Zerovacas propuxo a pasada semana unha operación de rescate dos Galenecos, como sabedes, referentes simbólicos deste blogue. Antón Fraguas quere unirse ao movemento de liberación destes curriños personaxes de peluxe.

Este é o plan:

1. Constituír a Fronte de Liberación do Galenecos (FLG). Deberiamos deseñar un logo, nomes en clave, e unha fronte política.
2. Mercar cordas, un gancho para escalar, unhas tesoiras e un bote de cloroformo (este Núñez Feijoo é un pouco rarito e pode comezar a berrar cando o vaiamos liberar)
3. Coller o bus nº 6 na Praza de Galicia. Este bus déixanos nos Tilos e dende alí só hai que camiñar un quilómetro ou así até Montouto. A organización non sei fai cargo dos custes (NOTA MENTAL: ¿deberiamos pedir o imposto revolucionario?), así que o que queira participar ten que traer un euro ou así.

galitoons.GIF
Este é o mapa coa situación exacta da nave industrial onde teñen secuestrados aos bonecos.

galitoons2.GIF
Esta é unha foto obtida por un dos nosos satélites espía.

4. De volta en Compostela, ocupar o plató de ElCorreoTv para emitir unha mensaxe do FLG. Os galenecos relatarán a historia do seu secuestro e reclamarán un programa propio na TVG.
5. Tomar unhas tapas no Cabalo Branco.

9 Comentarios

Arquivado en Surreal

9 respostas a “PLAN PARA LIBERAR OS GALENECOS

  1. frouxeira

    Non tío, tapas no cabalo branco non, que o viño non se traga. Serviría o Casa Pepe? Ou non será mellor subir directamente ao Mosquito? Polo resto, perfecto.

  2. Exiliadoesquencido

    Ei, esto xa se dixo noutro sitio!!!!!!!!!!

    http://zerovacas.blogspot.com/2007/01/e-que-pasou-cos-galenecos.html

    Ummmm, quizais o verdadeiro FLG se cabree se lle copiades o nome.

    Propoño un cambio no nome da organización formada a partir de Galpón a, por exemplo, GZ (Galenecos Zeibes). Ou no seu defecto fusionar ambos movementos e formar o MGU (Movemento Galeneco Untuoso) e actuar como comandos.

    E Ummmmmmm, unha vez máis, o de ocupar o Correo xa se fixo tamén. O meu irmán, antes de estar a piques de entrar na Selecta Organización CEFOU, promoveu un altercado instigado polo grupo que coridixía: o GAD (Grupúsculo de Acción Directa), do que xa falei e que moitos de vós recordaredes.

    Saúdos.

  3. arrieira

    eu propoño unha acción alternativa: secuestro dos teleñecos de C+; pero non de claquera teleñeco: os de Pepiño, ZP, AZN e Raúl (o galáctico, polo do tirón mediático), e pedir un exchange de presos políticos.
    Esta loita podémola gañar!!!!

  4. Galeneco frustrado

    O plan paréceme simplemente enorme, digno dos mellores estrategas. Pero os Galenecos non estaban secuestrados no despacho do director xeral da CRTVG? Chega o bus urbano a San Marcos? Necesito respostas!

  5. Con tanto comando solto, Montouto vai parecer unha romaría. Deberiamos ter unha asemblea constituínte para unificar criterios. Do contrario, escíndome e formo a F(a)LG, Fronte (auténtica) de Liberación dos Galenecos.

    Polo demais, paréceme boa idea iso de rescatar aos guiñoles, e como se poñan os lunnies a tiro, tamén

  6. Paréceme que Randeeira (http://blogoteca.com/arandeeira/) xa augurou que pasaría isto. Grupos revolucionarios pelexando entre eles por un obxectivo común: liberar aos Galenecos.
    A pirámide comezou con Zero Vacas e “prietas as filas”.
    A este paso o bus nº6 van ter que reforzalo.
    Case que poñiamos un día para ir todos e todas ata Montouto e ver de mirar que se pode facer (ven sendo unha “quedada” isto?). Podiamos chamarlle a 1ª Romería Popular dos Benditos Galenecos.
    A ver o de Desenho Galego (http://desenhogalego.blogspot.com) si se anima e nos fai un deseño óptimo para o estandarte ou pendón.

  7. Pois eu só teño unha cousa que dicir:

    ¡Os do F(a)LG sodes uns disidentes!


    Veña, alguén tiña que facer o chiste, así que ¿por que non eu?

  8. Pois como autoproclamado Secretario do Comité Central da F(a)LG, subcomandante da súa facción armada e padriño do neno que lle mangou os chourizos ilegais ao seu pai como pago do imposto revolucionario, quero transmitir a eses do GZ (Galenecos Zeibes) que si teñen o que hai que ter, temos que quedar para darnos unhas chaparretas no cú para ver quen é disidente de quen. Unha vez resolto o conflito, o que leve máis chaparretas paga o viño máis as tapas.
    Que queredes. Os conflitos políticos coma o noso amáñase pola tremenda ou non se amañan.
    Galenecos Liberdade!

  9. Pingback: O FLG detrás das vieiras contaminadas « Galpón de Breogán

Deixa unha resposta a Exiliadoesquencido Cancelar a resposta