Gallego: Tonto

O Lord Protector do GdeB


Todos coñecíamos xa, que o diccionario da Real Academia Española da lingua, recollía na definición de “gallego” a acepción de “tonto”, para algúns estados de hispanoamérica. A polémica circulara pola rede, e incluso se fixeran eco tódolos sectores políticos, eo BNG a levara o debate do Congreso…Con nulos resultados polo momento.

Agora Gadis revive a polémica, cunha campaña publicitaria e reivindicativa, onde pide firmas para que ese dano sea reparado, pero ademáis reflexiona sobre o papel dos galegos da emigración. A nós fíxonos reflexionar:

Este é o anuncio pagado por Gadisa, cuxo dono é o Tojeiro rico (Que debe sentirse culpable nos últimos tempos, de ser promotor de Reganosa). Trátase dun “spot” directo, práctico, familiar, orgulloso, nostálxico … Uns cartos ben aproveitados, con Bin Laden subliminal e todo. A máis reivindica o papel da emigración, que sempre foi a xente peor tratada do páis, pero en troques demostrou o seu amor o páis non deixando nunca de ser galegos, e traendo para aquí toda a súa vida cando puideron.

A volta a polémica lembrounos este anuncio, que circulaba pola televisión polas datas da anterior polémica. Este é dinámico, ambiguo, gris, artístico, acuático, máis caro ?..Home ten moito de galego ou de homenaxe a Iván Raña, pero pouco de facerte sentir potenza e polo menos orgulloso, non vemos de que ? (A non ser que emocióneste vendo “Braveheart”). Está feito con cartos de tódolos galegos, pero os políticos de aquí, (galegos dos que non emigran) está claro que non saben aproveitalos como aqueles emigrantes.

4 Comentarios

Arquivado en Costumismo, Emigración, Funcionarios, Reganosa, TVG

4 respostas a “Gallego: Tonto

  1. Uxia

    Tamén está levando unha campaña a Asociación Cultural Garipano e eles comezaron xa hai máis tempo que Gadis.

    Páxina web da Asociación Cultural Garipano:

    http://www.aproldalinguagalega.org

  2. Jomeini

    Que Tojeiro mude o apelido por Toxeiro e despois falamos.

  3. Furafollas

    Tamén hai un anuncio da Pirelli que dí que a potenza sen control non serve para nada. Se a potenza dos galegos levounos a facer galegos para todo o globo e mais para a lúa, espero que nunca poñan control a esa potenza e conquistemos ó Universo enteiro. Conclusión, sen gomas, os galegos conquistaremos o que sexa. Case-que deuses. De tontos nada. Fodamos sen control nen durex que o paríu.
    Saúdos potentes, que tamén deixan galeguiños por Madrid (a miña contribución á conquista do mundo).

  4. O Lord protector do GdeB

    Se tódos nacésemos como Don Manuel, outro galo cantaría. XDDD

Deixar un comentario