5 Maio, 2008
O TRASTORNO BIPOLAR DE AYMERICH
O negro do GdeB
O portavoz do BNG no parlamento galego, Carlos Aymerich ( Nome de dianteiro arxentino, cara de seminarista aventaxado ), ven de ser o protagonista da actualidade destos días, por un artigo chamado “Nervios”. Neste artigo puña en cuestión o traballo dos socialistas nas súas cosellerías, o portavoz do PSOE Ismael Rego ( A versión masculina de Mª Antonia Iglesias ), sorprendido, cría que este artigo só podía ser froito do seu “transtorno bipolar”. Pouco despois Anxo Quintana chamaba a calma, pero no Galpón de Breogán coñecemos ben a Aymerich, e sabemos que este artigo non expresa ben o que súas personalidades queríanos contar, con que imos analizalo ( Por facer artigos que se len máis que os meus!!! Hala, imitador barato de Leo arremec…!!! ):
“NERVIOS” polos Carlos Aymerichs.
Helena Espinosa tenciona “prescindir do BNG”( Traidora españolista !/Home, tal como imos ! ). Touriño quere contar cunha maioría suficiente para gobernar “con total autonomía” ( Hai que evitalo, xa estou a ver un exército de flamencos no Obradoiro tocando o himno !/ Eu tamén quería iso ! ). Helena Salgado advirte que para transferir o tráfico vai haber ainda moito que falar. E os alcaldes do PSOE, desta vez xa sen requilorios, defenden que a calidade –e o prezo– da vivenda debe depender en exclusiva do albedrío dos construtores ( Que son todos uns coruños papistas españolistas !/Seguro que dixeron eso, nos dicimos outra cousa ? Ah ! Sí que dependan do que digamos nos… ). Así andan as cousas. Keep reading →
26 Abril, 2008
O CHEQUE DE CONDE ROA
A Rexencia e familia
O noso “chouman” favorito voltou a sorprendernos a todos, convocou un pleno extraordinario no Concello de Santiago el mesmo, para por en escea o seu último espectáculo. A entrega do cheque do pago da débeda, que a súa empresa inmobilaria ten co Concello. Acompañado polas minorías coma sempre, fixo entrega do nomeado cheque o alcalde respostando:
“Ahí tiene su dinero señor alcalde, y no se lo gaste en francacheladas”
22 Abril, 2008
OS PASTORES DE La CORUÑA
A Rexencia.
O Banco Pastor, ese banco que nas súas sucursais o entrar, recíbenche un señores con boina, caxato, e cortando un queixo cunha navalla e que presume de galego. A día de hoxe, fala de Galicia como rexión , e sitúa a súa sede central en “La Coruña”. A xustificación deste desfase legal temporal, segundo seu presidente Jose María Arias ( Que nome tan preconsticional ) e o seu xefe de comunicación Alejandro Kowalski Bianchi ( Este ten de pais, uns galeguistas eminentes ), está en que o despegue da entidade comenza coa autarquía franquista, esto é 1939. Claro e dende aquela non tiveron tempo de trocar a súa denominación oficial…home non van deter agora o despegue, de esta entidade tan solvente que está a pasar os seus mellores e máis doces momentos.

So mente expresar os nosos mellores desexos a esta entidade, e outras que presumen de favorecedores do crecemento ea economía do país, pero só grazas a ir estreitamente ligadas o poder, agora votaran de menos:
O Bendito ladrillismo e clientelismo, que nos daba seguridade e riqueza os que máis tíñamos !
E nos dinrán : Hai que vai ser de nós, Galicia, nas augas confusas do capitalismo global, axuda irmáns !
Tamén lembrar esa política laboral tan racional e xusta, que consiste en por as mellores falmilias de Galicia a traballar para eles, e os non tan afortunados que fagan carreira fóra de Galicia, haber se sobreviven…A cada porco lle chega o seu San Martín !
20 Abril, 2008
QUE ESTÁ A CABILAR FEIJÓO ?
17 Abril, 2008
NOVOS TEMPOS VELLOS NA TELEGAITA ?
A Pantasma do GdeB
Na TVG o falecemento dun membro do seu consello de administración, elexido no seu día polo BNG dalle mairoría o PP no consello do catódico ente. Agora para elixir un novo membro, fan falla maioría de 2/3 no Parlamento galego, polo que o PP arestora ten o control da TVG, e no futuro agardase unha vinganza dos populares por votar PSOE e BNG en favor de Fraga coma senador. Faremos agora unha profunda análise do que esta nova situación produce, na programación da nosa querida “Telegaita”:
-7:30 Xabarín Club. O tradicional espazo infantil da galega desdoblarase, metade da pantalla en galego con subtítulos en inglés, e metade en castelán con subtitulos en chino. Por aquelo do dereito dos pais a elexir, o do Chino ? Os nenos que falan castelán saben mellor o inglés, xa que logo non perden o tempo en cousas que non valen para nada, elexiuno Raj…digo os seus pais. A doblaxe do Xabarín en castelán, será cousa de Iván Ferreiro imitando a voz de Baltar.
-8:30. Bos días. Programa informativo da galega, que inclue a entrevista a un persoeiro protagonista da actualidade, hoxe Nuñez Feijoó con: ” O uso discriminatorio do galego na adxudicación da autovía do Barbanza”.
-10:00. Presscolar na casa. Hoxe os nenos aprenderán que o que ten máis unidades dunha cantidade, inda que os outros nenos sumen máis xuntos, é o que gaña…e polo tanto debe gobernar nos outros nenos. Keep reading →
10 Abril, 2008
A REVOLUCIÓN CULTURAL DE BALTAR.
O Rexente e familia.
O presidente da Deputación de Ourense fala de facer unha guerra de bases ( nesta nova ), no caso de que a dirección do PPdeG intente renovalo a el ou a súa directiva, como consecuencia do mal resultado nas pasadas xerais ( non pola súa política filantrópico-familiar, a ver que pensades ! ).
Para os descoñecedores, estos xeitos políticos tan maoístas, son o froito dun traballo reeducativo cultural, analizado brilantemente antes no Galpón de Breogán en: “Bandas de gaitas e dominación global” ,” Informe CEFOU” e “Mamá eu de maior quero ser funcionario”. Ademáis son a introducción pra entender as bases do derradeiro réxime boinil, e de como este mestre de aldea, ex-repartidor de gasesoa a domicilio chegou a acadar ese poder místico e absoluto.
O GdeB estos días, non sin perigo para as persoas, interceptou un dos panfletos que se están a repartir arestora polas vilas de Ourense, polas animadas bases:
( Traducción do barallete ao galego ) MENSAXE DO COMITÉ CENTRAL:
Canta xente desagradecida hai en Ourense ! Esta guerra da Boina-gaita contra o Birrete-CEFOU, repítese cada certo tempo ( Primeiro con Cuiña, logo Cacharro )…Pero unha vez máis serán derrotados polo noso líder, desta vez debemos de facer un novo Ourense, hai que reeducar os desleais o réxime e madálos de funcionarios lonxe.
Os nosos leais do rural baixarán dos montes o ritmo das súas bandas de gaitas, e esnaquizarán museos, salas de exposicións, facultade por facultade, centro comercial por centro comercial, bufete por bufete… Como traicionan o amor do noso pai !…Debemos gañar a derradeira batalla ! Viva Ourense eo noso líder !
Supoñemos que trala previsible demostración de forza das bases, como ten acontecido noutros capitulos das guerras tribais ourensáns, Baltar voltará a por orde porque…El sempre acada o que quere do PP, porque o PP foi a el, e non el foi o PP, ou é que agora será diferente ?
Anything you want you got it , anything you need you got it,
anything at all you got it , baby…
8 Abril, 2008
“IÑORANTES, CATÓLICOS E FASCISTAS”
O Nuncio do GdeB
Xa falaramos neste pasado “post“, como os nosos medios de comunicación favoritos, pararanlle os pés os nacionalsocialistas esos do bloque que obligan os galegos a falar en galego ( algo ilóxico nos seus propios termos ). Onte tamén asistimos como a Xustiza ( esa banda de pobres socialistas e masóns resentidos ), fallaba na contra das xustas reclamacións do abogado da Cope, por reclamar este que lle fixeran unha sentenza en… “una lengua tal vez cooficial o algún dialecto”. Hai que comprender que en 30 anos non tiveron tempo de mirar as leis novas estas da democracia, tanto estudiar o catecismo…e claro, agora co tema ese dos novos pecados, aínda non tiveron tempo de darlle todo os pobres.

4 Abril, 2008
A REI MORTO, CÉSAR POSTO.
Facía tempo que non falabamos de Ourense, que arestora ten os ollos postos na movida do señor cura presidente da fundación San Rosendo ( Que xestiona máis de 40 xeriátricos, e boa parte dos balnearios de Galicia ). Que si a señora non tiña capacidade de decisión… ou si “el que nos limpie el trasero será nuestro heredero”; de todos xeitos hai que congratularse ( Me poño bíblico o pensar en curas ) do bos que teñen que ser esos xeriátricos, para que os usuarios dealle por deixarlles en herdanza cerca de 600.000 Euros e 60 propiedades.
1 Abril, 2008
COLABOREMOS COA AUTORIDADE !
O negro do GdeB
O BNG a través do seu deputado Bieito Lobeira, ven de denunciar a existencia de documentos internos da Garda Civil que inclúen simboloxía galega como elemento “sospeitoso” a controlar e perseguir. A máis do símbolo “GZ”, que tamén leva a súa parentela ( segundo os beneméritos galegos ), as “peghatas” de asociacións culturais, ecoloxistas e políticas, coido que debemos ser bos cidadáns e axudar a atopar esos potenciais terroristas con novas ideas:

-Uns alcoholímetros capaces de distinguir entre os vapores etílicos, os provintes do licor café dos do resto de bebidas. Un indicativo claro de consumo de sustancias clandestinas sen rexistro, propias dos bagos e malfeitores.
-Que os radares saiban distinguir diferentes tipos de ritmos de música. Todo aquelo que non soe a rumba, flamenco, reggaeton ( tranquilos o pinchar aquí non sae reggaeton ! ), pop ou derivados sería sospeitoso ( atentos sobor de todo o punk e folk en cedés piratas ! ). Os radicais non son de colaborar coa tradicional industria cultural española. Keep reading →
25 Marzo, 2008
O MILLO MUTANTE DE ARTEIXO
A pantasma do GdeB
No pasado día de Pascua, media Xxpaña non pegaba ollo polo tema ese do vestido de Belén Esteban, e máis porque Farruquito acadou o terceiro grao ( eso sí en semana santa as víctimas nas estradas descenderon ).
Pero Galicia espertaba cunha noticia preocupante e ameazadora, para o noso futuro e a nosa seguridade: Unha multinacional ianqui prepara ensaios con millo mutante, en terreos do Concello de Arteixo. Os argumentos en contra saen de diversas asociacións agrarias e ecoloxistas, que ven como unha ameaza o espallamento das sementes invasoras. As autoridades en troques suliñan, que o proxecto conta coa autorización da UE, do Goberno do Estado eo da Xunta.

Parece ser que por Touri que non hai problema, pero que íamos esperar dos sociatas si xa nos venderan co tema da OTAN. Pero que hai do socio de goberno da alcaldesa socialista de Arteixo, que se esconde detrás de Terra Galega ? ( Coñecido tamén como TEGA ). O Galpón de Breogán está en poder de dicir, tras un ano de pescudas, ( dende as municipais do 2007 ) que tras esas folclóricas e amistosas siglas, se agochan unha serie de científicos perigosos, que pretenden crear unha raza de animais e vexetais mutantes, que sevirán pra que Galicia sexa unha inagotable festa gastronómica, e o número de turistas participantes nelas sexan infinitos. Polo tanto o que se oculta tras TEGA non é Terra galega, se non: Terrorismo Gastronómico, ou é que alguén se creu eso do “partido nacionalista que habla castellano”, composto por científicos universitarios e xente do lado máis fondo da boina. Trátase de apostar polo futuro e continuidade do noso país e costumes, vendo a crise alimentaria, enerxética e financieira que se aveciña. Keep reading →


