A conexión Tojeiro

por Viriato

Roberto Tojeiro (sic.) Rodríguez é un dos empresarios galegos de éxito que non son Amancio Ortega. Natural d’As Pontes (ou Puentes de García Rodríguez, como el prefire dicir), é presidente de Gallega Distribuidora S.A. (Gadisa) e promotor da Regasificadora do Noroeste (Reganosa), unha fermosísima planta de gas sitúada en Mugardos, con capital de Endesa e Fenosa, pero que agora mesmo non se sabe ben de quen é ata que en Madrid e Bruxelas rematen de decidir sobre a OPA do diaño. Tojeiro tamén ten a man metida noutras empresas menores, como Forestal del Atlántico S.A., Tojeiro Transportes S.A.(Totransa), Caleras de Moeche S.A. (Camosa), Unión de Empresas Madereras S.A. (Unemsa), Industrias del Tablero S.A. (Intasa), Galparquet S.A. e Servicios Polígono.

Roberto Tojeiro é o que se di un home respectable, un self-made man do país, que colecciona sociedades anónimas como outros chisqueiros exóticos. E o mellor de todo, pese a levar no negocio dende que Isaac Díaz Pardo estaba en forma para corren unha maratón, nunca se fixo famoso e nunca foi acusado de corrupto. É probable que Tojeiro teña os seus pufos alá e acolá, como a maioría dos empresarios. Ou tal vez non. O caso é que fixo súa a máxima de que a muller do César non ten porque ser honrada, só ten que parecelo e converteu a discreción e o sixilo na súa forma de actuar. Poderíamos aventurarnos a afirmar que o case anonimato é un dos piares do seu éxito.

Non obstante, o apelido Tojeiro é famoso grazas a outro home moito máis humilde, aquel que a mediados dos noventa apareceu no programa Código Cero de TVE neste vídeo. Si, é José Tojeiro Díaz, un paisano de Cariño que pasou á historia por frases como “mecharon drogha en el Cola-Cao, que ya noté que durmiera muchas horas” o “eran prestiputas que buscaban domicilios para practicar la presbitación, pero no por presbitación, sino por robar”. Un friki do máis clásico, ó que mesmo os Def con dos lle adicaron unha canción.

Non obstante, no seu caso hai algo sospeitoso. Outros frikis como Cañita Brava ou Pozí tiveron unha presenza prolongada nos medios antes de esgotarse e desaparecer, pero Tojeiro non. Só tivo unha aparición pública. Nunca o chamaron para outro programa. Nunca o entrevistaron en ningures. Nunca leu o pregón das festas de Cariño. Outro Tojeir perdido no anonimato. ¿Coincidencia? Ben, hai quen di que porque é irman de Roberto Tojeiro, e o amo dos Gadis intercedeu para protexer a súa intimidade familiar. Boa historia, pero obvian que o seu segundo apelido non coincide e que Tojeiro é unha das onomásticas máis comúns na zona de Ferrolterra.

Hai outras versións. Nos escuros bares da zona de Ortigueira coméntase que o señor de Reganosa non quixo que o seu nome familiar quedase asociado a un fulano deste calibre e fixo desaparecer o pobre José. Dependendo de quen conte a historia, emparedouno detrás da pantalla dos cines do Haley de Viveiro, encerrouno vivo nun tanque de regasificación,ou pagoulle unha operación de cambio de rostro e contratouno como dependiente nun San Luis.

Non obstante, en Galpón de Breogán temos a nosa propia teoría paranoíca (encántanos as teorías paranoícas, que lle imos facer), digna do mesmo Iker Jiménez. Tojeiro, o dos Gadis e Tojeiro, o do Cola-Cao, son a mesma persona, Eros e Tánatos dun mesmo individuo. O magnate d’As Pontes empregou os seus cartos para manufacturar unha apócema que lle permite converterse nun pailán calquera durante un certo período de tempo. Así pode vivir como un home do pobo, dar renda solta ós seus baixos instintos, e manter a aura de respectabilidade baixo a que dirixe o seu emporio.

Soa raro, si, pero atopamos probas irrefutables. Un, ninguén os viu nunca xuntos. Dous, o segundo nome de Roberto Tojeiro é José. E xa son máis das que teñen os que se empeñan en implicar a ETA no 11-M.

9 Comentarios

Arquivado en Costumismo, Ferrol, Surreal

9 respostas a “A conexión Tojeiro

  1. Exiliadoesquencido

    Por fin tratades no Galpón un dos misterios máis interesantes do mundo económico galego: o da droga no colacao.

    Eu sigo pensando que os dous Tojeiros son irmáns (que alguén se atreva a negalo vendo as súas fotos ao mesmo tempo, se as superpós case coinciden). Que o segundo apelido non coincida só quere dicir, como diría o señor Frouxeira, que un deles é un fillo bravo…

  2. frouxeira

    Tooojeiiirooo Díiiaz! Patrioootaaa Galeeego!

    (ao Tojeiro rico non se lle ocorrería facer un anuncio publicitario de Gadis co Tojeiro pobre? Imaxinai, o Tojeiro desdentado dicindo na tele “comprai en Gadis!, que alí non che botan droja no cola-cao!)

  3. Nostromo

    Novas da conexion Tojeiro: Gadis provee de colacao endrojado (enriquecido) con polonio o ex KGB.

    Eu por seguridade compro o colacao en Froiz.

  4. Nostromo

    Como muy bien dice anacoreta no es una conexion es un “complos” del cual tengo conocimiento por mi pasado prefesional y que os ire relatando en capitulos sucesivos.

    Dejadme primero que me presente. Mi nombre real es Isaac Ben de Alongos y soy un agente renegado del Mossad. Olvide el gallego como secuela de una sesion de tortura psicologica (subcontratada a la TVG) de la que fui victima. Ahora tan solo hablo una especie de “interlingua” con acento de Cangas.Os pido, humildemente, disculpas a todos.

    Naci en la trastienda de una pulpeira enMaracay (Venezuela) donde mi padre, exiliado economico, tuvo que emigrar. Alli se enriquecio, por cuenta de una multinacional judio – suiza, vendiendo uralita a los ranchitos. Afortunadamente los inumerables casos de asbestosis que causo, pasaron desapercibidos dada las altas tasas de natalidad del pais.

    Despues marchamos a USA alli mi padre trabajo para una subcontratista de la US NAVY y alli fue donde fui reclutado para el Mossad (no dire como) por una judia polaca que vendia “Tupperwares” puerta a puerta.

    Esta reclutadora descubrio mi origen semitico debido a que mi genetica hunde sus raices en el Ribeiro. Tambien me abrio un excitante futuro profesional de 007 de “Kibutzz”.

    Tengo que dejaros. Mo observan.

  5. Isaac Ben de Alongos

    Gadisa en colaboracion con el CEFOU y el CAGOU esta desarrollando nuevo nuevos productos para el extermino de la nacion galega. Pulpo a Feira y Carne o Caldeiro endrojados, claro

  6. Bueno os digo yo de buena mano, que el señor Tojeiro Diaz, el de los supermercados no es el de la droja en el colacao.

    Tojeiro Diaz tenía dos hermanos (uno ha fallecido). Yo he visto a los tres y os puedo asegurar que no es ninguno.

    El porque ha desaparecido (el del colacao), un misterio, porque posibilidades de ganar dinero en TV ha tenido.

    Hasta creo que habia una cancion de Siniestro Total…

    En fin, yo creo que lo hicieron desaparecer, con algún buen regalo!

  7. Exiliadoesquencido

    La canción era de Defcondos, creo…

  8. Pingback: Gallego: Tonto « Galpón de Breogán

Deixar un comentario