A REVOLUCIÓN CULTURAL DE BALTAR.

O Rexente e familia.

 

O presidente da Deputación de Ourense fala de facer unha guerra de bases ( nesta nova ), no caso de que a dirección do PPdeG intente renovalo a el ou a súa directiva, como consecuencia do mal resultado nas pasadas xerais ( non pola súa política filantrópico-familiar, a ver que pensades ! ).

Para os descoñecedores, estos xeitos políticos tan maoístas, son o froito dun traballo reeducativo cultural, analizado brilantemente antes no Galpón de Breogán en: “Bandas de gaitas e dominación global” ,” Informe CEFOU” e “Mamá eu de maior quero ser funcionario”. Ademáis son a introducción pra entender as bases do derradeiro réxime boinil, e de como este mestre de aldea, ex-repartidor de gasesoa a domicilio chegou a acadar ese poder místico e absoluto.

O GdeB estos días, non sin perigo para as persoas, interceptou un dos panfletos que se están a repartir arestora polas vilas de Ourense, polas animadas bases:

 

 ( Traducción do barallete ao galego ) MENSAXE DO COMITÉ CENTRAL:

Canta xente desagradecida hai en Ourense ! Esta guerra da Boina-gaita contra o Birrete-CEFOU, repítese cada certo tempo ( Primeiro con Cuiña, logo Cacharro )…Pero unha vez máis serán derrotados polo noso líder, desta vez debemos de facer un novo Ourense, hai que reeducar os desleais o réxime e madálos de funcionarios lonxe.

Os nosos leais do rural baixarán dos montes o ritmo das súas bandas de gaitas, e esnaquizarán museos, salas de exposicións, facultade por facultade, centro comercial por centro comercial, bufete por bufete… Como traicionan o amor do noso pai !…Debemos gañar a derradeira batalla ! Viva Ourense eo noso líder !

Supoñemos que trala previsible demostración de forza das bases, como ten acontecido noutros capitulos das guerras tribais ourensáns, Baltar voltará a por orde porque…El sempre acada o que quere do PP, porque o PP foi a el, e non el foi o PP, ou é que agora será diferente ?

Anything you want  you got it ,  anything you need you got it,
 
anything at all you got it ,    baby… 

 

 

3 Comentarios

Arquivado en Baltar, CEFOU, Ourense, PP

3 respostas a “A REVOLUCIÓN CULTURAL DE BALTAR.

  1. joao

    Date conta, que Baltar é profe de Matemáticas!

    Pero seica lle saiu o fillo tonto, senon tiñamolos ata a seguinte Era.

    Para os que non pillan o do Barallete, é moi bo, porque é unha lingua de oficio-mafia de quincalleiro e afiador, propia do pobo do Presi: Nogueira de Ramuín e arredores.

    ¿Pero quen quere cambiar de mafia?

    Noraboa polo Galpónnnnn

  2. moixordo

    O fillo tonto ? E que non mirou vostede o seu “super” curriculum:
    http://www.manuelbaltar.com/index.php?sec=baltar

    En fin confirmase o final que Baltar se sae coa súa:
    http://www.ourensedixital.com/_novas/08/04/11_07.htm

    Autorenovación !

  3. Pingback: AVE no 2012, de entrada non ! « Galpón de Breogán

Deixar un comentario