Arquivo da categoría: Emigración

Os galegos que din “ni”

Moi Xordo

A preocupación da prensa conservadora galega, pola situación laboral e social da xuventude galega deume que pensar. Este artigo nos fala de que a poboación galega entre os 16 eos 24 anos son uns 250.ooo, e desos temos uns 40.ooo que nin estudan, nin traballan. O que se chama agora sociolóxicamente “ninis”, que viven no seu 89%  nas áreas urbanas de Pontevedra ea Coruña… Entón en Ourense e Lugo case non hai deso, xa que os que  hai son todos fillos de funcionarios da administración local de futuro incerto.

O artigo non reflexiona sobre as causas do fenómeno, máis alá da súa suposta perguiza ea xa famosa crise, se non que máis ben, alértanos entre líneas dun potencial troco do ciclo natural e social das cousas na sociedade galega:

Estos mozos que tracionalmente comporían o groso da nosa emigración, das derradeiras décadas a Andorra ou Canarias, xa non emigran ! Parece que está a alertar o lector, do perigo do fin dun ciclo tradicional da vida en Galicia, é máis, corremos o risco de atoparnos nas cidades unha masa xoven, alcóholica, revolucionaria… Que pode acabar co orde establecido. Que sempre foi de toda a vida, que as familias de orixe rural e humilde, ían  traballar polo mundo adiante e logo traían cartos que  alimentaban os negocios das clases urbanas galegas, cartos que son o froito do seu poder. Seguir lendo

4 Comentarios

Arquivado en Catástrofes, Costumismo, Emigración, Estatuto, Urbanismo

O AS NA MANGA DE TOURI

O Comité de saúde pública

tourinoxogacartas

Deixar un comentario

Arquivado en Emigración, Humor gráfico, Parlamento, Política, PSOE, Touriño, Voto emigrante

Gallego: Tonto

O Lord Protector do GdeB


Todos coñecíamos xa, que o diccionario da Real Academia Española da lingua, recollía na definición de “gallego” a acepción de “tonto”, para algúns estados de hispanoamérica. A polémica circulara pola rede, e incluso se fixeran eco tódolos sectores políticos, eo BNG a levara o debate do Congreso…Con nulos resultados polo momento.

Agora Gadis revive a polémica, cunha campaña publicitaria e reivindicativa, onde pide firmas para que ese dano sea reparado, pero ademáis reflexiona sobre o papel dos galegos da emigración. A nós fíxonos reflexionar:

Este é o anuncio pagado por Gadisa, cuxo dono é o Tojeiro rico (Que debe sentirse culpable nos últimos tempos, de ser promotor de Reganosa). Trátase dun “spot” directo, práctico, familiar, orgulloso, nostálxico … Uns cartos ben aproveitados, con Bin Laden subliminal e todo. A máis reivindica o papel da emigración, que sempre foi a xente peor tratada do páis, pero en troques demostrou o seu amor o páis non deixando nunca de ser galegos, e traendo para aquí toda a súa vida cando puideron.

A volta a polémica lembrounos este anuncio, que circulaba pola televisión polas datas da anterior polémica. Este é dinámico, ambiguo, gris, artístico, acuático, máis caro ?..Home ten moito de galego ou de homenaxe a Iván Raña, pero pouco de facerte sentir potenza e polo menos orgulloso, non vemos de que ? (A non ser que emocióneste vendo “Braveheart”). Está feito con cartos de tódolos galegos, pero os políticos de aquí, (galegos dos que non emigran) está claro que non saben aproveitalos como aqueles emigrantes.

4 Comentarios

Arquivado en Costumismo, Emigración, Funcionarios, Reganosa, TVG

NACIONALISMO E BEBIDAS ESPIRITOSAS

O Negro do GdeB

 

O pasado mes, coñecimos as contas do famoso viaxe da Consellería de cultura a Cuba, para fomentar a cultura galega. Aquí en chuza (xa que ultimamente non falan do Galpón o Galpón falará deles !) fanse eco da nova publicada no xornal “La Voz de Galicia”, e comentan:

Iso son ganas de enlear… ¿non é acaso práctica habitual facer agasallos neste tipo de eventos? é do mais normal e apropiado senón queremos ficar como uns cutres…”, e tamén:

Será que á Voz de Galicia parécelle pouco galego convidar a Mojitos aos asistentes aos actos celebrados pola consellaría en Cuba? De todos os xeitos penso que o Mojito foi criado por un galego”

Coido que nestos dous comentarios, se resume a filosofía que de contado imos a tratar: Estando dacordo de que o tema da merenda con mojitos para 100 persoas, saiu coma a mil euros, esta moi claro que a intención “de la Voz” non era, seguir a  coñecida estratexia de acoso e derribo “neocon” de toda a vida, de facer un xuicio moral de cada acto do bipartito, pois claro que non, con ese prezo ! Hai algo máis… Seguir lendo

2 Comentarios

Arquivado en BNG, Costumismo, Emigración, Lingua, Misticismo, Parlamento, Quintana

O que reparte e o que está aparte sempre queren a mellor parte

Por Calpurnia Abaneada

voto-emigrante.jpg

Por fin entendemos por que non se reforma un sistema electoral descompensado no que importan máis os votos dos netos duns emigrados ás Américas que endexamais pisarán a nosa terra cós dos galegos que traballan en Canarias ou Cataluña e non poden opinar nas municipais: ninguén quere ser o primeiro en sacar a man do prato.

Deixar un comentario

Arquivado en Emigración, Humor gráfico, Política, Voto emigrante

Eu voto, ti votas, eles votan

por Viriato

O do voto emigrante eche ben misterioso. Nós, os galegos estáticos, nunca chegaremos a entendelo na súa enormidade. Canto máis claro nos parece que é un proceso absurdo, no que os fillos dos que se foron a Arxentina teñen máis dereito a votar que os fillos dos que marcharon a Menorca, e no que non hai ninguén que controle a limpeza do sufraxio, máis insisten os nosos políticos e os nosos paisanos de ultramar en que é un dereito inalienable que lle dan a un co pasaporte cando decide marchar á diáspora.

Non se pode criticar a lexitimidade do sufraxio, pero o que si se discute alegremente é o sistema de votación por correo, que se ve que é malo con avaricia. A ninguén lle convence, sobre todo se as eleccións están preto e un non forma parte do goberno. Propostas hainas (e varias) pero á hora da verdade, en vez de reforma, fan unha ampliación, como novos ricos coa casa dos avós na aldea: Non lles gusta, pero queda a man para ir de veraneo e é mellor que sexa grande.

E mira que semella sinxelo ir e colocar unha urna no consulado, cun señor de cada partido para que mire que ninguén mete máis dunha papeleta nin a abre antes de tempo. Mais, as contadas veces que se fala de normalización do voto emigrante, sempre nos saen cun sistema máis enrevesado que as regras do béisbol e que, por desgraza, non se poderá aplicar ata dentro de moitos anos.

Touriño di que, dende que está el, a cousa cambiou. Razón non lle falta, agora hai unha Secretaría Xeral de Emigración, en vez dunha Consellería, e agora hai xente que dimite. Pero cartos pouco claros danse igual, máis ou menos. Ó certo e que aquí, na esquina máis afastada de Europa, ninguén entende nada. Pero imaxinar, o que é imaxinar, todos nos imaxinamos o mesmo:

Montevideo. Sede da Fundación Galicia Emigración, que ven sendo un cuarto nun hotel de cinco estrelas. Preside a sesión, o honorable embaixador para entreter ós emigrantes de ultramar, Miguel Cortizo.
Cortizo.- … Imos agora con 300 votos afincados aquí, na capital do Uruguai, e sen cor política que os ensuxe. A poxa comeza nunha axuda individual de 200 euros ¿Alguén dá máis?
Xosé Sánchez Bugallo.- 225 por barba.
Cortizo.- ¿Alguén dá 240?
Rafael Louzán.- ¡240 a cargo da Deputación de Pontevedra?
Richi Varela.- ¡Ei! 250 da Presidencia da Xunta.
Alberto Núñez Feijóo.- ¡Subimos a 275! O que non chegue, igualamolo coa Deputación de Lugo e a de Ourense.
Anxo Quintana.- A Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar ofrece 280. E non se fale máis.
Cortizo.-
280 á unha, 280 ás dúas, 280 ás…
E. Pérez Touriño.- ¡300! As consellerías de Economía e Presidencia corren cos gastos.
Anxo Quintana.- ¡Nooooon! Entre os incendios, a Cidade da Cultura e as galescolas andamos esquilmados ¡Os contribuíntes non se poden permitir estes prezos! ¡Esixo unha reforma do voto emigrante! ¡Reforma xa!
Cortizo.- E para o seguinte lote, temos 40 sufraxios dunha poboación de netos de galegos recentemente descuberta en Surinam…

2 Comentarios

Arquivado en Emigración

Como defender o voto emigrante

     Por Frouxeira

     Se partimos dunha hipótese na que os galegos do exterior de primeira, segunda e mesmo terceira xeración teñen dereito á cidadanía xxxpañola… quen lles pode quitar agora o seu lexítimo dereito ao voto? Sería retorcer os dictados do dereito. Sería inconstitucionaaaaal!!! É dicir… Maliiigno!!!

Os emigrantes, os “exiliados económicos” (pobriños) non teñen a culpa de vivir tan lonxe dos concellos nos que están censados. O estado debería pór os medios necesarios para paliar a distancia. Proposta:

1/ que o estado lles pague a viaxe de ida e volta dende o seu país de destino ate o seu concello de orixe para que poidan exercer aló o seu lexítimo dereito ao voto, pagándolles a estadía a xeito de “dietas internacionais”.

Pero quizais vir por tres días, por unha semana namais, non lles chegue (pobriños) para apreciar con precisión a realidade socio-político-económico-cultural do país. Quizais non sexa tempo abondo para que se formen unha verdadeira opinión política. O estado debería pór os medios para paliar o seu descoñecemento. Proposta:

2/ que o estado lles pague unha estadía de entre un a tres meses no seu concello de orixe para que poidan percibir e avaliar a xestión da súa corporación municipal, financiándolles a visita, novamente, a xeito de “dietas internacionais”. [Variantes: podería ser unha vez cada catro anos ou, case mellor, unha vez ao ano, para que poidan percibir a evolución ao longo da lexislatura]

Pero quizais vir por tres meses supoña para eles un prexuízo á hora de conciliar a vida laboral coas obrigas electorais (pobriños). O estado debería pór os medios para paliar estas ausencias do seu posto de traballo. Proposta:

3/ que o estado envíe un substituto dende a administración local do seu concello de orixe (interino, a ser posíbel), para que cubra a baixa “electoral” do seu “veciño no exterior” no país de destino.

Pero quizais a alguén lle poida parecer un gasto excesivo movilizar tantos recursos con cartos públicos. Daquela, última proposta:

4/ que os partidos políticos paguen do seu propio peto toda esta migración andoriña bilateral para garantir que os emigrantes galegos conservan o seu lexítimo dereito a votar por eles.

E se todo isto semella un despregue excesivo de recursos, sempre se pode mercar o voto de canto galego saíse ó exterior ou nacese aló para transformar tanto fluxo de persoas en fluxo de papeletas. É cuestión de pórlle un precio. Como na bolsa. Como na lonxa. Nova proposta:

– Unha subasta pública de votos emigrantes en libre concorrencia para que cada partido apañe todos cantos poida pagar.

Así, cando menos, respectaríamos o dereito ó repouso na terceira idade de quen descobreu que andaban por aí 500.000 galegos e lles propuso no seu día trocar pulpadas por sufraxios. Todo sexa pola democracia.

6 Comentarios

Arquivado en Emigración, Municipais, Política